Concello de Dals-Ed
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Capital | Ed (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.609 (2024) (5,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 825,43 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Sitio web | dalsed.se | ||||
Dals-Ed é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Ed, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal. Dals-Ed é o concello do condado de Västra Götaland con menos poboación, tendo 4 743 habitantes no ano 2022.[2]
O concello está no noroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte co municipio de Årjäng en Värmland, ao leste co de Bengtsfors, ao sur co de Färgelanda, ao suroeste co de Munkedal e ao oeste co de Tanum. Ao oeste lamén limita cos concellos de Halden e Aremark en Noruega.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspondese coa das parroquias de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. Nesta fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
O 8 de abril de 1927 estableceuse a localidade municipal de Ed no concello rural de Dals-Ed.
Coa reforma municipal de 1952 naceu o gran concello de Dals-Ed a partir dos anteriores municipios de Dals-Ed, Gesäter, Håbol, Nössemark, Rölanda e Töftedal. A localidade municipal de Ed dissolveuse o 31 de decembro de 1957.
O concello de Dals-Ed fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da reorganización do concello rural de Dals-Ed.[3]
O municipio pertenceu dende a súa fundación ata o 1 de maio de 1999 ao partido xudicial de Åmål, e dende entón pertence ao de Vänersborg.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Grandes partes de Dals-Ed foron moldeadas polo inlandsis. O concello estaba xa poboado durante a Idade de Ferro. Como asentamento fronteirizo, foi durante séculos un importante lugar para o comercio, o transporte e os intereses políticos. Carlos XII, o rei guerreiro sueco, marchou dende Dals-Ed cara fortaleza de Fredriksten en Halden, onde morrería.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-15.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-19.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Vänersborgs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 9 de setembro de 2022.
- ↑ "Korta fakta om Dals-Ed - Dals-Eds kommun". www.dalsed.se. Consultado o 2022-08-21.