Constantino Bedoya Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1947 (77 anos) Miño, España |
Alcalde de San Sadurniño | |
abril de 1990 – 2007 ← Manuel Lamas Soto – Secundino García Casal → | |
Actividade | |
Ocupación | político, delineante |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Constantino Bedoya Vázquez, nado en Miño o 7 de agosto de 1947, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Delineante. Afiliado a Alianza Popular dende 1979[1]. Foi candidato desta formación á alcaldía de San Sadurniño nas eleccións municipais de 1983 logrando 2 concelleiros, por detrás do PSdeG-PSOE e os independentes, situándose na oposición. Volveu ser candidato nas municipais de 1987 e subeu a 4 concelleiros, os mesmos que o PSdeG pero sendo estes os máis votados, polo que continuaron na alcaldía. En abril de 1990 foi elixido alcalde grazas a unha moción de censura apoiada polos independentes[2].
Encabezou a candidatura do PPdeG nas municipais de 1991 e foi a forza máis votada, con 5 concelleiros, e continuou gobernando grazas ao apoio dos independentes, dos cales un deles (Fernando Barro Sabín) marchou do goberno en outubro de 1991[3], e outro (José Serafín Gundín Sabín) pasou a formar parte das listas populares. Nese mandato foi deputado provincial. Foi reelixido con maioría absoluta en 1995, con 6 concelleiros, ó igual que en 1999 e 2003 cando logrou 7 concelleiros. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía ao nacionalista Secundino García Casal, dado o acordo entre o BNG e o PSdeG. Volveu ser candidato do PPdeG en 2011 pero non conseguiu recupera-la alcaldía, dado que o BNG logrou maioría absoluta.
Predecesor: Manuel Lamas Soto |
Alcalde de San Sadurniño 1990 - 2007 |
Sucesor: Secundino García Casal |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia Ferrol, 25-3-1993 p.41
- ↑ Moción de censura ao alcalde Lamas
- ↑ Nova en La Voz de Galicia Ferrol, 27-10-1991 p.80