Saltar ao contido

Condado de Durham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Durham
Imaxe

EpónimoCounty Durham (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°40′N 1°50′O / 54.67, -1.83
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
CapitalDurham Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación855.900 (2015) Editar o valor en Wikidata (319,85 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.675,9026 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Código NUTSUKC14 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4957554

O condado de Durham é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital na homónima Durham. Situado na rexión Nordeste limita ó norte con Northumberland e Tyne e Wear, ó leste co mar do Norte, ó sur con Yorkshire Norte e ó oeste con Cumbria.[1]

É un condado de fortes contrastes: a zona interior está escasamente poboada mentres que o litoral está altamente urbanizado. Durante un tempo foi un dos principais puntos da industria mineira do carbón.[2]

A forma do nome do condado é única en toda Inglaterra. Moitos condados reciben o seu nome a partir da súa capital, polo que neste caso o nome tería que ser "Durhamshire". O motivo polo que se lle chama condado de Durham é que os Príncipes-Bispos de Durham exerceron o seu poder noutras rexións afastadas do condado polo que a parte interior recibiu o nome de condado de Durham en oposición ó resto do "estado de Durham".