Saltar ao contido

Conversa categoría:Corais polifónicos de Cataluña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Procurando as ligazóns interlingüísticas axeitadas para esta categoría nova, pregúntome pola pertinencia/necesidade dunha categorización tan específica.

¿Esperamos ter moitos artigos de corais polifónicas de Cataluña? Tantos que incluso hai que especificar "polífonicas" para diferencialas das que non o son? Por certo, cal é a diferencia?

E importante procurar manter, na medida do posible, unha estrutura similar de categorías entre as wikis en diferentes linguas e non facer categorías para meter un só artigo.

A única que atopo semellante é ca:Categoria:Corals de Catalunya. É equiparable con esta?--. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2014 ás 19:53 (UTC)[responder]

Eu non sei moito pero creo que son coros que cantan a varias voces pero tamén hai coros ao unísono, por exemplo os coros de monxes con repertorio de música gregoriana pero indo á pregunta creo que non é preciso especificar tanto e que con coros ou corais de Cataluña abonda pero supoño que o título se faría por analoxía coa categoría de Corais Polifónicas de Galicia (que por certo debería ser de se manter Corais polifónicas de Galicia, como de se manter esta habería ser Corais polifónicas de Cataluña, coas maiúsculas só onde correspondan).--Sernostri (conversa) 16 de abril de 2014 ás 20:46 (UTC)[responder]
Fun eu quen creou esta categoría. Creeina baseándome na existencia da Categoría:Corais Polifónicas de Galicia, imaxino que a pregunta de HombreDHojalata de ¿Esperamos ter moitos artigos de corais polifónicas de Cataluña? se pode aplicar ao caso das polifónicas galegas, de modo que por min se queredes borralas e xuntalas todas nunha soa categoría que recolla a toda España, por min perfecto. --AMPERIO (conversa) 17 de abril de 2014 ás 09:12 (UTC)[responder]
Non creo que deba desaparecer a categoría dedicada aos corais de Galicia, hai tres e é razoable pensar que facilmente se poderían crear máis artigos, en canto aos de Cataluña agora só hai un artigo pero tendo en conta que en Cataluña hai cando menos catro corais galegos[1] activos non sería raro que se creasen tamén, pero vaia é opinable que exista unha categoría con un só artigo, e se hai que borrala bórrase e se despois hai máis pois xa se creará. Por certo coral é masculino Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coral. polo de todos os xeitos hai que cambiarlle o nome ás categorías.--Sernostri (conversa) 17 de abril de 2014 ás 09:42 (UTC)[responder]