Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Artigos de calidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots


Esta é a páxina de conversa acerca dos artigos de calidade.
Para propor novos artigos de calidade ou para votar as propostas actuais, utilice as ligazóns que hai á dereita.

Resulta un pouco incrible ler que "nestes intres hai 0 artigos destacados dun número total de 58.482 artigos existentes na Galipedia". Para que existe esta sección lo? Xoacas(de laranxa) 14:38, 5 de maio de 2010 (UTC)

Pódense propor artigos. Se ti pensas que hai algún que cumpra os requirimentos, entón adiante coa proposta, algún seguro que hai, aínda que sempre é bo, por completo que sexa botarlle unha visual para presentalo en inmellorables condicións. --Alberte Si, dígame? 15:10, 5 de maio de 2010 (UTC)

Identificación do artigo de calidade

[editar a fonte]

Creo que a estreliña marela que marca os artigos de calidade pasa desapercibida, por ser pequena de máis e quizais pola súa colocación. ¿Pódese probar con outros tamaños e outras colocacións, por exemplo, a seguir do título? Pedro --Lameiro (conversa) 09:24, 24 de xullo de 2010 (UTC)


A min paréceme ben como está (é so a miña opinión persoal). Os artigos están visiblemente marcados, categorízados, relacionados na páxina correspondente, enlazados como tal dende as outras wikis...

E noutras linguas tampouco lle poñen ningún cartelón ós seus:

etc, etc

Penso eu que o importante é o contido do artigo, non a clasificación de calidade que lle demos nun momento dado --. HombreDHojalata.conversa 09:48, 24 de xullo de 2010 (UTC)

Concordo con HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 12:34, 24 de xullo de 2010 (UTC)
  • A min paréceme ben como está. Ademais, évos ben grande. O único é que perdeu a colocación ao se actualizar a interface; estou intentando amañalo. --Toliño Fala aquí comigo 17:09, 24 de xullo de 2010 (UTC)
    • Entón igual é cousa da resolución da miña pantalla, ou de valoracións diferentes do que é grande/pequeno. De punta a punta da estreliña mídeme uns 6 mm; tamén vexo moi pequeniñas as estreliñas ou medallas dos artigos doutras wikis que deu HombreDHojalata. Pedro --Lameiro (conversa) 18:55, 24 de xullo de 2010 (UTC)

Boas, acabo de consultar os artigos de calidade e non me sae a estreliña dos por ningures, ¿son eu só ou é que desapareceron dalgún xeito?. Saúdos, --Elisardojm 10:32, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Seguro? A min aparécenme nos 3 artigos. Están á dereita, na mesma liña ca o título. --Toliño Fala aquí comigo 10:45, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Confirmo: eu tamén as vexo. --Atobar (conversa comigo) 10:51, 2 de setembro de 2010 (UTC)
A min aparéceme a estreliña ao activar as novas características; Co formato antigo da wikipedia (o que utilizo xeralmente) non me aparece. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:54, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Pois entón será algunha historia da miña configuración ou do navegador porque a min non me saen. Boeno, xa mirarei a ver si atopo algo. Graciñas polas respostas e saúdos, --Elisardojm 10:59, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Outra pregunta a ver si é por iso, ¿vos usades o monobook ou outro?. Saúdos, --Elisardojm 11:05, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Feito! Arranxado. Despois de argallar un chisco, xa funciona ben para Monobook e Vector. Limpade a memoria caché (normalmente premendo Ctrl+F5 na páxina) e xa aparecerá a estreliña. --Toliño Fala aquí comigo 11:34, 2 de setembro de 2010 (UTC)
¡¡Ahí lle diches Toliño!!, era xusto ahí!! ;). Agora xa saen as estrelas todas, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm 11:48, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Simplificar o índice baleiro

[editar a fonte]

Propoño unha simplificación do deseño desta páxina. Ó meu entender un pouco pretensioso. Retirando todos os debuxiños de cores e cabezallos de temas, a maioría deles baleiros, que non levan a nada.

