Igrexa de Santiago, Tequixquiac
Parroquia de Santigo Apóstolo | |
---|---|
Datos xerais | |
País | México |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Santiago Apóstolo |
Localización | Tequixquiac, Rexión de Zumpango, México, México |
Coordenadas | 19°54′37″N 99°08′51″O / 19.91031, -99.14745 |
Catalogación | Ben Cultural do estado de México |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Cuautitlán |
Arquitectura | |
Construción | Séculos XVI |
Estilo | Barroco (incorpora tamén elementos mudéxar e renacentistas) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Santiago Apóstol é un templo católico do concello de Tequixquiac, México. Esta igrexa encóntrase no centro da vila, xunto á praza Cuauhtemoc e á biblioteca municipal, preto da Avenida Juárez. Este edificio colonial é un monumento que perdurou ata o día de hoxe.[1] É unha igrexa dedicada a Santiago apóstolo, foi fundada pola orde franciscana no século XVI. Agora é unha parroquia da diocese de Cuautitlán.[2]
A festa do santo patrón celébrase cada 25 de xullo, na honra de Santiago o Maior; tamén se festexa, en xaneiro ou febreiro, a festa do Señor da Capela, unha imaxe de Cristo moi venerada na rexión.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santiago Apóstolo pasou a parroquia no ano de 1590, xa que antes foi unha vigairía. A construción do templo foi realizada en diferentes etapas, o atrio parroquial era un grande espazo cunha cruz atrial no centro labrada en pedra, con símbolos indíxenas e cristiáns. O templo estaba dedicado a Santiago Apóstolo, debido a que algunhas familias ibéricas se estableceron definitivamente na rexión coa entrega das encomendas por Hernán Cortés, xa que para os indíxenas a imaxe de Santiago apóstolo a cabalo, lembraba aos soldados españois durante o sometemento militar e relixioso dos rebeldes indíxenas da rexión.
Danza
[editar | editar a fonte]A contradanza das Varas é unha danza que provén do norte de España e que foi levada á vila mexicana de Tequixquiac no ano 1652. Trátase dun baile tradicional que bailan só os homes o 25 de xullo en honor ao apóstolo Santiago,[3] e que os relixiosos ensinaron aos poboadores para evanxelizalos na fe cristiá en devoción a Deus.[4] Anos despois fíxose en honor ao Señor da Capela. O nome provén do uso de dúas varas de rosa gallica que teñen fitas de cores coas que se fan figuras ao compás dos pasos do baile.[4][5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Edificio histórico en Tequixquiac (Castelán).
- ↑ los 10 templos de arquitectura maravillosa en el Edomex Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine., El Universal, Estado de México, 4 de decembro de 2016.
- ↑ Olvera Vásquez, Miguel Ángel, La conquista espiritual de Tequixquiac, Marzo, 2007. pp. 13
- ↑ 4,0 4,1 Rodríguez Peláez, Maria Elena, Monografía del municipio de Tequixquiac, Marzo, 1999. pp. 98
- ↑ Contradanza de las Varas Universidade Autónoma de México, Unidade Acatlán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La conquista espiritual en Tequixquiac, Miguel Ángel Olvera Vázquez, Zumpango de Ocampo, marzo de 2007.
- Monografía del Municipio de Tequixquiac, González, Carlos Héctor, Gobierno del estado de México, Toluca de Lerdo, 1974.
- Monografía Municipal de Tequixquiac, Rodríguez Peláez, María Elena, Toluca de Lerdo, 1999.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [2] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Municipio de Tequixquiac, INAFED, Costumbres y tradiciones, 2015.
- [3]
- Vídeo da Contradanza das Varas en YouTube
- Vídeo da Danza da tenza en YouTube