Saltar ao contido

Consolation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Consolation
EP de Protomartyr
Data de edición: 15 de xuño de 2018
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación:
Duración: 14:11
Xénero musical: post-punk, art punk, noise rock, no wave
Selo discográfico: Domino Records
Producido por: Protomartyr
Cronoloxía
Relatives in Descent Consolation Ultimate Success Today

Consolation é un EP da banda estadounidense de post-punk Protomartyr, publicado o 15 de xuño de 2018 a través do selo Domino Records.[1] Kelley Deal aparece en dous dos seus catro temas[2] e foi lanzado coa aclamación da crítica.[3]

O EP foi lanzado por Domino Recording Company nos Estados Unidos, Reino Unido e Europa.[4] O tema "Wheel of Fortune" publicouse como un sinxelo o 3 de maio de 2018. O seu video foi dirixido por Yoonha Park, que tamén dirixira o video do sinxelo "Don't Go To Anacita" do seu anterior álbum. Describiuse como "unha fusión de imaxes sombrías e violentas [...] Unha caveira palpitante, unha espada cargada e electrificada, unha nena que se colorea toda a cara cun lapis de labios vermello cereixa, raspando o teu cotobelo contra unha parede de ladrillos, dándote unha puñada na cara, dándolle o polgar cara arriba mentres a túa man está en chamas [...] O ambiente xeral é o arrepiante apocalipse de Halloween".[5]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Protomartyr agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Wait"    2:10
2. "Same Face in a Different Mirror"    2:48
3. "Wheel of Fortune"  Protomartyr, Kelley Deal 5:16
4. "You Always Win"    3:57
14:11
  1. "Consolation E.P., by Protomartyr". Protomartyr (en inglés). Consultado o 2024-06-22. 
  2. Pelly, Jenn. "Protomartyr: Consolation EP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-06-22. 
  3. "Consolation [EP] by Protomartyr" (en inglés). Consultado o 2024-06-22. 
  4. "Protomartyr - Consolation E.P.". Discogs. Consultado o 28 de outubro de 2024. 
  5. "Protomartyr – “Wheel Of Fortune” (Feat. Kelley Deal) Video". Stereogum (en inglés). 2018-05-03. Consultado o 2024-10-28.