Saltar ao contido

Conidióforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conidios no extremo dun conidióforo en Phialophora verrucosa.

En certos fungos, denomínase conidióforo a unha estrutura microscópica especializada na produción asexual de miles de esporas llamadas conidios, da cal se desprenden cando chegan á madureza.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O neoloxismo conidióforo está formado pola unión dos elementos conidio- e -foro. O primeiro é a raíz do termo conidio, e o segundo unha adapación do sufixo do grego antigo -φóρος -phóros, "que leva", derivado do verbo φέρω phérō "levar".[1]

Este neoloxismo comexouse a usar en 1882 en inglés.[1]

Pola súa parte, conidio é a adptación dun termo do latín científico, conidium, tirado do grego antigo κόνις kónis, "po", e do sufixo do latín científico -idium, calco do grego antigo -ιδιον -idion, sufixo diminutivo. [2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Localízanse no extremo de hifas, as cales levantan o conidióforo no aire co fin de esparexer as esporas con máis eficiencia.

Algúns conidióforos (en Geotrichum candidum, por exemplo) constan só de un filamento, mentres que outros (en Trichoderma viride, por exemplo) son ramificados.

Os conidióforos aparecen illados, ou reunidos en corpos frutíferos asexuais denominados conidiomas, sendo a morfoloxía destes un carácter taxonómico importante na clasificación dos fungos imperfectos.[4]

  1. 1,0 1,1 conidióforo en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico. {{es]].
  2. conidium no Collins Dictionary.
  3. conidium no Merriam Webster Dictionay.
  4. González, Luis Carlos (1989): Introducción a la fitopatología, pp. 29 - 33.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]