Saltar ao contido

Consellería de Economía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Mella en 2007.

A Consellería de Economía foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia que se ocupou da planificación económica. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Economía e Industria.

As competencias sobre o economía foron tradicionalmente aparelladas ás competencias en Facenda e a súa denominación foi común durante a maior parte da historia da Xunta de Galicia. Só en dúas ocasións foron materias distintas. En 1983 e durante catro meses, a consellería de Economía existiu de forma independente á consellería de Facenda. En 2009 esas consellerías volven ser dúas distintas, pero neste caso a de Economía intégrase dentro da área de Industria.

Conselleiro

[editar | editar a fonte]