Saltar ao contido

Comparativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O comparativo ou tamén chamado ás veces ecuativo, é un caso que expresa a comparación, a asimilación ou a identidade. O ecuativo foi usado na historia por unhas poucas linguas. Foi empregado no sumerio.

En sumerio, o ecuativo formábase engadindo o sufixo -gin7 ao nome:

lugal - 'rei', lugal-gin7, 'coma un rei'
nitah-kalaga - 'home forte', nitah-kalaga-gin7 - 'coma un home forte'

En oseto, o ecuativo é marcado pola terminación -ау (pron. [au]) :

фæт — frecha, фæтау — coma unha frecha.
Ницы фенæгау йæхи акодта — lit. Ren vedo-coma si mesmo fixo (« [el ou ela] finxiu non ver ren»)

En quechua, utilízase o sufixo -naw (variantes centrais) ou -hina (variantes periféricas) :

khuchi-hina-n mikhu-n — Come coma un porco.[1]

Homonimia

[editar | editar a fonte]

O ecuativo pode tamén designar un grao de comparación do adxectivo : é por tanto un sinónimo de comparativo de igualdade. O termo é empregado particularmente na descrición das linguas célticas.

  1. César Itier, Parlons quechua, L'Harmattan, 1997 ISBN 2-7384-5602-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Definición do comparativo (SIL International) (en inglés).