Saltar ao contido

Concepción Aleixandre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConcepción Aleixandre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Concepción Aleixandre Ballester Editar o valor en Wikidata
2 de febreiro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte1952 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaSufragismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia
Universidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónacadémica, médica, xinecóloga Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParentesVicente Aleixandre, sobriño Editar o valor en Wikidata

Concepción Aleixandre, nada en Valencia en 1862 e finada na mesma cidade en 1952, foi unha médica española, pioneira na área de xinecoloxía.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX na Facultade de Medicina da Universidade de Valencia habería uns cincocentos estudantes, entre os que se atopaban só tres mulleres: a valencianas Concepción Aleixandre e Manuela Solís, graduadas en 1889, e a murciana Sinesia Pujalte Martínez, que abandonou os seus estudos en quinto de carreira.[2]

Estes tres casos foron excepcionais, xa que para o acceso á educación superior en igualdade de condicións para mulleres e homes habería que esperar ata 1910 cando unha orde real asinada polo rei Afonso XIII permitiu o acceso ás universidades españolas sen restricións para as mulleres.[3] Aleixandre, que xa contaba co grao de mestra desde 1883, dedicaría a súa vida profesional á medicina.

É considerada unha científica especialista en xinecoloxía de renome que publicaría os seus traballos científicos con regularidade na prensa médica española e foi médica titular no Hospital da Princesa de Madrid e como médica da Beneficencia Provincial da Casa de Maternidade e Inclusa, ademais de manter unha consulta popular. A súa dedicación á investigación permitiulle en 1910 patentar instrumentos xinecolóxicos, uns sistemas para corrixir o descenso da matriz​ (OEPM, Patente 47109).[4]​ Realizou unha tarefa importante de divulgación achegando a educación sobre hixiene especialmente ás mulleres. Xestionou a sección dedicada a "saúde de mulleres" na revista A Medicina Social Española (1916-1920). O seu activismo incluíu dar conferencias e mitins, unha delas pronunciada na Unión Iberoamericana de Madrid en 1907. Pronunciou mitins en campañas sanitarias, xunto a oradores como Azorín, Navarro Fernández, Alonso Muñoyerro e Antonio López Muñoz (1923)​ e de hixiene social (1927), ocupouse á vez doutras tarefas formativas desenvolvidas no Centro Popular Iberoamericano de Madrid.

Foi a primeira muller admitida na Sociedade Xinecolóxica Española (1892).[5]

En 1928 fúndase a Asociación de Médicas Españolas, por un grupo de médicas entre as que destacan algunhas das pioneiras da medicina española como Trinidad Arroyo (1872-1959, presidenta honoraria) ou Elisa Soriano Fisher (1892- 1964, a representante nos congresos da Medical Women’ s International Association nos anos 1928 e 1929), chegando a ser Concepción Aleixandre presidenta da asociación.[6]

Feminismo

[editar | editar a fonte]

Pertenceu a varias sociedades exclusivas femininas e comprometida co avance dos dereitos das mulleres. Deu o seu apoio ao manifesto a favor de que a escritora Emilia Pardo Bazán fose nomeada membro da Real Academia Española. Asinaron este manifesto entre outros Amalio Gimeno, Blanca de los Ríos, Pérez Galdós, (xuño de 1914).[7] Presidiu a institución Protección Médica, fundada en 1913, de carácter privado cuxo obxectivo era protexer ás viúvas e orfos de médicos, e aos médicos incapacitados para o traballo.

A súa obra escrita, está formada principalmente por artigos publicados en revistas e conferencias e discursos pronunciados en organismos científicos e outros de carácter divulgativo.[1]

  • Memoria presentada ó XIV Congreso Internacional de Medicina sobre “Los cardiopáticos en la gestación”.
  • Fenómenos y enfermedades propias de la mujer. En: Primer Congreso Médico Farmacéutico Valenciano, n. 1, 1891, p. 244-248.
  • Algo de higiene. En: Unión Iberoamericana, ano XVIII, outubro de 1904, p. 52-53.
  • Para las futuras madres. En: Unión Iberoamericana, any XIX, abril de 1905, p. 22-23.
  • Higiene para los emigrantes e inmigrantes en los países iberoamericanos, Unión Iberica Mericana, añn XX, xaneiro-abril 1906, p. 133-136.
  • La salud de los niños y la Patria. En: Unión Iberoamericana, ano XXII, xaneiro 1908, p. 15-30.
  • Maternología. En: La Escuela Moderna, ano XIV, n. 279, novembro 1914, p. 911-920.
  • De la mujer para la mujer. Educación higiénica de la niña como futura madre. En La Escuela Moderna , n. 293, 1916.
  • La sublime ciencia. En: La Medicina Social Española, n. 1, 1916, p. 339-341.
  • Por y para los niños. La Medicina Social Española, n. 1, 1916, p. 433-436.
  • La lactancia y la tubercolosis. La Medicina Social Española, n. 1, 1916, p. 630-636.
  • Educación de la niña como madre futura. La Medicina Social Española, n. 1, 1916, p. 25-26.
  • ¿Hasta cuando?. En: La Medicina Social Española, n. 1, 1916, p. 179-181.
  • Juegos necesarios y juegos dañosos para los niños, Madrid 1917.
  • La mujer en Medicina. La Medicina Social Española, n. 2, 1917, p. 116-118.
  • De educación física. La Medicina Social Española, n. 2, 1917, p. 686-689.
  • Consideraciones especiales sobre higiene físico-psicológica y patología de la infancia femenina. La Medicina Social Española, n. 3, 1918, p. 312-316; 334-338.
  • Nuestras leyes. En: La Medicina Social Española, n. 3, 1918, p. 23-24.
  • Sueños que debieran ser realidades. En: La Medicina Social Española, n. 4, 1919, p. 16-17.
  • Al fin. En: La Medicina Social Española, n. 4, 1919, p. 338-339.<ref>{
  1. 1,0 1,1 "Diccionari biogràfic de dones". Diccionari biogràfic de dones (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2021. 
  2. "Manuela Solis . Exposición Cirugía. Facultad de Medicina". www.uv.es. Consultado o 2021-04-24. 
  3. Germán Perales Birlaga (2009), El estudiante liberal. Sociología y vida de la comunidad escolar universitaria de Valencia 1875-1939, Madrid, ISBN 9788498947014, pp. 37-46.
  4. Sáiz González, J. Patricio (2011). 200 años de patentes.[exposición]. Madrid.Oficina Española de Patentes y Marca.
  5. Teresa Ortiz Gómez (1985-1986) (2011-11-22). "La mujer como profesional de la medicina en la España contemporánea: El caso de Andalucía (1898-1981)" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 22 de novembro de 2011. Consultado o 2021-04-24. 
  6. "Elisa Soriano Fischer (1891-1964) | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-12-31. Consultado o 2021-04-24. 
  7. "Edición del sábado, 27 junio 1914, página 14 - Hemeroteca - Lavanguardia.es". hemeroteca.lavanguardia.com. Consultado o 2021-04-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Valdés, Juan Núñez (2020-04-18). "Dos médicas y una farmacéutica. Las tres primeras licenciadas en la Universidad de Valencia". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social 0 (4): 113–124. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.13412.
  • Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]