Saltar ao contido

Pobo atikamekw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo atikamekw
Bailaríns tradicionais en Manawan, no 2012.
Poboación
Poboación total:
8 005 (2016)[1]
Rexións principais:
CanadáQuebec
Aspectos culturais
LinguaAtikamekw e francés
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
pobo cree e outros pobos algonquinos

Os atikamekw son un pobo indíxena que habita a área chamada Nitaskinan ("a nosa terra"), no val superior do río Saint-Maurice do Quebec, no Canadá. A súa poboación rolda arredor das 8000 persoas. Unha das principais comunidades é a de Manawan, a uns 160 km ó nordeste de Montreal. Tradicionalmente, dedicábanse á agricultura, á pesca, á caza e á recolección. Teñen fortes relacións co pobo innu, dos cales eran aliados históricos contra os inuit.

A lingua atikamekw, unha variedade da lingua cree que pertence á familia de linguas álxicas, é aínda empregada no día a día, o que a converte nunha das linguas indíxenas menos ameazadas de extinción.[2] Porén, as súas terras tradicionais foron apropiadas polas empresas madeireiras e o seu xeito de vida tradicional está case extinto. Só un pequeno número de familias viven da elaboración das tradicionais canoas e de cestos de cortiza de bidueiro. O seu nome, que significa literalmente "peixe branco do lago", tamén é escrito ás veces como "atihkamekw", "attikamekw", "attikamek" ou "atikamek". Os colonizadores franceses referíanse a eles como Têtes-de-Boules, traducible como "cabezas de balón" ou "cabezas redondas".

Membros atikamekw de Manawan c. 1900.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Constant Awashish é o xefe da nación atikamekw dende 2014.
Poboación atikamekw do Quebec en setembro de 2012[3]
Comunidades Nome oficial Rexistrados totais
Poboación
Residentes Non residentes
Manawan Les Atikamekw de Manawan 2 576 2 197 379
Obedjiwan Atikamekw d'Opitciwan 2 683 2 225 458
Wemotaci Conseil des Atikamekw de Wemotaci 1 730 1 358 372
Atikamekw (Total) Attikamekw Sipi - Conseil de la Nation Atikamekw 6 989 5 780 1 209
  1. "Aboriginal Ancestry Responses (73), Single and Multiple Aboriginal Responses (4), Residence on or off reserve (3), Residence inside or outside Inuit Nunangat (7), Age (8A) and Sex (3) for the Population in Private Households of Canada, Provinces and Territories, 2016 Census - 25% Sample Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Goberno do Canadá. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  2. "Cultures et traditions" (en francés). Conseil des Atikamekw d'Opitciwan. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2010. 
  3. First Nation Profiles (ed.). "Tribal Council Detail". Aboriginal Affairs and Northern Development Canada. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gélinas, Claude (2003). Entre l'assommoir et le godendart: Les Atikamekw et le conquête du Moyen-Nord québécois, 1870-1940. Septentrion. p. 300.