Comuñón Tradicionalista Carlista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Comuñón Tradicionalista Carlista | |
---|---|
Acrónimo | CTC |
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Carlismo, Foralismo, Traditionalism, Patriotismo e autoxestión |
Data de fundación | 1986 |
Presidente/a | Telmo Aldaz (en) (-) |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.carlistas.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Comuñón Tradicionalista Carlista (CTC) é un partido político español de ideoloxía carlista e tradicionalista constituído en 1986. Está presidida por María Cuervo-Arango Cienfuegos-Jovellanos e Javier Zazu Lafuente é o secretario xeral. O seu boletín oficial é Acción Carlista aínda que a súa publicación máis relevante é Ahora-Información que edita CTC-Cataluña. As mocidades da CTC agrúpanse na Asociación Cruz de Borgoña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1986 tras a celebración dun congreso de reunificación carlista que celebraron diversas forzas carlistas que se mantiñan fóra do Partido Carlista por non asumiren o xiro cara a esquerda deste partido baixo o liderado de Carlos Hugo de Borbón-Parma
Eleccións
[editar | editar a fonte]Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 a CTC recibiu 5.226 votos (0.03%), deles 473 (0.21%) en Navarra. Nas eleccións lexislativas de 2004 presentouse só ao Senado levando candidaturas en tódalas circunscricións, obtendo uns 45.000 votos en total.
Galicia
[editar | editar a fonte]CTC-Galicia edita o boletín Aturuxo Carlista. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 conseguiu 309 votos (0.03%). No ano 2004 nas eleccións para o Senado o candidato da CTC que máis votos recibiu foi Ignacio Sánchez-Ocaña, o coordinador de CTC-Galicia, con 646 na provincia da Coruña.