Conversa:Función medible
Aparencia
Teoría da medida e teoría da probabilidade
[editar a fonte]Boas @PAMatematicas, moitas graciñas por contribuir con páxinas da Teoría da medida, que ata hai dous meses estaba completamente baleiro. Polo que me parece entender, e vin noutras wikis, estás centrando máis nos aspectos da Teoría da mediad no ámbito da Teoría da probabilidade. Estou tentando completar os artigos metendo os aspectos da Teoría da medida. Estou na fase de procurar referencias e organizar para que todo encaixe.
Se che parece ben ese enfoque agradezo todo o que poidas conseguir: referencias, bibliografía, ligazóns externas, organización do artigo.
Atentamente: Andresv.63 (conversa) 19 de agosto de 2024 ás 13:12 (UTC)
- Boas @Andresv.63, graciñas a ti por revisar estes artigos. A continuación escribo bibliografía relacionada coa Teoría da medida, aínda que eu persoalmente non consultei ningún dos textos. Atopeinos como bibliografía básica dos cursos de Teoría da medida de diferentes universidades:
- Bartle, R.G.: "The elements of integration and Lebesgue Measure". Ed. Wisley. 1995.
- Del Castillo, F.: "Análisis Matemático II". Ed. Alhambra. 1987.
- Cohn D. L., Measure Theory, Editorial Birkhauser, 2013.
- de Barra, G.; Measure Theory and Integration; John Wiley, 1981.
- Evans Gariepy, Measure Theory and fine properties of functions, Editorial Chapman and Hall, 2015.
- Stein E. M. y Shakarchi R., Real Analysis: Measure Theory, Integration, and Hilbert Spaces, Editorial Princeton University Press, 2005.
- Agradezo calquera suxerencia respecto á creación e edición axeitada de artigos. Atentamente: PAMatematicas (conversa) 19 de agosto de 2024 ás 16:26 (UTC)
- Boas outra vez, @PAMatematicas, estupendo a bibliografía.
- Isto que che vou recomendar non sei se serve dalgo, o que sei é que para as/os que estades a estudar isto quita moito tempo.
- Dígoche como fago eu:
- sempre traduzo coa ferramenta da wikipedia (facelo desde cero é dificilísimo). Traduzo desde o inglés preferentemente, e despois desde o francés, español ou portugués (por esa orde). Ás veces despois do global en inglés, meto algo que me resulte interesante das outras. E se teño algo interesante que sei por outras fontes pois tamén o meto. Mais normalmente non dá tempo a tanto e en galego faltan moitas páxinas básicas que son necesarias antes que iso. Aínda que de vez en cando gusto de meter as miñas preferencias.
- Hai certos formalismos para a galipedia, eu fago os básicos: introdución, materia correspondente, e estrutura final que ten que ser estándar (está anotada na páxina do concurso da USC)
- A ferramenta de tradución mete erros que hai que corrixir (tamén algún típico anotado na páxina do concurso da USC)
- Hai que meter o de control de autoridades, despois ir a el e meter nome da páxina e descrición
- Hai que meter ligazóns a outras páxinas da galipedia. Isto faino moi ben o tradutor porque se existe a páxina en galego xa mete o título correcto e só tes que mudar (ás veces) a descrición externa.
- As referencias son moi importantes e o tradutor faino fatal !!! É o que máis tempo leva.
- Evidentemente hai que tentar que o contido sexa correcto, mais debido aos poucos recursos e pouco tempo por desgraza métense erros bastante gordos (teño pillado erros nas de inglés e iso que hai centos de persoas ollando, así que nas nosas ...). Por sorte o tradutor o das fórmulas faino moi ben. Só hai que ter coidado cando non se traduce enteiro ou cando non sei fai a tradución de vez e se garda para outro día. Aí monta un lío do demo.
- Hai que ter de man o dicionario da RAG e o bUSCatermos, unha boa axudiña tamén é nas referencias da propia páxina saltar ao inglés e despois se está en galego solucionado !! xa temos a terminoloxía correcta. Se non está en galego e non está no busCatermos hai que ver entre portugués, español e restos de linguas latinas cal sería unha terminoloxía axeitada para o galego.
- Hai un trebello que marca en marrón as faltas de ortografía (moi útil). A páxina de trebellos non me lembro agora onde está, só hai que ir a ela e activalo.
- E seguro que se me escapa algunha cousa, moito choio para as/os que necesitades todo o tempo para estudar.
- Atentamente, Andrés. Andresv.63 (conversa) 19 de agosto de 2024 ás 20:29 (UTC)
- Boas @PAMatematicas, dúas cousas máis que me esquecín
- 10. Meterlle unha categoría (se a categoría non está definida, creala ou asignalo a outra xerarquicamente por enriba)
- 11. Se consigo incluír un exemplo con números (sobretodo en álxebra abstracta ou outros artigos onde non os hai) pois perfeito.
- Atentamente, Andresv.63 (conversa) 20 de agosto de 2024 ás 09:36 (UTC)