Joaquín Álvarez Piña
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 ![]() Arbo, España ![]() |
Morte | 22 de decembro de 1936 ![]() Alcabre, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
Joaquín Álvarez Piña, nado en Arbo cara a 1891 e finado en Alcabre (Vigo) o 22 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Maquinista do ferrocarril, veciño de Vigo. Foi vogal do Consejo Obrero Ferroviario del Oeste.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas na praia de Alcabre o 22 de decembro de 1936 con Antonio Barredo Rodríguez, Juan de la Cruz García Coco, Eloy Fernández Alonso, Constantino Pérez Durán, Matías González Montero e José Moralejo Santos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Joaquín Álvarez Piña na páxina web Nomes e Voces.