Concha Rousia
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (62/63 anos) Covas, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, psicóloga |
Concha Rodríguez Pérez, coñecida como Concha Rousia, nada en Covas (Os Blancos) en 1962, é unha psicóloga e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, e tras completar un mestrado en Terapia Familiar na Universidade de Maryland (Estados Unidos), exerce como psicóloga clínica nas proximidades de Santiago.
Ten publicado poemas e relatos en diversas revistas como Agália ou A Folha da Fouce, e en medios como Vieiros. Foi unha das fundadoras da revista cultural A Regueifa. Fai parte da Academia Galega da Língua Portuguesa, colaborando tamén co Instituto Cultural Brasil-Galiza.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- As sete fontes, 2005, Arcosonline, Arcos de Valdevez, edición en Internet.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Nântia e a cabrita d’ouro, 2012, Através Editora.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Se os carvalhos falassem, 2016, Através.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañadora do Certame Literário Feminista do Condado no 2006.