Conversa:Carballo (homónimos)
Untitled
[editar a fonte]Estaría ben procurar que as cores dos partidos se correspondesen coas empregadas por estes. ─ GallaecioE logo? 21:19, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Carballo
[editar a fonte]Coido que o título Carballo debería levar á páxina de homónimos, xa que o vocábulo que pertence á árbore é igual ou máis común que o concello.─nachonion
Moinantes en Carballo
[editar a fonte]No artigo afírmase que ""Existen tamén asentamentos de moinantes en diversos lugares do concello, entre 600 e 1.000 segundo as fontes". O editor engade como referencia a [web do arcebispado de Santiago que afirma que "En las periferias urbanas de Carballo y Coristanco viven más de un millar de vecinos en situación de marginación social, impuesta o buscada. Bajo la calificación, casi siempre peyorativa de moinantes, se encuentran personas con rasgos identitarios propios, espacios de asentamiento segregados y muchos problemas de integración en el conjunto de la comunidad". Se lemos a definición que damos de moinantes no artigo Merchero resultan ser nómadas con algunhas similitudes co pobo xitano... unha etnia con identidade propia, o que fai deducir que a) o concepto do arcebispado dos moinantes é distinto do noso, ou b) nós definímolo mal. É dicir, que eses 1.000 habitantes de Carballo son pobres, marxinados (segundo o arcebispo, dos que hai centos de miles en Galicia, en tódalas cidades grandes, medianas e pequenas), pero non son o que nós entendemos por moinantes (similitude co pobo xitano, etnia con identidade propia). Así, a afirmación segue sen ter referencias. Incluso habería que revisar a sección "Os Moinantes en Galiza" dese artigo Merchero polas mesmas razóns. Pedro --Lameiro (conversa) 00:03, 19 de outubro de 2012 (UTC)
- Pensei que estabas a poñer en dúbida a cifra de moinantes (mercheros) que hai na zona de Bergantiños. Pero non, segundo ti o problema é a definición de moinante (¿marxinal por situacións impostas ou buscadas?) Os xitanos son unha etnia e os moinantes un grupo social. O enlace do arcebispado é só a efectos numéricos, pero hai máis un deles é da garda civil que si ten datos e estudios sobre eles, a función social da benemérita chámase iso. Os estudio sobre os moinantes como tales os fixo a Xunta de Galicia e a universidade galega (referencias que se dan xa no artigo sobre os mercheros) Os moinantes existen como grupo social e a súa localización é concreta na Galiza. Os xitanos están espallados por toda Galiza, son unha etnia diferenciada, non é o caso dos moinantes (non hai ligazóns que proben iso). Por outra banda hai moitos máis rasgos que diferencian aos moinantes un deles (que non se pon no artigo por non ter ligazóns onde confirmalo) é que son galego falantes. Os mercheros teñen expresión do castelán antigo, do Século XVI. ¿Que galego falan os moinantes? ¿Cando chegaron a Galiza? ¿Cando empezaron a falar galego? ¿Existen máis grupos de moinantes en Galiza, fora de Bergantiños? (asinado)
Concordo Algo sobre o tema (máis ou menos) acabo de deixar eu en Conversa:Merchero. Xa non é a primeira vez que nos ocupa este asunto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:34, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Concordo A referencia non é válida para esa información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:46, 19 de outubro de 2012 (UTC)
Non concordo en absoluto coa ubicación actual das referencias aos moinantes no artigo. Por inmigración eu entendo residentes doutros países que se trasladaron a Carballo, mentres que o colectivo moinantes leva toda a vida (habíaos cando era neno, cando meu pai era neno, cando meus avós eran nenos...), polo que penso se debería quitar da sección de inmigración. Dado que a presenza de moinantes é unha característica diferenciadora da poboación do concello penso que debería ter unha sección propia dentro da de demografía. Son opinións persoais, o que diga a comunidade. Un saúdo, Piquito (conversa) 14:18, 19 de outubro de 2012 (UTC)
- A aportación é interesante por canto confirma que existen os moinantes (non estaba tan aceptada a súa presenza como algún pensabamos). Forman parte da poboación e son un caso diferenciador entre todos os colectivos sociais e culturais pola súa historia e condición. Penso que é un dato interesante saber que están aí e que forman parte de Bergantiños. Se os poñemos nun "aparte" deberiamos facer o mesmo cos xitanos con máis motivo. Pode que a mención actual sexa o inicio dunha sección máis ampla e con información moi interesante para todos tanto cultural como histórica e social. Ah, por certo. Algúns de eses inmigrantes de outros paises teñen pasaporte español, son descendentes de españois e están no mesmo apartado. E outra cosa: ¿Podes confirmar que os moinantes son galego falantes? (asinado) —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversa • contribucións)
- Non creo que sexa comparable o caso dos xitanos ao dos moinantes, xa que os xitanos son un grupo presente en moitas vilas, cidades, e países, polo que eu entendo que a súa presenza é "normal" (se temos que falar dos xitanos en tódolos artigos sobre concellos e cidades... e xa non digamos se falamos de países como Romanía), fronte ao caso dos moinantes que están localizados nunha zona xeográfica moi concreta e polo tanto son (entendo eu) un elemento diferenciador da poboación respecto doutros concellos ou rexións de Galiza. Sobre o tema dos pasaportes dos inmigrantes, eu símplemente redactei a sección en base aos datos achegados por edicións locais de La Voz de Galicia, nos que non dicían cántos eran descendentes de galegos ou españois (polo que eu sei a meirande parte dos uruguaios -o grupo de extranxeiros máis grande- e dos arxentinos, teñen raíces galegas)... o dito, eu puxen o que indicaban nas noticias, se tes máis datos anímote a que os inclúas para facer máis exacta a sección. Sobre a lingua dos moinantes... en tódolos anos que vivín en Carballo (que foron moitos e vou con frecuencia), nunca escoitei un moinante que falara castelán ou calquera outra lingua que non fora galego, evidentemente eso non se pode referenciar nin creo que haxa estudos sobre eso. Sobre a sección a parte dos moinantes, co que hai escrito polo momento non creo que sexa razonable, se o tema prospera e se vai engadindo información podería ser (polo que argumentei anteriormente), tamén penso que estaría ben incluir ónde se atopan eses asentamentos aos que se fai referencia no artigo (no Sisto, en Carballo de Arriba e penso que na Brea había moinantes, mais estou desactualizado e non sei se hai máis ou se marcharon de algún deles, quen o saiba seguro se pode que o poña). Un saúdo, Piquito (conversa) 01:26, 21 de outubro de 2012 (UTC)