Saltar ao contido

Condado de Antrim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Antrim
Antrim (en)
Aontroim (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoAntrim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°51′54″N 6°16′48″O / 54.865, -6.28
EstadoReino Unido
PaísIrlanda do Norte Editar o valor en Wikidata
CapitalAntrim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación618.108 (2011) Editar o valor en Wikidata (217,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.844 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Neagh, Océano Atlántico e Canle do Norte Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

O condado de Antrim (en gaélico irlandés Contae Aontroma; en inglés County Antrim) é un dos seis condados de Irlanda que forman parte de Irlanda do Norte, e un dos nove que forman a provincia do Ulster. Está situado no nordeste da illa de Irlanda e a súa cidade máis importante é Belfast, capital de Irlanda do Norte; a maior parte de Belfast está no condado de Antrim, porén unha parte está no condado de Down.

Administración

[editar | editar a fonte]

A cidade tradicional do condado é Antrim. Máis recentemente, Ballymena foi a sede do goberno do condado. Os condados de Irlanda do Norte deixaron de ser entidades administrativas en 1973, coa reorganización do goberno local. En Irlanda do Norte, a estrutura do condado xa non se utiliza no goberno local. Irlanda do Norte está hoxe dividida en distritos.

Distritos

[editar | editar a fonte]

O condado está dividido en nove distritos:

  1. Distrito de Belfast
  2. Distrito de Ballymena
  3. Distrito de Ballymoney
  4. Distrito de Carrickfergus
  5. Distrito de Antrim
  6. Distrito de Larne
  7. Distrito de Newtonabbey
  8. Distrito de Moyle
  9. Distrito de Lisburn

Concellos

[editar | editar a fonte]

A maioría dos residentes do condado de Antrim están administrados polos seguintes nove concellos:

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O condado leva o nome da antiga cidade do condado, Antrim. O nome provén do gaélico irlandés Aontroim que significa "crista solitaria" [1]. Coontie Antrìm,[2] Countie Antrim,[3] Coontie Anthrim[4] e Coonty Entrim[5] son nomes en scots do Ulster.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Columnas de basalto na Calzada do Xigante.

Unha gran parte de Antrim é moi montañosa. Os outeiros máis altos están no leste do condado. A cadea montañosa discorre cara ao norte e ao sur e, seguindo esta dirección, os puntos máis altos son Trostan (550m), Knocklayd (514m) e Slieveanorra (508m).[6] Ao longo da costa hai moitos cantís no norte. Algúns dos máis notables son os formados por columnas basálticas verticais, como na Calzada do Xigante.

A única illa grande do condado de Antrim é a illa de Rathlin, que ten forma de L, fronte a Ballycastle, de 11 km de lonxitude total por 2 km de anchura máxima.

O río Bann e o río Lagan son os dous ríos importantes do condado. O condado limita co Lough Neagh.

  1. "Cross fitness for beginners". Shawn Johnson - Cross fitness blog (en inglés). 2016-07-23. Consultado o 2022-03-06. 
  2. Bonamargy Friary Guide Arquivado 2011-08-30 en Wayback Machine. Department of the Environment.
  3. "North-South Ministerial Council: 2004 Annual Report in Ulster Scots" (PDF). northsouthministerialcouncil.org. Archived from the original on 02-09-2012. Consultado o 26-6-2013. 
  4. 2008 annual report in Ulster-Scots Arquivado 2013-07-03 en Wayback Machine. Tourism Ireland.
  5. The Ulster-Scot, June 2011 Charlie 'Tha Poocher' Rennals.
  6. "Antrim Mountains". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 3-6-2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.