Conversa:O Barón
Untitled
[editar a fonte]Por favor. Informadevos antes de escribir. A nosa aldea nunca se chamou Baron, senon Varon. Revisade o AHP, investigade en Oseira, ou revisade os arquivos da Diocesis. Tampouco e San Fiz, senón San Felix, ainda que algun/alguen non o considere politicamente correcto. O feito de que alguen escribira algún dia Baron ou San Fiz non deixa de ser anecdótico. Daquela cometianse moitas faltas de ortografía (a verdade e que non estaba moi definida). No voso afan de galeguizalo todo conseguides o mesmo que cando se pretendeu castelanizar todo ... auténticas aberracions linguisticas e toponímicas. Galeguizar non e traducir. Son natural do Varón e entenderedes que me cabrée. Pronto habedes de ter a vosa disposición a páxina web AUTENTIKA do Varón na Wikipedia. Entretanto si queredes matizar algo podedesme contactar en correoparaaltas@gmail.com. Un saudo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.56.242.37 (conversa • contribucións) 16:32, 23 de maio de 2011
Usuario anónimo, non te alporices, e presume a boa fe dos usuarios que traballaron no artigo. Eles baseáronse en algunhas referencias acreditadas.
Imos ver. Segundo o nomenclator oficial, que é o que empregamos habitualmente, 1 e 2, é O Barón (San Fiz).
A Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada di: "Concello da provincia e diocese de Ourense que pertence á comarca e ó partido xudicial do Carballiño. Está situado no cuadrante noroeste de Ourense e limita cos municipios do Carballiño e Maside, polo norte; Cenlle, polo sur; Punxín, polo leste; e Leiro, polo oeste. A súa extensión é de 28,9 quilómetros cadrados, un espazo no que habitan 1.355 persoas (2005) agrupadas nas parroquias de Anllo (Santiago), Beariz (San Martiño), Eiras (Santa Ouxea), Grixoa (Santa María das Neves), Las (San Cibrao), Navío (San Fiz) e Salamonde (Santa María) e nos lugares de Cabana e Souto, adscritos á freguesía do Barón (San Fiz), cuxa igrexa parroquial se atopa no Carballiño. A capital municipal, San Amaro (Beariz), dista 31 quilómetros da cidade de Ourense." (negras engadidas).
É VARON (SAN FIZ) San Amaro; VARON (SAN FELIX) O Carballiño e VARON (O) O Carballiño segundo o Instituto Nacional de Estatística [1].
Segundo a diocese de Ourense é VARÓN, San Fiz [2].
Por último, segundo o concello do Carballiño é O Varón [3].
Xa ves, citando so cinco fontes "serias" temos unha chea de versións, con artigo, sen artigo, con b, con v, con til, sen til, con Felix, con Fiz e todas as combinacións posibles das anteriores...!
Podes citar ti algunha referencia acreditada máis? Ten en conta que a wikipedia non é fonte primaria e sempre ten que achegar as fontes--. HombreDHojalata.conversa 21:36, 23 de maio de 2011 (UTC)
- HombreDHojalata, que che parece se pasas a unha nota ao pé isto que comentas das referencias con V? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:49, 24 de maio de 2011 (UTC)
- Ok, fareino en breve--. HombreDHojalata.conversa 08:48, 25 de maio de 2011 (UTC)
Que millor que lle preguntar ó veciños? O primeiro que está claro e que o patrón é San Felix, anteriormente San Felice (nunca existiu o San Fiz no santoral). Partindo desta premisa, as versiós do San Fiz son meras traducciós puntuais do escritor de turno. En canto o Varón, a miña xeneración, a do meu pai, a do meu abó, a do meu bisabó, e hata onde temos coñecemento sempre foi con "V". Dito esto, son razós mais que suficientes para non admitir que catro lingüistas "oficiais" ou "advenedizos" nos veñan decir como se escribe o noso pobo de toda a vida. Pretender reinventar a historia (que non istoria) e algo temporal. As "modas" igual que veñen vanse. E xa está ben de asoballamento pseudo-galeguista. Referencias reais : Da Audiencia do Carballiño de 1849,1845,1847 (diversos Juizos), Testamentos, Escrituras de 1754, escrituras de 1821, Archivo Diocesano (libros de nacementos e difuntos. En calquer caso e ainda que no seculo XIII no AHP de Ourense aparecen acepciós coma Barón, Baroon, Baraon, tamen aparece Palentia (Palencia), Toleto (Toledo), Seragoza (Zaragoza)ou Gallecia (Galicia) sin que eso implique nada mais que o uso temporal do citado nome. Hai que coller os datos no seu contexto histórico po lo que si dende 300 anos a miña aldea e San Felix de Varón, asi debe seguir sendo. Non so iso; o perxuizo que se lles causa ós veciños e propio de Juzgado de Garda. No ano 2009 houbo un accidente. Un veciño chamou ó 061 para que mandaran o helicóptero. O famoso helicóptero fartouse de dar voltas e non apareceu, porque o veciño dixo San Felix de Varon, e ise nome non viña no "famoso" nomenclator" da Xunta. ¿A quen hai que culpar por iso?. Por certo que o accidentado falleceu. En cantos lugares da nosa Galicia pasará a mesma historia?. E penoso que os nosos gobernantes en lugar de traballar para millorar o pais se dediquen a "tocarlle" o birimbau ós veciños. O único que ocasionan son confusiós para nos e para o futuro. Por certo "HombreDHojalata" a excusa da boa fé e a que permite cometer a maiores aberraciós. Por ise motivo non escribo sobre o que descoñezo, ainda que según ti podería facelo de boa fé. O correo particular xa o puxen no anterior post.—o anterior comentario sen asinar foi feito por El Duende Poliglota (conversa • contribucións)
- El Duende Poliglota, as páxinas de conversa non son un foro. --Atobar (conversa comigo) 14:06, 26 de maio de 2011 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 3 ligazóns externas en O Barón. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20060513204121/http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=2&con=199&par=2406 á ligazón http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=2&con=199&par=2406
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20051122135244/http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=2&con=250&par=2899 á ligazón http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=2&con=250&par=2899
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.egu.es/egu/Html/index.php?op=ver&id=17594&pantalla=efemeride - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20110716013133/http://carballino.org/contenido.asp?id=103 á ligazón http://www.carballino.org/contenido.asp?id=103
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 08:12 (UTC)