Secundino García Casal
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() San Sadurniño, España ![]() |
![]() | |
2007 – ← Constantino Bedoya Vázquez ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | San Sadurniño ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |

Secundino García Casal, nado en San Sadurniño en 1965, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballador da industria madeireira local (Intasa). Encabezou a candidatura do BNG en San Sadurniño dende as eleccións municipais de 1991. Na primeira ocasión non acadou representación, pero posteriormente acadaría 1 concelleiro en 1995, 2 en 1999 (sendo a segunda forza) e 3 en 2003. Nas municipais de 2007 logrou 5 concelleiros e empatou co PPdeG, logrando que este perdese a maioría absoluta que ostentaba dende 1995, polo foi elixido alcalde logo de que acadase un pacto de gobernabilidade co único concelleiro electo do PSdeG-PSOE. En 2011 revalidou de novo a alcaldía, desta vez con maioría absoluta. Os mesmos resultados -BNG 7 concelleiros/as, PP 3 e PSdeG-PSOE 1- repetiríanse nos comicios de 2015, co que Secundino García volveu encabezar a formación de goberno en San Sadurniño. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta[1], en novembro dese mesmo ano ocupa unha das vicepresidencias da FEGAMP.
En 2023 foi reelixido alcalde por quinta vez consecutiva.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concello de San Sadurniño na FEGAMP
- ↑ "Secundino García, reelixido alcalde por quinta vez consecutiva". Concello de San Sadurniño. 2023-06-17. Consultado o 2023-07-19.