Constant Awashish
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() La Tuque, Canadá ![]() |
Gran Xefe Conseil de la Nation Atikamekw (en) ![]() | |
4 de setembro de 2014 – ← André Quitich (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Otava |
Actividade | |
Ocupación | político, Xefe tribal ![]() |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Constant Awashish, nado en La Tuque, no Quebec en 1981, é o xefe tribal do pobo atikamekw. Dende 2014, é o gran Xefe do Atikamekw Sipi, o consello tribal das tres nacións atikamekw. É coñecido por declarar a soberanía do seu territorio ancestral, o Nitaskinan, xunto con outros xefes atikamekw.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Awashish naceu La Tuque e foi criado principalmente polos seus avós maternos na reserva india de Opitciwan, no norte da rexión de Mauricie, no Quebec. Completou os seus estudos de primaria e de secundaria en La Tuque. Completou a carreira de dereito na Universidade de Ottawa, especializándose nos dereitos dos pobos indíxenas e os seus dereitos territoriais, a lexislación das entidades indíxenas e a lei corporativa.[1]

Durante as eleccións do 2 de setembro de 2014, foi elixido Gran Xefe do Conseil de la Nation Atikamekw (CNA), o consello tribal que reúne as tres nacións atikamekw, sucedendo a Eva Ottawa.[2] Como tal, tamén é o presidente da corporación do Conseil de la Nation Atikamekw.[3]
Poucos días despois, os xefes atikamekw declararon unilateralmente a súa soberanía sobre o seu territorio ancestral, o Nitaskinan, a través dunha reclamación integral.[4][5] O seu territorio abrangue 80 000 km2 ó norte de Trois-Rivières.[6] Os atikamekw xamais cederon ou venderon o seu territorio en ningún dos tratados.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paloma Martinez (6 de outubro de 2016). "Constant Awashish, portrait d'un Grand chef". Radio Canada International (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "La grand chef Eva Ottawa démissionne". Le Nouveliste (en francés). 18 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Audrey Tremblay (4 de setembro de 2014). "Constant Awashish deviant le nouveau grand chef". Le Nouvelliste (en francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Pierre Trudel (2014). "Entrevue avec Constant Awashish, Grand Chef du Conseil de la Nation atikamekw". Recherches amérindiennes au Québec (en francés) 44: 119–121. ISSN 1923-5151. doi:10.7202/1027887ar. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "Les Atikamekw declarant leur souveraineté". Radio-Canada (en francés). 8 de setembro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Alexandre Robillard (8 de setembro de 2014). "Les Atikamekws affirment leur souveraineté sur leur territoire". La Presse canadienne (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Jean-Philippe Robillard (9 de setembro de 2014). "Déclaration de souveraineté : les Atikamekw sont-ils dans leurs droits ?". Radio-Canada (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2017.