O Barón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Barón.
O Barón | |
---|---|
Igrexa de San Fiz. | |
Diocese: | Ourense |
Arciprestado: | O Carballiño |
Área: | - km² |
Poboación: | 66 hab. (2014) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 14 |
San Fiz do Barón, ou San Fiz do Varón,[1] é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado do Carballiño, na diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o do Carballiño e o de San Amaro. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 66 habitantes, deles 31 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.
Pertencen ao concello do Carballiño os lugares do Barón Pequeno, Bifós, Cabana, O Campo, Cima de Vila, Covela, Elfe, Fonteantiga, Lodeiro, Sarandín, Souto e A Veiga; e ao concello de San Amaro os de Cabana e Souto.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Fiz.
-
Antigo lagar en San Fiz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Barón segundo o nomenclator oficial da Xunta (1 Arquivado 13 de maio de 2006 en Wayback Machine. e 2 Arquivado 22 de novembro de 2005 en Wayback Machine.) e outras fontes coma a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ou a Enciclopedia Galega Universal (Entrada), e O Varón segundo fontes coma a diocese de Ourense ou o concello do Carballiño Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine..