Saltar ao contido

Conversa:Crime de honra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Definicións[editar a fonte]

Creo que estaría ben indicar máis fontes para as definicións e sobre todo de onde sae o termo en galego e onde se usa. A primeira que aparece xa non é única, fala de "honour killings" e "shame killings", semellando deixalo a unha preferencia persoal do autor, en lugar de remitir a unha terminoloxía asentada, como indica o uso de comiñas. Maria zaos (conversa) 24 de abril de 2019 ás 07:13 (UTC)[responder]

Maria zaos, no bUSCatermos non aparece ningunha denominación, por ese motivo utilicei o criterio das Normas no seu defecto 4. As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. As escollas deben decidirse de acordo cun criterio de coherencia interna, a fin de que o galego común non resulte arbitrario e incongruente. Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 06:51 (UTC)[responder]

Perdoa, Lles pero non te sigo (máis aló do uso de "honra" en lugar de honor, se ben as dúas son válidas no DRAG), non acabo de ver a relación co que explicas.
  • É unha tradución, e en inglés temos
    • killing [1]/crime [2]. Cousas ben distintas.en galego temos crime e asasinato (tamén homicidio, pero xa queda máis lonxe). Consultando o DRAG acho quea tradución máis exacta sería antes asasinato ca crime.
  • Que sexa unha tradución doutra wikipedia non implica que o artigo sexa intocable e inmodificable. As definicións que se dan ao inicio deberían ser de fontes representativas (non vexo a primeira como unha declaración oficial da organización, a verdade, eu buscaría un documento con máis peso, por exemplo un convenio internacional, tratado, etc.). Como o título entendo que sae desa primeira definición en inglés que aparece é polo que o sinalei.
  • Se non existe termo asentado en galego eu entendo que non é cousa nosa inventalo como editoras da Galipedia. Perdinme no argumento filolóxico que indicas...sintoo. Eu creo que hai que buscar fontes en galego que usen esa terminoloxía ou indicar que podería dicirse de varias maneiras (ocórrenseme :crime de honor, asasinato de honor, asasinato de honra) cando menos, entendo eu.

Como isto vai máis aló de WP:CDN, a ver se alguén pode opinar do tema @Estevoaei: @Atobar: @Elisardojm: @Sobreira: @Xabier Cid: @Breogan2008:. Graciñas! Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2019 ás 08:01 (UTC)[responder]

Boas, polo que entendo da definición de Human Rights Watch, "os crimes de honra son actos de violencia, xeralmente asasinatos", pero tamén implican torturas previas e outras humillacións en moitos casos, polo que paréceme perfectamente correcto o título que ten agora. Segundo o contido do artigo e as referencias achegadas, o concepto de "crime de honra" é máis amplo có asasinato, aínda que este sexa o resultado final. Respecto a se empregamos honra ou honor, como xa se mencionou ámbalas dúas son perfectamente correctas. --Breogan2008 (conversa) 25 de abril de 2019 ás 08:20 (UTC)[responder]

Eu entendo que o seu título non pode ser asasinato, xa que o artigo trata tamén doutros crimes que non son asasinatos e en galego honra e honor son sinónimos, utilicei crime de honra porque é coincidente co PT crime de honra seguindo as recomendacións das Normas mentres non haxa un termo sancionado pola RAG. Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 08:25 (UTC) Utilicei o mesmo criterio ao traducir arranged marriage. Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 08:33 (UTC) Aínda que nese caso tiven moitas dúbidas porque o casamento é a cerimonia e o matrimonio é máis amplo. Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 08:40 (UTC)[responder]

Entendo o da amplitude, e escóllese o que responda ás características da entrada como indica Breogan2008 . O que quero dicir é que oficialmente non semella haber unha definición única : "Aunque no existe una definición universal de crímenes de honor"[1]. Unhas recollen só aquilo que conleva a morte e outras inclúen unha definición máis ampla. Atendendo a WP:PVN poñer unha única definición sen indicar que hai dúas visións, cada unha co seu fundamento non sería correcto. Escoller crime vs asasinato ten relación con isto e tamén coa escolla título, de aí que é un pouco círculo vicioso. Podese seguir ampliando o artigo e xa se verá, en principio honra e honor non teñen problema. Saúdos

Referencias

  1. Szygendowska, Marta; Szygendowska, Marta (2017-12). "Honor crimes as harmful cultural practices". Revista Opinión Jurídica 16 (32): 51–73. ISSN 1692-2530. doi:10.22395/ojum.v16n32a2. 

Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2019 ás 09:31 (UTC)[responder]

Maria zaos, como non hai unha definición única o termo “crime” é o máis axeitado, eu non vexo o problema co título. Un asasinato é un crime, e moitas outras cousas tamén, polo que entendo que o título con “crime” é correcto ao non centrarse nun único aspecto, do mesmo xeito que o terrorismo machista non son só os feminicídios senón moitas máis cousas. Piquito (conversa) 25 de abril de 2019 ás 11:15 (UTC)[responder]
É como o dos datos da violencia de xénero (terrorismo machista), que como en España só se considera que é violencia de xénero uns supostos concretos din que hai menos que noutros países, cando a realidade é que non. Do mesmo xeito que o terrorismo machista son os insultos, agresións físicas, violacións, os piropos... e non só os asesinatos, neste caso tamén. Piquito (conversa) 25 de abril de 2019 ás 11:20 (UTC)[responder]
Si, entendo o que dis,Piquito por iso considero importante especificar no corpo do artigo que hai unha visión máis restritiva e outra máis ampla. Tamén é o caso doutros delitos, ocórreseme: eutanasia, aborto, suicidios. Seguindo o exemplo que das eu considero que sería mellor e máis completo o artigo que indicase que o uso dunha terminoloxía ou outra xenera uns e outros datos estatísticos. Non estaría moi ben ocultar/escoller uns datos (os que son inferiores,por exemplo) escudándonos na definición que á hora de editar se nos achegue máis á nosa opinión. Ao fin é ao cabo é unha entrada que debe recoller estas variacións no dereito a nivel global. En todo caso a referencia que se achega como fonte do término [nota 1] é ambigua en si mesma, pero ese é outro tema. Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2019 ás 22:33 (UTC)[responder]
@Maria zaos: Eu, pola definición de HRW, entendo que o título é correcto, aínda que a maioría dos casos remata en asasinato, non pasa iso en todos, tal e como se define, polo tanto entendo que está ben o termo "crime". Por outra banda, que non haxa bibliografía en galego que use ese termo non quita para que sexa correcto, é a tradución correcta (se non estou moi trabucado) do termo en inglés "honor" crimes. Pero non estaría de máis poñer ó comezo outras posibilidades para o título como di Maria zaos, crime de honra, e incluso asasinato de honra, que poden crearse como redireccións.
Por certo, acabo de atopar esta nova que usa exactamente ese termo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2019 ás 12:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de abril de 2019 ás 08:13 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de maio de 2019 ás 04:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de xullo de 2019 ás 15:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2019 ás 16:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 14 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 20:57 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 15 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de novembro de 2019 ás 02:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 15 ligazóns externas en Crime de honra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de novembro de 2019 ás 02:17 (UTC)[responder]