Condados de Romanía
Romanía está dividida en 41 judeţe, ou condados, e o municipio de Bucarest (Bucureşti) - a capital.
Județ pódese traducir por xurisdición, pero é comunmente traducido como provincia ou condado (sendo realmente "comitat" a verba romanesa para isto, de "comte", "conde"). Representan as NUTS-3 do país (Nomenclaturas de Unidades Territoriais para fins Estatísticos – Nivel 3) dentro da Unión Europea e cada un deles posúe o seu goberno. A maioría dos condados reciben o seu nome polo seu río principal, mentres que outros pola súa maior cidade ou pola súa capital.
A primeira organización en județe dos principados de Valaquia e Moldova (onde eran nomeados ținuturi) data de finais do século XIV. A maioría do tempo desde que se formou a moderna Romanía en 1859, o sistema de divisións administrativas estivo baseado no dos departamentos franceses. O sistema mudou varias veces, variando o número de condados, dos 71 județe que existían antes da segunda guerra mundial até os 39 que houbo tras 1968. O sistema actual está vixente desde 1968 con pequenos cambios, sendo o último deles de 1997.
Segundo os datos de 2006 do INE romanés, a poboación media dos 41 condados é de 479.300 habitantes por condado, sendo o condado de Iași o máis poboado (825.000) e o condado de Covasna (223.000) o menos. A superficie media por condado é de 5.809 km2, sendo o condado de Timiș (8.697 km2) o máis extenso e o condado de Ilfov (1.583 km2) o máis pequecho. O concello de Bucharest é porén o de menos extensión e o máis poboado, con 1 931 200 habitantes e 228 km2.
Distrito |
Capital do distrito |
Orixe do nome [1] |
Rexión de desenvolvemento |
Código ISO [2] |
Código postal [3][4] |
Código telefónico [5][6] |
Código NUTS[7][8] |
Código FIPS[9] |
Poboación (2007)[10] |
Área (km²) |
Mapa |
Alba |
Alba Iulia |
Río Alba | Centro | AB | 51 | 58 | RO121 | RO01 | 376.086 | 6.242 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arad |
Arad |
capital do condado | Oeste | AR | 31 | 57 | RO421 | RO02 | 457.713 | 7.754 | |
Argeș |
Pitești |
Río Argeș | Sur-Muntenia | AG | 11 | 48 | RO311 | RO03 | 644.236 | 6.862 | |
Bacău |
Bacău |
capital do condado | Nordeste | BC | 60 | 34 | RO211 | RO04 | 719.844 | 6.621 | |
Bihor |
Oradea |
Comuna de Biharia | Noroeste | BH | 41 | 59 | RO111 | RO05 | 594.131 | 7.544 | |
Bistrița-Năsăud |
Bistrița |
Río Bistrița e cidade de Năsăud | Noroeste | BN | 42 | 63 | RO112 | RO06 | 316.689 | 5.355 | |
Botoșani |
Botoșani |
capital do condado | Nordeste | BT | 71 | 31 | RO212 | RO07 | 454.167 | 4.986 | |
Brașov |
Brașov |
capital do condado | Centro | BV | 50 | 68 | RO122 | RO08 | 593.928 | 5.363 | |
Brăila |
Brăila |
capital do condado | Sueste | BR | 81 | 39 | RO221 | RO09 | 365.628 | 4.766 | |
București |
(Municipalidade de Bucarest) | último nome Bucur[11] | Bucareste-Ilfov | B | 01–06 | 1x | RO321 | RO10 | 1 931 838 | 228 | |
Buzău |
Buzău |
Río Buzău | Sueste | BZ | 12 | 38 | RO222 | RO11 | 488.763 | 6.103 | |
Caraș-Severin |
Reșița |
Condados extintos de Caraș e Severin |
Oeste | CS | 32 | 55 | RO422 | RO12 | 327.579 | 8.514 | |
Călărași |
Călărași |
capital do condado | Sur-Muntenia | CL | 91 | 42 | RO312 | RO41 | 315.187 | 5.088 | |
Cluj |
Cluj-Napoca |
capital do condado | Noroeste | CJ | 40 | 64 | RO113 | RO13 | 692.316 | 6.674 | |
Constanța |
Constanța |
capital do condado | Sueste | CT | 90 | 41 | RO223 | RO14 | 718.330 | 7.071 | |
Covasna |
Sfântu Gheorghe |
Río Covasna | Centro | CV | 52 | 67 | RO123 | RO15 | 223.364 | 3.710 | |
Dâmbovița |
Târgoviște |
Río Dâmbovița | Sur-Muntenia | DB | 13 | 45 | RO313 | RO16 | 533.330 | 4.054 | |
Dolj |
Craiova |
Río Jiu[12] | Suroeste Oltenia | DJ | 20 | 51 | RO411 | RO17 | 712.187 | 7.414 | |
Galați |
Galați |
capital do condado | Sueste | GL | 80 | 36 | RO224 | RO18 | 614.449 | 4.466 | |
Giurgiu |
Giurgiu |
capital do condado | Sur-Muntenia | GR | 08 | 46 | RO314 | RO42 | 283.408 | 3.526 | |
Condado de Gorj |
Târgu Jiu |
Río Jiu[13] | Suroeste Oltenia | GJ | 21 | 53 | RO412 | RO19 | 381.643 | 5.602 | |
Harghita |
Miercurea Ciuc |
Montes Harghita | Centro | HR | 53 | 66 | RO124 | RO20 | 325.611 | 6.639 | |
Hunedoara |
Deva |
