Conversa:Selección de fútbol de Galicia
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Creo que por homoxeinización deberíamos mover a páxina a Selección nacional de fútbol de Galicia.--AlberteSi, digame? 15:15, 12 xullo 2006 (UTC)
- Ademais o seu primeiro partido non foi ese, xa que a selección galega existiu xa nos anos 20.
Aviso de CommonsTicker
[editar a fonte]As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.
Hautala engadiu o marcador de borrado No source since en Image:Ball2.png: {{subst:nsd}}(diff);
-- CommonsTicker 18:13, 28 febreiro 2007 (UTC)
A equipación suplente
[editar a fonte]En verdade a equipación suplente é toda negra? Ou é simplesmente negra na imaxe por que non ten equipación suplente?
Problema cos modelos das selección de cada ano
[editar a fonte]Por favor, cómpre mudar os modelos cos xogadores que conformaron en cada partido a selección pois Pablo Álvarez Núñez aparece como Paulo Álvarez, co que non ten unha ligazón cara a entrada de Pablo Álvarez Núñez, que sería o que correspondería... non sei se hai máis erros destes, habería que investigalo. Grazas.
Sobre os nomes dos xogadores...
[editar a fonte]Prevert: sinto o da pregunta fóra de sitio...
Sen ánimo de polemizar, o tema é que desde a miña perspectiva non ten sentido que se galeguicen os nomes dos xogadores cando teñen un nome noutra lingua (de Pablo a Paulo, de William a Guillerme, de Jonathan a "Iónatan"?¿) máis que nada, e sen ir a cuestións de fondo, porque se na wikipedia aparece unha entrada que é "Pablo Álvarez" se no artigo aparece "Paulo Álvarez" as ligazóns internas non nos levarían até a páxina deste xogador e, se cadra, esa páxina podería ser do interese do lector ou, pode dar pé á duplicación de entradas: "Pablo Álvarez" Vs. "Paulo Álvarez". Non sei se consigo explicar os problemas aos que dá pé esta práctica de galeguizar os nomes de persoas que teñen un único nome (hahaha ;) como Josep Lluis Carod Rovira).
Xa se se quer polemizar ou debater indo a cuestións "teóricas" máis de fondo a miña postura é que en xeral, os nomes propios, de persoas, vilas, cidades, etc., non deben ser transformados ao seren utilizados en distintas linguas (ben sei que hai certas excepción nas que comunmente se acepta, tipo nomes de monarcas, mais como práctica xeral coido que non é a axeitada). Poderíase argumentar que os nomes de persoeiros galegos poden ser galeguizados por canto son galegos, mais tampouco creo que sexa correcto, se esas persoas queren ter o nome en galego que se galeguicen o nome (ben oficialmente mudándoo no rexistro ou onde corresponda, ben facéndose coñecer publicamente co nome en galego), mais se non fan nada por teren o nome en galego será porque o queren ter en castelán ou na lingua que for e da mesma maneira que eu non soporto que castelanicen o meu nome, tampouco me gusta mudarlle o nome a outras persoas. Non sei se dou expresado ben o que penso... non sei se galeguizamos nomes tamén apelidos? "Camilo Xosé Cela", "Outeiro Pedraio", "Arsenio Igrexas", "Xulio Igrexas"?--83.44.221.246 08:43, 18 setembro 2009 (UTC)
- Na Galipedia respectamos os nomes das persoas, así que a cuestión non ía no sentido de galeguizar ou non, a cuestión é se os nomes que había escritos eran correctos ou non, se son de uso común e se as propias persoas os utilizan ou eran incorrectos e en cada caso porque motivos (evidentemente non me refiro a que no DNI poña un nome ou outro). Unha vez determinado iso todas as referencias ao nome teñen que ser iguais independentemente da páxina que sexa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:53, 18 setembro 2009 (UTC)
(Escribín esta mensaxe en paralelo á de Prevert, síntoo).
Ola, 83.44.21.246. As pautas a ese respecto son bastante claras. Non se traducen os nomes de ninguén, agás nos casos que antes mencionaches de monarcas, etc. Pero a política que se usa na wikipedia é que se empregan os nomes usuais das persoas, e non os seus nomes de carné, de difícil se non imposible comprobación. O problema xorde cando hai persoas que se chaman alternativamente Alberte Núñez Feijoo e Alberto Núñez Feijoo, dependendo de onde asinen ou de que medio os referencie. nese caso o que se fai é:
- se existe un desequilibrio (unha das formas é máis frecuente cá outra), a frecuente queda de artigo principal e a menos frecuente de redirección.
