Saltar ao contido

Conversa:Basílica do Sacré Cœur

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Igual é unha política da Galipedia que non entendín ben, pero ao meu ver o comezo deste artigo: A Basílica do Sacré-Cœur (en francés Basilique du Sacré-Cœur) mellor sería A Basílica do Sagrado Corazón (en francés, Basilique du Sacré-Cœur) Non si?--Atobar (conversa comigo) 19:44, 22 abril 2009 (UTC)

Creo que non. Para min non é só un nome propio senón que é ademais como se lle coñece en galego. Pra alén de que poida haber máis igrexas do Sacré Coeur en Bélxica ou Francia ou onde sexa, "o" Sacré Coeur é ese. Outra cousa é que ao mellor o que non ten sentido é poñer a palabra basilique en francés, e si A basílica do Sacré-Cœur (en galego Sagrado Corazón). --Xabier Cid Conversa 20:04, 22 abril 2009 (UTC)

  • Entendo. "A basílica do Sacré-Cœur (en galego Sagrado Corazón)" paréceme unha solución máis elegante. Trocámolo?--Atobar (conversa comigo) 20:22, 22 abril 2009 (UTC)