cidade de Hunedoara | Oeste | HD | 33 | 54 | RO423 | RO21 | 472.284 | 7.063 | |
Ialomița |
Slobozia |
Río Ialomița | Sur-Muntenia | IL | 92 | 43 | RO315 | RO22 | 290.563 | 4.453 | |
Iași |
Iași |
capital do condado | Nordeste | IS | 70 | 32 | RO213 | RO23 | 825.100 | 5.476 | |
Ilfov |
Buftea |
Río Ilfov | Bucarest-Ilfov | IF | 07 | 1x | RO322 | RO43 | 294.094 | 1.583 | |
Condado de Maramureș |
Baia Mare |
Rexión histórica de Maramureș |
Noroeste | MM | 43 | 62 | RO114 | RO25 | 513.000 | 6.304 | |
Mehedinți |
Drobeta-Turnu Severin |
Comuna de Mehadia | Suroeste Oltenia | MH | 22 | 52 | RO413 | RO26 | 298.741 | 4.933 | |
Mureș |
Târgu Mureș |
Río Mureș | Centro | MS | 54 | 65 | RO125 | RO27 | 581.759 | 6.714 | |
Neamț |
Piatra Neamț |
Río Neamț | Nordeste | NT | 61 | 33 | RO214 | RO28 | 566.059 | 5.896 | |
Olt |
Slatina |
Río Olt | Suroeste Oltenia | OT | 23 | 49 | RO414 | RO29 | 475.702 | 5.498 | |
Prahova |
Ploiești |
Río Prahova | Sur-Muntenia | PH | 10 | 44 | RO316 | RO30 | 821.013 | 4.716 | |
Satu Mare |
Satu Mare |
capital do condado | Noroeste | SM | 44 | 61 | RO115 | RO31 | 366.270 | 4.418 | |
Sălaj |
Zalău |
Río Sălaj | Noroeste | SJ | 45 | 60 | RO116 | RO32 | 243.157 | 3.864 | |
Sibiu |
Sibiu |
capital do condado | Centro | SB | 55 | 69 | RO126 | RO33 | 423.156 | 5.432 | |
Suceava |
Suceava |
Río Suceava | Nordeste | SV | 72 | 30 | RO215 | RO34 | 705.878 | 8.553 | |
Teleorman |
Alexandria |
Río Teleorman | Sur-Muntenia | TR | 14 | 47 | RO317 | RO35 | 413.064 | 5.790 | |
Timiș |
Timișoara |
Río Timiș | Oeste | TM | 30 | 56 | RO424 | RO36 | 666.866 | 8.697 | |
Tulcea |
Tulcea |
capital do condado | Sueste | TL | 82 | 40 | RO225 | RO37 | 250.641 | 8.499 | |
Vaslui |
Vaslui |
Río Vaslui | Nordeste | VS | 73 | 35 | RO216 | RO38 | 455.594 | 5.318 | |
Vâlcea |
Râmnicu Vâlcea |
Condado medieval de Vîlcea[14] |
Suroeste Oltenia | VL | 24 | 50 | RO415 | RO39 | 411.576 | 5.765 | |
Vrancea |
Focșani |
Condado medieval de Vrancha[15][16][17] |
Sueste | VN | 62 | 37 | RO226 | RO40 | 392.619 | 4.857 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A maioría dos nomes actuais dos condados veñen dos ríos principais que cruzan os condados. Nalgúns casos, o nome da capital do distrito ou doutra grande cidade do distrito é tamén dado por estes ríos.
- ↑ Estas son as abreviaturas en uso e coinciden coas matrículas dos vehículos; que tamén corresponden ao código ISO 3166-2:RO.
- ↑ O formato do código postal é "xxyzw", onde xx indica o condado, mentres que y, z e w indican a cidade, a rúa, parte da rúa, ou aínda o predio do enderezo.
- ↑ Coduri Postale (ed.). "bine ati venit". Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ Os números telefónicos teñen o formato "+40-abb-ccc-cccc, onde "40" é o código do país, "bb" é o código da área, e "a" é o díxito que indica a operadora: 2 para a antiga operadora nacional, Romtelecom, e 3 para outras redes de telefonía fixa.
- ↑ DotNetNuke (26/4/2005). Anrcti.ro, ed. ":: A N C O M ::". Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ O código das rexións de desenvolvemento segue o formato ROxyz, onde "x" é o número da macrorrexión, "y" representa a rexión de desenvolvemento e pode ser 1 ou 2, e "z" é o número do condado dentro da rexión
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ Itl.nist.gov (ed.). "Geopolitical Entities and Their Codes". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2010. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ INE (Romanía) (ed.). "Poboación" (PDF) (en romanés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2013. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ Dexonline.ro (ed.). "DEX online - Căutare: bucur". Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ Dolj é a forma abreviada de Dolu (en eslavo)
- ↑ Gorj é a forma abreviada de Gora (montaña en eslavo)
- ↑ vâlcea é a palabra romanesa para "val estreito"
- ↑ www.vrancea.ro (ed.). "Portal al judetului Vrancea". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ Vrancea.insse.ro (ed.). "Județul Vrancea". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ vran é unha palabra dacia que se cre que significa monte ou montaña