Control Machete
Control Machete | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Monterrey (Nuevo León), ![]() |
Período | 1996-2004 |
Xénero(s) | hip hop, rap, gangsta rap, rap metal |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music Group PolyGram |
Antigos membros | Fermín IV Pato Machete DJ Toy |
Na rede | |
http://www.myspace.com/controlmachete | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Control Machete foi un grupo mexicano de música hip hop con orixe en Monterrey. Estaba integrado polo DJ e tecladista DJ Toy Selectah, o vocalista Pato Machete e o vocalista Fermín IV.
Historia do grupo
[editar | editar a fonte]Baixo a produción de Jason Roberts, e con influencias de Cypress Hill, gravaron o seu primeiro álbum Mucho Barato; considerado un precursor do hip hop mexicano, xa que con el o xénero chegou a un nivel máis alto de popularidade. O seu sinxelo "¿Comprendes Mendes?" foi o que lles deu popularidade inmediata e soou intensamente por moito tempo sendo a súa canción máis coñecida.
Logo do éxito de Mucho Barato, Control Machete volveu entrar nos estudos, esta vez para producir un disco máis elaborado que o anterior: Artillería pesada presenta.... Este álbum incluía grandes éxitos como "Sí Señor", e ata se empregou como fondo para un comercial de televisión de Levi's para a Super Bowl, o que lles outorgou éxito internacional.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Mucho Barato (1996)
- Artillería Pesada presenta (1999)
- Solo Para Fanáticos (2002)
- Uno, Dos: Bandera (2003)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Control Machete ![]() |