Conca (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo conca pode referirse a:
- Conca, accidente xeográfico consistente nunha chaira sedimentaria ou nunha superficie deprimidada ou concavidade rodeada de alturas.
- Conca hidrográfica ou conca de drenaxe, territorio drenado por un único sistema de drenaxe natural. Nela drénanse as augas ao mar, a través dun único río, ou verténdoas a un único lago endorreico (ás veces, a un delta endorreico, como o do río Okavango.
- Conca endorreica, aquela na que o río ou caudal principal desemboca en lagos, lagoas ou pequenos corpos de auga.
- Conca arreica, conca cuxas augas non desembocan nin en lagos nin en mares, pois se evaporan ou se infiltran no terreo.
- Conca exorreica, a que descarga as súas augas no mar.
- Conca de recepción, parte inferior do leito dun torrente onde se recollen as augas das precipitacións atmosféricas.
- Conca sedimentaria, depresión que se forma en certas partes das terras emerxidas nas que, á acumulación de sedimentos, segue unha subsidencia ou afundimento dos mesmos.
- Conca de antepaís, acumulación de sedimentos provenientes dun oróxeno e depositados sobre unha rexión adxacente.
- Conca de disipación, obra hidráulica está destinada a amortecer e disipar a enerxía cinética da auga.
- Conca oceánica, depresión no fondo mariño.
- Conca mineira, zona onde se encontra, e se explota, un xacemento mineral.
- Conca petrolífera, conca na que se acumulan hidrocarburos, principalmente asfalto, petróleo e gas natural.