Contrafagot
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Contrabassoon2.jpg/220px-Contrabassoon2.jpg)
O contrafagot é un instrumento musical de vento. Soa unha oitava máis grave con respecto ó fagot. É un instrumento de son amplo e profundo que se usa para reforzar as liñas graves da orquestra e a miúdo úsase para fundilo con trombóns. É o instrumento de son máis grave da orquestra, e escríbese para el en clave de fa.