A Galipedia vai cumprindo anos e seguimos sen ter necesidade desa división dos artigos de calidade por temas.

Prevemos ter nun futuro próximo un artigo de calidade en "dereito"? ou en "relixión e mitoloxía"?

O artigo Lugo debe ir dentro de "Galicia", e porque non dentro de "Xeografía" ou de "Historia"? Poñémolo tres veces?

Porque eses 16 temas e non outros? A min parécenme moi arbitrarios.

Castelao ten que ir en "biografías" ou en "política" ou en "arte" ou en "Galicia"? O mesmo para Piñeiro.

Hai algún artigo que poida ir no futuro en "astrofísica" e non teña que ir en "ciencias exactas"?

O deseño orixinal fíxose por Alberte no ano 2007 e estaba destinado a se encher co que despois pasamos a chamar os artigos destacados da portada. Finalmente usouse para os de calidade, pero o deseño non se axustou ás novas necesidades.

Eu deixaría, sinxelamente, unha listaxe corrida cara ás ligazóns internas dós artigos de calidade. Si se quere cun tamaño de letra mais grande do habitual--. HombreDHojalata.conversa 16:31, 28 de abril de 2011 (UTC)

  • Concordo --Atobar (conversa comigo) 18:17, 28 de abril de 2011 (UTC)
  • Penso que debe seguir habendo unha división por temas dos artigos de calidade, non importa que agora se quede grande, quizabes no futuro poida ir enchéndose. O que si estou de acordo é cunha reformulación dos temas, simplificándoos nun menor número. --Alberte Si, dígame? 21:09, 28 de abril de 2011 (UTC)

Política

[editar a fonte]

Penso que hai máis símbolos ca unha estrela vermella, claramente alusoria a unha ideoloxía de esquerda/comunista, para referirnos a este campo. Habería que cambialo, posto que alguen pode sentirse ofendido. Ademáis que como dí na licenza da mesma imaxe :

Legal disclaimer: This image contains symbols which use of may be illegal in Hungary (Hungarian Criminal Code 269/B.§ 1993), Latvia, Lithuania and Poland, depending on context.

E a caixa que o contén ten o título de Template:Communist symbol

Saúdos.--173.245.64.135 18:23, 7 de abril de 2012 (UTC)

Creo que ten razón. Podemos usar este que non queda tan ideoloxico. ¿Qué pensades? Un saúdo
.--AMPERIO (conversa) 15:30, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 19:20, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo--. HombreDHojalata.conversa 19:58, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:24, 9 de novembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 13:16, 9 de novembro de 2012 (UTC)

Sempre andamos poñendo e quitando negras. Notade que a páxina di "Os artigos que foron destacados na Portada aparecen en negra."

Propoño eliminar esa liña y poñer todos en negra e xa está. Total, realmente que utilidade ten?--. HombreDHojalata.conversa 12:22, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Neutro. Éme igual, sinceramente. --Toliño Fala aquí comigo 19:21, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo. Non ten utilidade ningunha e só fai confundir. --Paradanta (Cóntame) 20:39, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:24, 9 de novembro de 2012 (UTC)
Concordo --Elisardojm (conversa) 10:46, 9 de novembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 13:16, 9 de novembro de 2012 (UTC)

Sobre os artigos

[editar a fonte]

Habería que ter coidado cos artigos de calidade sobre países e cidades. Así como o de Lugo está actualizado no 2013, os datos de poboación... que aparecen no artigo de Alemaña son do 2009. --83.43.15.61 24 de febreiro de 2014 ás 16:22 (UTC)[responder]

Choiva de estrelas

[editar a fonte]

É necesario poñer tantas estrelas na páxina? Eu eliminaría a que puxo Banjo na esquina superior dereita, creo que non ten moito sentido poñela, xa aparece a estrela no cadro no que fala dos artigos de calidade, para min son demasiadas estrelas. E nos aritos bos igual. Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de abril de 2016 ás 17:46 (UTC)[responder]

Si, eu tamén creo que non fai falta, xa está no comezo do artigo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2016 ás 19:26 (UTC)[responder]