Constantino Pérez Durán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1905 ![]() Caldas de Reis, España ![]() |
Morte | 22 de decembro de 1936 ![]() Alcabre, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | traballador ferroviario ![]() |
![]() |
Constantino Pérez Durán, nado en Caldas de Reis cara a 1905 e finado en Alcabre (Vigo) o 22 de decembro de 1936, foi un ferroviario e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferroviario, veciño de Vigo. Foi vogal do Consejo Obrero Ferroviario del Oeste.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936 con Antonio Barredo Rodríguez, Juan de la Cruz García Coco, Eloy Fernández Alonso, Joaquín Álvarez Piña, Matías González Montero e José Moralejo Santos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Coia con Concepción Pérez Borrajo en xuño de 1934.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-7-1934, p. 8.