Saltar ao contido

Concello de Laholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Laholm
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°31′00″N 13°02′00″L / 56.5167, 13.0333
EstadoSuecia
Condadocondado de Halland Editar o valor en Wikidata
CapitalLaholm (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación26.595 (2024) Editar o valor en Wikidata (27,61 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Halland
Q31883951 Traducir (–1974)
Q61546070 Traducir (1975–) Editar o valor en Wikidata
Superficie963,39 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata

Sitio weblaholm.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: laholmskommun Twitter: Laholms_kommun Instagram: vi_ar_laholmskommun LinkedIn: laholms-kommun Youtube: UCO8ig-HjXX4FOdfACCm7wrA Editar o valor en Wikidata

Laholm é un concello sueco (kommun) do condado de Halland.[1] A súa capital é Laholm. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 26 595 habitantes.[2]

A parte sur do concello está dominada polo macizo tectónico Hallandsåsen, e a costa ao longo da baía de Laholm pola maior praia de Suecia. Bosques de coníferas e extensas turbeiras dominan a chaira de Laholm, que cara ao leste conduce a unha paisaxe lixeiramente montañosa.

A industria manufactureira empregaba a pouco menos dunha quinta parte da poboación activa a principios da década de 2020. A segunda industria era do concello era a agricultura.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hasslöv, Hishult, Knäred, Laholm, Ränneslöv, Skummeslöv, Tjärby, Veinge, Våxtorp e Ysby. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Laholm que en 1863 converteuse nun concello da cidade (stadskommun).

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos: Karup (a partir dos anteriores municipios de Hasslöv, Skummeslöv e Östra Karup), Ränneslöv (de Ränneslöv e Ysby) e Veinge (de Tjärby e Veinge). A cidade de Laholm e os concellos rurais de Hishult, Knäred, Laholm e Våxtorp permaneceron inalterados.

O actual concello de Laholm naceu coa reforma de 1971 a partir da cidade de Laholm, os concellos rurais de Laholm e Våxtorps, e partes do municipio rural de Karup (as parroquias de Hasslöv e Skummeslöv). En 1974 incorporáronse os municipios de Hishult, Knäred, Ränneslöv e Veinge.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello atópase no sur do landskap de Halland. O río Lagan flúe a través del en dirección leste-oeste. Desemboca na baía de Laholm no Kattegatt.

Laholm limita ao norte co concello de Halmstad no condado de Halland, ao leste cos concellos de Ljungby e Markaryd no condado de Kronoberg, e ao sur cos concellos de Örkelljunga, Ängelholm e Båstad no condado de Escania.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-07. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-01. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.