Conferencia Leste (NHL)
A Conferencia Leste (en inglés Eastern Conference, e en francés Conférence de l'Est) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Leste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Príncipe de Gales, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 16 equipos agrupados en dúas divisións de oito equipos cada unha: a Atlantic Division e a Metropolitan Division. O campión da conferencia recibe o Prince of Wales Trophy.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes: East Division (1967-74)
[editar | editar a fonte]En 1967, despois de 24 anos con seis equipos na liga, a NHL decidiu aumentar o número de equipos a doce. Os equipos do "Original Six" quedaron encadrados na East Division, e os play-offs separados garantían que sempre un dos equipos, que gañaría o Prince of Wales Trophy, xogaría a final da liga. Porén, tres vitorias seguidas dos equipos do "Original Six" sobre os St. Louis Blues fixeron á liga mudar na tempada 1970-71 para que as semifinais foran cruces entre equipos do Leste e do Oeste. Ese mesmo ano, os Chicago Black Hawks pasaron a competir na West Division para aumentar e dous novos equipo o Leste.
- Equipos
- Montreal Canadiens (1967–74)
- New York Rangers (1967–74)
- Boston Bruins (1967–74)
- Chicago Black Hawks (1967–70)
- Toronto Maple Leafs (1967–74)
- Detroit Red Wings (1967–74)
- Buffalo Sabres (1970–74)
- Vancouver Canucks (1970–74)
- New York Islanders (1972–74)
Conferencia Príncipe de Gales (1974-93)
[editar | editar a fonte]Na tempada 1974-75, tívose en conta a xeografía norteamericana para un realiñamento dos equipos. O Leste pasaría a denominarse Conferencia Príncipe de Gales, emn homenaxe a Eduardo VIII, o Príncipe de Gales que deu o trofeo homónimo á liga. A conferencia tería dúas divisións, Norris (en homenaxe a James E. Norris, exproprietario dos Detroit Red Wings) e Adams (en homenaxe ao fundador dos Boston Bruins, Charles Francis Adams).
1974-1981
[editar | editar a fonte]- Adams
- Boston Bruins (1974-1981)
- Buffalo Sabres (1974-1981)
- California Golden Seals (1974-76), Cleveland Barons (1976-78), Minnesota North Stars (1978-1981)
- Quebec Nordiques (1979-1981)
- Toronto Maple Leafs(1974-1981)
|
1981–1993
[editar | editar a fonte]En 1981 realizouse un novo realiñamento xeográfico, tentando reducir os gastos en desprazamentos, facendo que cada conferencia xogara entre si, co Prince of Wales Trophy sendo entregado ao campión da conferencia homónima. As divisións do leste pasaron a ser Adams e Patrick (coa Norris pasando para á outra conferencia).
- Adams
- Boston Bruins (1981-1993)
- Buffalo Sabres (1981-1993)
- Hartford Whalers (1981-1993)
- Montreal Canadiens
- Ottawa Senators (1992-93)
- Quebec Nordiques (1981-1993)
|
Leste e Oeste
[editar | editar a fonte]En 1993, xa cunha liga de 24 equipos e cunha nova expansión á vista, realizouse un realiñamento que rebautizou ás conferencias e divisións con nomes xeográficos.
1993-1998
[editar | editar a fonte]- Florida Panthers
- New Jersey Devils
- New York Islanders
- New York Rangers
- Philadelphia Flyers
- Tampa Bay Lightning
- Washington Capitals
|
1998-2013
[editar | editar a fonte]Coa entrada dos Nashville Predators, os equipos foron realiñados en seis divisións nas dúas conferencias.
|
Realiñamento de 2013
[editar | editar a fonte]Despois da mudanza dos Atlanta Thrashers a Winnipeg viuse a necesidade dun novo realiñamento. Sumando as reclamacións sobre os gastos de viaxes e horarios televisivos prexudiciais causados por diferenzas de fusos horarios, a NHL decidiu realiñar as dúas conferencias en catro divisións, con tres delas mantendo os seus antigos nomes e unha mudando o seu nome. Os Winnipeg Jets reubicáronse no Oeste, mentres que os Detroit Red Wings e os Columbus Blue Jackets pasaron ao Leste, que pasou a ter 14 equipos.
Campións do Prince of Wales Trophy
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende que se creou o Prince of Wales Trophy en 1923. En letra grosa o campionatos conseguidos dende que o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Leste, e dicir, os acadados dende 1974:
NºTítulos | Equipo | Campionatos |
---|---|---|
25 | Montreal Canadiens | 1923–24, 1924–25, 1943–44, 1944–45, 1945–46, 1946–47, 1955–56, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1963–64, 1965–66, 1967–68, 1968–69, 1972–73, 1975–76, 1976–77, 1977–78, 1978–79, 1980–81, 1985–86, 1988–89, 1992–93 |
17 | Boston Bruins | 1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1932–33, 1934–35, 1937–38, 1938–39, 1939–40, 1940–41, 1970–71, 1971–72, 1973–74, 1987–88, 1989–90, 2010–11, 2012–13 |
13 | Detroit Red Wings | 1933–34, 1935–36, 1936–37, 1942–43, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1954–55, 1956–57, 1964–65 |
6 | Pittsburgh Penguins | 1990–91, 1991–92, 2007–08, 2008–09, 2015–16, 2016–17 |
5 | New Jersey Devils | 1994–95, 1999–2000, 2000–01, 2002–03, 2011–12 |
4 | New York Rangers | 1931–32, 1941–42, 1993–94, 2013–14 |
4 | Philadelphia Flyers | 1984–85, 1986–87, 1996–97, 2009–10 |
3 | Buffalo Sabres | 1974–75, 1979–80, 1998–99 |
3 | New York Islanders | 1981–82, 1982–83, 1983–84 |
2 | Carolina Hurricanes | 2001–02, 2005–06 |
2 | Chicago Black Hawks | 1966–67, 1969–70 |
2 | Tampa Bay Lightning | 2003–04, 2014–15 |
2 | Toronto Maple Leafs | 1947–48, 1962–63 |
2 | Washington Capitals | 1997–98, 2017–18 |
1 | Florida Panthers | 1995–96 |
1 | Montreal Maroons | 1925–26 |
1 | Ottawa Senators | 2006–07 |
1 | Ottawa Senators (original) | 1926–27 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia da NHL (en inglés)