Ploieşti
Ploiești (ro) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Prahova | ||||
Capital de | Condado de Prahova (1968–) | ||||
Capital | Ploiești (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 180.539 (2021) (2.023,98 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 89,2 km² | ||||
Altitude | 165 m | ||||
Creación | 1596 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Ploiești (en) | Mihai-Laurențiu Polițeanu (en) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 100001–100585 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ploiesti.ro |
Ploieşti é unha cidade romanesa, na que vivían 232.527 habitantes no 2006. É a terceira cidade máis poboada da rexión de Muntènia (Valaquia) e é capital do condado de Prahova. Está situada a 56 km ao norte de Bucarest e a 86 km de Brasov.
Clima
[editar | editar a fonte]A temperatura media anual é de 10,5 °C, con valores mínimos de -30 °C, rexistrados o 25 de xaneiro de 1942, entanto os máximos de 39,4 °C alcanzáranse o 10 de agosto de 1945. A cantidade media anual de precipitacións é de 600 mm. O ano máis chuvioso foi 1901, con 9639 mm, e o máis seco 1930, con só 305,3 mm. Ao ano, en media, 104 días rexistran precipitacións líquidas, e 26 días con neves.
O vento predominante é de dirección nordeste. A presión atmosférica é de 748,2 mm.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro documento que fai referencia a Ploiesti data de 1413: "Capitanie a Ploiestiul". Foi refundada en 1593. En 1855 instalouse a primeira refinaría de petróleo, e en 1882 chegou o ferrocarril á cidade. En 1943, Ploiesti foi bombardeada polos norteamericanos, xa que na zona se descubriran novos campos de petróleo.
Economía
[editar | editar a fonte]Ploieşti goza de encanto polos parques e igrexiñas que posúe, mais é un núcleo totalmente industrial. É o segundo centro industrial de Romanía e un dos máis importantes de Europa. Ten fama porque en Ploiesti fabrícanse os automóbiles "Dacia Logan", un dos coches de menor custo do mercado e, á vez, con boas prestacións.
É coñecida tamén por ser a capital da bebida nacional romanesa: "tuica", un licor de cereixa que pode chegar a adquirir 70º vol. Esta bebida faise tamén de pexego e mais de ameixa.
Ademais posúe industrias relacionadas co petróleo e de materiais de construción.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ploieşti |