Saltar ao contido

Coburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCoburgo
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°15′31″N 10°57′28″L / 50.2585, 10.9579
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
RegierungsbezirkAlta Franconia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Coburg (pt) Traducir
Saxe-Coburgo-Saalfeld (pt) Traducir (1764–1826)
ducado de Saxonia-Coburgo e Gotha (1826–1918) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación42.139 (2023) Editar o valor en Wikidata (872,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie48,29 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porItz e Lauter (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude292 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Coburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoNorbert Kastner (pt) Traducir (1990–2014)
Norbert Tessmer (pt) Traducir (–2020)
Dominik Sauerteig (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal96450 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico09561 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE243 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña094630000000 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán09463000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Garden City (1951–)
Oudenaarde (1972–)
Niort (1974–)
Gais (pt) Traducir (1977–)
Illa de Wight (1983–)
Cobourg (pt) Traducir (1997–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webcoburg.de Editar o valor en Wikidata
Igrexa de Moriz, en Coburgo

Coburgo (en alemán: Coburg) é unha cidade alemá do Estado federado de Baviera, na rexión da Alta Franconia, cerca de Bamberg.

Coburg é a sede dun colexio técnico desde 1971. E desde 2005 recibiu o título de Cidade Europea. Veste Coburg, un dos complexos de castelos máis grandes de Alemaña, érguese sobre a cidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada a unha altitude nedia de 296 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 48,3 km².

Segundo o censo de 31 de decembro de 2021 a súa poboasción era de 40 955 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 848 hab./km².

Coburgo ocupada polos estadounidenses ao final da segunda guerra mundial.

A cidade de Coburgo fundouse durante a Alta Idade Media como un lugar de paso das numerosas rutas comerciais que cruzaban o centro de Europa. En 1353, tras varias disputas nobiliarias, o territorio de Coburgo pasou a depender da casa saxoa de Wettin.

No século XVII constituíuse como capital do Ducado de Saxonia-Coburgo, ao cal incorporaría os territorios Saalfeld e de Gotha ao longo do século XVIII.

Debido a un referendo popular, o ano 1920 incorporouse a Baviera, en vez de a Turinxia. Este feito fixo que, tras a segunda guerra mundial pertencera á República Federal de Alemaña.

A súa proximidade ao chamado Telón de aceiro fixo que durante a guerra fría a cidade resultara pouco favorecida economicamente e que, tras a Reunificación alemá, vivise unha forte revitalización.

Foi a primeira cidade de Alemaña en ter un alcalde do Partido Nazi, no ano 1931.

Relixión

[editar | editar a fonte]

O 55 % da poboación é protestante, un 20,2 % católica e un 24,8 % doutras relixións ou atea.

  1. Genesis Online-Datenbank des Bayerischen Landesamtes für Statistik Tabelle 12411-003r Fortschreibung des Bevölkerungsstandes: Gemeinden, Stichtag (Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]