Coenonympha dorus
Aparencia
Coenonympha dorus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Coenonympha dorus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Coenonympha dorus é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[1][2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Esténdese polo noroeste de África e suroeste de Europa até o centro de Italia. Atópase por toda a península ibérica.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Zonas herbosas e arbustivas secas, a miúdo en claros de bosque e pendentes rochosas e barrancos secos e cálidos.
A eiruga aliméntase de gramíneas tales como Agrosits canina, Agrostis amencer, Festuca ovina, Brachypodium retusum, Stipa offneri e Carix harellana.[2]
Período de voo
[editar | editar a fonte]Univoltina, unha xeración ao ano entre comezos de xuño e mediados de agosto.[2]