- se existe un balance entre as dúas, queda de artigo principal a que chegue antes, e de redirección a que chegue despois.
No caso de Piscu e Pablo Álvarez, foi primeira a referencia nos artigos da selección galega, e posterior a dos seus artigos de seu. Ora ben, eu non teño coñecementos nin manexo fontes que me digan se na Radio Galega din máis veces Paulo Álvarez ou Pablo Álvarez. Con respecto a Piscu, o problema é outro, quizais máis complexo ou quizais máis simple, pero probablemente habería que redireccionalo a Piscu e non a Adrián. Non seis e hai fontes que recollan Hadrián, pero en calquera caso, non nos valerían nin os medios radiofónicos nin televisivos, ;)
En calquera caso, non é unha conspiración nin un vandalismo. Pode ser un erro puntual (non se miraron as fontes axeitadas) ou que simplemente estea correcto. --Xabier Cid Conversa 08:57, 18 setembro 2009 (UTC)
- Xabier Cid, explicouno mellor ca min. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:10, 18 setembro 2009 (UTC)
- ok, ok, grazas aos dous polas aclaracións sobre as políticas que se seguen con respecto aos nomes. Creo que agora xa o entendo. Entón coido que as edición que fixen foron correctas, hai numerosos artigos deportivos, páxinas webs, etc. nas que son utilizados os nomes de Pablo Álvarez e demais. No caso de Adrián está claro que sen "H", ese é o seu nome, aínda que o do alcume xa é máis problemático, hai varios artigos (non me pidades que os referencie porque vai ti a saber onde andarán eses artigos...) que falan de que a Adrián non lle gusta ese alcume de "Piscu" e que por iso quere que na súa camisola apareza mellor o seu nome. Con respecto ao DNI non me refería a que se no seu DNI aparece un nome sexa ese o que se use, referíame a que o nome que aparece nas documentacións oficiais soe ser un bo indicador da preferencia por unha escolla do nome en galego ou en castelán pero que non sempre é así (eu no meu carné teño o nome en castelán pero sempre uso a forma en galego). Tampouco estaba acusando de vandalismo, sinto que se entendese desa maneira, tan só tentaba sinalar o que eu entendo que foi un erro grave de edición como os moitos que eu teño con total certeza (como a pregunta fóra de lugar que fixen, ou as múltiples faltas de ortografía que meto cada dúas liñas). Saúdos--83.44.221.246 09:14, 18 setembro 2009 (UTC)
- Supoño que agora o mellor é esperar a que interveñan outros compañeiros por se teñen máis datos sobre o tema e se finalmente o conxunto das referencias avala o cambio ben feito está. Grazas polas aclaracións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:35, 18 setembro 2009 (UTC)
Sinto insistir no tema... hoxe volvín comprobar como días atrás Pablo Álvarez voltou a ser rebautizado coma "Paulo" Álvarez. Repito que tanto nas súas camisolas coma na prensa o nome utilizado para se referir a el é o de "Pablo". A min tamén me gustaría que galeguizase o seu nome, pero o certo é que non o fixo. Ademais non entendo esa fixación con galeguizar o nome de Pablo e non o de "Borxa" Oubiña, por exemplo.--81.39.102.157 07:31, 29 setembro 2009 (UTC)
- Cando dis a prensa, refíreste á prensa en castelán ou en galego, ese é un detalle importante, en A Nosa Terra si se refiren a el, cando menos ás veces, como Paulo Álvarez, aínda así neste caso eu inclinaríame máis por Pablo, é o nome que utiliza el e a maioría da prensa en galego: Galicia Hoxe [1], Vieiros [2], Galiciaé [3].--RNC 13:56, 29 setembro 2009 (UTC)
- Substituín o de Paulo por Pablo en base ao debate que aparece aquí arriba no que eu entendo que hai consenso en en respetar os nomes dos xogadores e non traducilos, así que non vexo razón para que o que revertiu o cambio poña isto:
Isto xa se discutira no seu momento, e mantivérase Paulo, como forma alternativa.
