Concello de Gislaved
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Jönköping | ||||
Capital | Gislaved (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.982 (2024) (23,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.220,72 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Anderstorp Municipality (en) , Burseryd Municipality (en) , Q10505070 , Reftele municipality (en) , Södra Mo municipality (en) , Unnaryd municipality (en) e Villstads municipality (en) | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Páxina web | gislaved.se | ||||
Gislaved é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é a área urbana de Gislaved. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 29 562 habitantes.[2]
O concello forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coas parroquias de Anderstorp, Bolmsö (parte dela), Bosebo, Burseryd, Båraryd, Gryteryd, Kållerstad, Norra Hestra, Reftele, Sandvik, Stengårdshult, Södra Hestra, Valdshult, Villstad, Våthult, Ås e Öreryd. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse nelas concellos rurais co mesmo nome.
No concello rural de Båraryd estableceuse o 6 de maio de 1904 a localidade municipal de Gislaved, o 22 de setembro de 1939 estableceuse a de Gyllenfors no municipio rural de Anderstorp, e o 4 de xuño de 1943 a localidade municipal de Anderstorp. En 1949 fundouse o köping de Gislaved tras a reorganización do concello rural de Båraryd e da localidade municipal de Gyllenfors, ao mesmo tempo que se disolveron as localidades municipais de Gislaved e Gyllenfors.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Burseryd (a partir dos municipios rurais de Burseryd, Gryteryd, Sandvik e Södra Hestra), Reftele (a partir de Kållerstad, Reftele e Ås), Södra Mo (a partir de Norra Hestra, Norra Unnaryd, Stengårdshult, Valdshult e Öreryd), e Unnaryd (de Bolmsö, Jälluntofta e Södra Unnaryd). Os concellos rurais de Bosebo e Våthult incluíronse no köping de Gislaved, mentres que o municipio rural de Villstad e o köping de Anderstorp permaneceron sen cambios.
En 1953 o concello rural de Anderstorps reorganizouse no köping de Anderstorp, ao mesmo tempo que se disolvía a localidade municipal do mesmo nome Anderstorp.
O concello de Gislaved fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Gislaved, á vez que se formaba o concello de Anderstorp a partir do köping do mesmo nome. En 1974 ampliouse o municipio de Gislaved cos concellos de Anderstorp, Burseryd, Reftele, Södra Mo e Villstad, así como cunha parte do concello de Unnaryd (fastlandsdelen av Bolmsö, omfattande en areal av 29,3 kvadratkilometer, varav 21,2 km² land, och med 163 invånare). así como parte do municipio de Unnaryd.[3]
O concello pertenceu dende a súa fundación ata o 26 de setembro de 2005 ao partido xudicial de Värnamo, e posteriormente pasou a formar parte do partido xudicial de Jönköping.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Nas proximidades do lago Bolmen, no sueste do concello, atopáronse gran cantidade de restos da Idade de pedra ata a Idade de Ferro. Debido e eses achados a área de Finnvedens Folkland, entre Gislaved e o concello de Värnamo, foi declarada zona de interese nacional para a conservación do patrimonio cultural.[5][6]
A antiga ruta comercial que unía Jönköping e Halmstad, e coñecida como Nissastigen porque segue o curso do río Nisse, atravesa o concello e foi moi importante para o seu desenvolvemento.[5] No século XVII, durante as guerras entre Suecia e Dinamarca, as tropas dinamarquesas usaban o Nissastigen para atravesar a zona.[5]
No século XVI establecéronse no concello os primeiros gästgivargårdar, establecementos regulados para viaxeros onde se ofrecía comida e aloxamento, así como a posibilidade de cambiar de cabalos. No século XIX chegou a haber 10 pousadas deste tipo en Gislaved ao longo das dúas principais estradas.[5] A importancia que tiveron estes establecementos no concello pode verse reflectida no su escudo, onde aparece o símbolo co que se representaban nos vellos mapas suecos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-20.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-20.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Värnamo tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 16 de setembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Kjellström, Jessica. "Historia". www.gislaved.se (en sueco). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ Blixth, Annika. "Finnvedens Folkland". www.gislaved.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-30.