Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Incompatibilidades coa administración

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Opinión personalísima dun forofo de Miguel.lima: Empezas moi ben este texto, pero vas perdendo pouco e pouco contundencia... Este é un tema complexo, que require que miremos e comparemos información. A estrutura está ben, pero quizais é un texto demasiado persoal como pra poñerme a editar por riba, particularmente nos bloques 2 e 3. Lereino de novo á noite, a ver como quedou todo. --Xabier Cid 12:18, 26 marzo 2008 (UTC)

Acepto a proposta de Xabier, que me parece oportuna. Redacteino con bastante prisa, e quizáis merecese unha revisión máis pausada da que fixen. Mañá dareille unha volta, e tentarei estructurar un texto máis neutro, e expor as miñas opinións como comentarios no apartado "debate" de cada votación. Sintoo, pero hoxe non xa non terei tempo. Saudos Miguel.lima 13:30, 26 marzo 2008 (UTC)
A votación debería facerse nunha páxina destinada á votación. Vexo que polo de agora non está o texto afinado todavía, así que cando consideredes que está preparado para a votación hai que crear esa páxina. AlberteSi, digame? 15:38, 26 marzo 2008 (UTC)

Agora xa temos unha versión coa que creo que podemos comezar a traballar. O primeiro texto fixeno con moi boa intención, pero tiña bastantes eivas para ser un bó punto de partida, que intentei correxir:

  • Mudei a parte da redacción que estaba en primeira persoa.
  • Cambie dúbidas por afirmacións.
  • Movín as consideracións persoais para a parte do debate.
  • Retirei o que sería a votación en sí. Como ben me lembrou Xabier Cid, non debería abrir unha votación sin antes acordar entre todos que opcións votaremos. É máis, deberiamos tentar chegar primeiro a un consenso, e usar a votación como última opción. Concordo plenamente. E como ben sinala Alberte, no caso de que necesitemos recurrir á votación o que faremos será abrir unha páxina propia para cada unha delas.
  • Tamén se incluen agora aos editores, e non só aos administradores, partindo da base de que un administrador non é máis que un editor que pode fusionar historiais, borrar páxinas, e pouco máis, co cal deberíamos rexirnos polas mesmas normas. Miguel.lima 14:00, 27 marzo 2008 (UTC)
Grazas, Xabier, pola axuda na estructuración e redacción do novo texto. Miguel.lima 14:01, 27 marzo 2008 (UTC)
un administrador non é máis que un editor que pode fusionar historiais, borrar páxinas, e pouco máis ¿Pouco máis? As experiencias recentes e algunhas vellas reflicten que esta discusión xurde cando fan "algo máis": bloquear usuarios (e outros administradores). E engadiría máis: establecer "o que a wikipedia é" e "o que a wikipedia non é". E se digo isto non é porque estea en desacordo con que o fagan, senón para non olvidarnos dese "poder" (dito sexa sen acritú ningunha) que delegamos neles o resto dos usuarios. É dicir, que non son "pouco máis" que o resto dos simples usuarios. Son -e deben ser, creo eu- bastante máis. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 27 marzo 2008 (UTC)

Representación[editar a fonte]

Traio este fío á conversa pra non enguedellar toda a páxina principal do artigo. Creo que o que sinala Lmbuga é moi atinado na intención, pero que mestura dous conceptos moi distintos de "representación".

  • dunha banda, é evidente que todos, cando facemos actividades públicas (e editar nesta páxina da conversa éo) estamos trasladando unha imaxe. Unha imaxe que "representa"a wikipedia. Supoño que todos e todas as que temos algún tipo de compromiso social (pola promoción da bicicleta, do galego ou do evanxelismo) tentamos dar a nosa mellor imaxe cando se nos pode relacionar con esa idea que consideramos valiosa: os ciclistas comprometidos tentan non ir a toda velocidade polas zonas peonís, por exemplo. Por esa razón calquera usuario da wikipedia que sexa entrevistado nos medios (e iso ten que ocorrer algunhas veces) representa a wikipedia pero non fala en nome da wikipedia. E creo que ese é o matiz importante. Ese grao de representación é completamente inevitábel.
  • a representación é falar en nome da comunidade, e creo que iso non é necesario. E se cadra nin sequera posíbel.

Creo que o obxectivo é erradicar esta segunda opción, ou restrinxila só a cando exista un acordo previo da comunidade e limitado a uns puntos concretos, mentres que en referencia á primeira debemos optar por un código de boas prácticas. Aquí é onde pode recollerse como ten Amancio Ortega que responder se o entrevistan como usuario da wikipedia, e non (ao meu ver), como un requirimento previo que limite que Ortega poida ser usuario (ou administrador) da Galipedia. --Xabier Cid 20:11, 31 marzo 2008 (UTC)