Non sei se isto se debateu noutro lugar, se foi así sinto o equívoco.--83.36.170.54 20:44, 21 de xuño de 2010 (UTC)
- Eu saquei a mesma conclusión, sería boa idea aclarar esta cuestión. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:47, 21 de xuño de 2010 (UTC)
Oquei, tento facer un resumo, pero a explicación anterior miña, de setembro, creo que estaba clara. Hai determinadas persoas, e nisto os xogadores de fútbol son bastante paradigmáticos, en que se empregan dúas variantes do mesmo nome, unha galega e outra española, pra referirse a el. Ou actores, como Martiño e Martín Rivas. E para iso temos que facer dous niveis de distinción:
- O nivel do artigo. E aquí copio o de antes: "se existe un desequilibrio (unha das formas é máis frecuente cá outra), a frecuente queda de artigo principal e a menos frecuente de redirección. Se existe un balance entre as dúas, queda de artigo principal a que chegue antes, e de redirección a que chegue despois". Neste caso, ao parecer, debe haber un claro desequilibrio entre as dúas formas, e debe empregarse máis veces "Pablo" ca "Paulo", e por iso o artigo é Pablo Álvarez e Paulo Álvarez é unha redirección. A ninguén supoño que se lle escapa que é difícil de calcular esa predominancia e que existen factores politicos ou de libro de estilo que poden inclinar a balanza cara a un lado ou cara ao outro. Pero iso agora non é o que nos ocupa.
- O nivel da referencia. Isto dito ata o de agora non quere dicir que o termo Paulo Álvarez deba ser erradicado. É un nome posible (redirección, iso si, pero posible), e debe seguirse o criterio do primeiro editor en artigos como este.
--Xabier Cid Conversa 23:04, 21 de xuño de 2010 (UTC)
Vale. Para min agora xa está claro. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 23:46, 21 de xuño de 2010 (UTC)
Vale para min tamén. Entendo, aínda que non comparto pero se ese é o consenso, é o que hai. Entendería que se mantivese a forma "Paulo" se estivese abondo documentada e extendida no seu uso aínda sendo menos utilizada que a outra, mais o caso é que non se aportaron referencias do suposto uso de "Paulo" (só se falou dun xornal no que se empregara a forma "Paulo", e tampouco sabemos polos datos ofrecidos se é a única forma do nome utilizada ou se conviven as dúas, ou se unha predomina sobre a outra). Saúdos --83.36.170.54 08:04, 22 de xuño de 2010 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Selección de fútbol de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20150924045113/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108436&presentacion=pagina&posicion=2 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108436&presentacion=pagina&posicion=2
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 03:49 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 17 ligazóns externas en Selección de fútbol de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/03/03/5599293.shtml - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306163138/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106739&presentacion=pagina&posicion=2 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106739&presentacion=pagina&posicion=2
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160416180843/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=2 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=2
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306162731/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=3 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=3
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306155931/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106747&presentacion=pagina&posicion=3 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106747&presentacion=pagina&posicion=3
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306000421/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106828&presentacion=pagina&posicion=3 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106828&presentacion=pagina&posicion=3
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20171017094940/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=2 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=2
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20171017094943/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=3 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=3
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306075854/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108433&presentacion=pagina&posicion=2 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108433&presentacion=pagina&posicion=2
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306155639/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109287&presentacion=pagina&posicion=6 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109287&presentacion=pagina&posicion=6
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306075408/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109288&posicion=8&presentacion=pagina á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109288&posicion=8&presentacion=pagina
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306080526/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109289&presentacion=pagina&posicion=6 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109289&presentacion=pagina&posicion=6
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306000641/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109291&presentacion=pagina&posicion=8 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109291&presentacion=pagina&posicion=8
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306000053/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109329&presentacion=pagina&posicion=6 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109329&presentacion=pagina&posicion=6
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306000406/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109330&presentacion=pagina&posicion=8 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1109330&presentacion=pagina&posicion=8
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160305235819/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110307&presentacion=pagina&posicion=4 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1110307&presentacion=pagina&posicion=4
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160306001157/http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1124825&presentacion=pagina&posicion=3 á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1124825&presentacion=pagina&posicion=3
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160105140411/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/08/4051623.shtml á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/08/4051623.shtml
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106746&presentacion=pagina&posicion=3 - Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106753&presentacion=pagina&posicion=5 - Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/10/11/4151221.shtml
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 11:36 (UTC)
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)
[editar a fonte]Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
- http://futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=17541&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289 co erro
- http://futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=17514&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289 co erro
- http://web.archive.org/web/20160305074427/http://www.canaldeportivo.com/tiendaold/deporsport/contenido/2010/04/05/18/3 co erro
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 00:19 (UTC)