Concello de Bouzas
Aparencia
Concello de Bouzas | |
---|---|
Tipo | antigo concello de España |
Data de fundación | 1836 |
Data de disolución | 30 de abril de 1904 |
En | Provincia de Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bouzas foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1904.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Comprendía as parroquias de Alcabre, Bouzas, Coia, Santo André de Comesaña, Coruxo, Matamá, Navia e Oia.
Historia
[editar | editar a fonte]Bouzas deixou de ser concello durante un breve lapso en 1868. En 1901 a Deputación de Pontevedra acordou segregar de Bouzas as parroquias de Coia e Matamá. Foi agregado ao concello de Vigo por Real Decreto de 5 de xaneiro de 1904. O seu último alcalde foi Severino Pinal Pernas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Fernández, Juan Miguel (2004). La anexión del Ayuntamiento de Bouzas a Vigo (1900-1904). Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-25-4.
- Vázquez Xil, Lalo (1999). Historia de Vigo nos seus documentos. Concellería de Cultura, Educación e Muller. ISBN 84-87637-73-6.
- Vázquez Gil, Lalo (2004). Bouzas. Memoria y recuerdo. Vigo: Concello. ISBN 84-87637-63-9.