Saltar ao contido

Conversa usuario:Sernostri

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Sernostri!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2012 ás 00:46 (UTC)[responder]

Sernostri, boas tardes; a orde ditada polo Tribunal Internacional de Xustiza, é clara, é real. Non quero entrar en discusión, a edición por vostede apagada, borrada, será revertida, pois a orde do Tribunal Internacional de Xustiza é o que é, provén do un dos mais altos poderes xudiciais do mundo.--Cpls (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 14:05 (UTC)[responder]
Pídolle desculpas polo erro cometido. Grazas por mo indicar.--Cpls (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 21:50 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra wiki

[editar a fonte]

Ola Sernostri

Ten en conta que os textos de Wikipedia, en tódalas linguas, publícase baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desa licenza está o recoñecemento.

Quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikis, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

exemplo
exemplo


1.   A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ Creo a partir de lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués


2.   Alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}

No caso de que crees ti o artigo, debes citar de onde sacas os datos. Tes máis información sobre isto último en Wikipedia:Verificabilidade. Saúdos. --JaviP96 17 de marzo de 2013 ás 19:51 (UTC)[responder]

Categorías en Wikidata

[editar a fonte]

Ola Sernostri! Nesta edición dis que Wikidata non se usa para as categorías, pero si que se usa. Moitas categorías xa teñen os interwikis en Wikidata, e as outras importaranse proximamente. Incluso hai artigos, sobre todo os que teñen dous interwikis, contando o do propio artigo, que non están en Wikidata, a ver se algún bot os importa. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de marzo de 2013 ás 23:30 (UTC)[responder]

Sernostri, por favor, cando empregues {{Atención}}, non esquezas poñerlle o subst:, deste xeito: {{subst:Atención}}.

Moitas gracias. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2013 ás 08:12 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes

[editar a fonte]

Ola, Sernostri. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíuse o marcador {{Sen referencias}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 15 de xuño de 2013 ás 14:21 (UTC)[responder]

Metamorfoses

[editar a fonte]

Agora mellor?

Encárgate, por favor de revisar as "páxinas que ligan con esta" e as ligazóns interlingüísticas en Wikidata.

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2013 ás 13:59 (UTC)[responder]

Boa rapidez, agora me poño--Sernostri (conversa) 7 de xullo de 2013 ás 14:00 (UTC)[responder]

LibraryThing

[editar a fonte]

Ola Sernostri.

Estiven traducindo algo máis ao galego en LibraryThing e comezando a miña lista.

Tamén fixen o modelo {{Usuario biblioteca|nome_de_usuario_en_LibraryThing|texto adicional optativo}}

Este é un exemplo de uso:

{{Usuario biblioteca|HombreDHojalata|Tamén ten acceso á [[GEG]], á [[EGU]], á [[Encarta]] e á [[Britannica]].}}

...que da como resultado:

Anímaste a facer o artigo LibraryThing (en+10iw,s.)?--. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2013 ás 17:19 (UTC)[responder]

Colaboramos, sen salario, traducindo algunhas expresión da interface do inglés ao galego. Non vexo conflito de intereses neste caso.
O artigo pódese facer en base a traducir o en:LibraryThing. Faríao eu, pero seguro que ti tes máis nivel de inglés ca min. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2013 ás 22:00 (UTC)[responder]

Reversión

[editar a fonte]

Ola, Sernostri. Revertín a edición que ti revertiches. Se un fragmento ten unha mala redacción, ou algunhas palabras incorrectas, a solución axeitada é corrixir o texto, non suprimilo. Por exemplo, o lugar de nacemento, ou o feito de que fose farmacéutico e non médico, non tiña ningún problema. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xullo de 2013 ás 20:21 (UTC)[responder]

Ben, pero non se pode borrar contido doutros usuarios así como así, ;) Se non ten referencias, débeselle requirir referencias co marcador {{Cómpre referencia}}, e se está mal escrito, pois corrixilo ou marcalo para que outros o corrixan. Este, desde logo, non estaba tan mal escrito. Se a xente vén axudar, e neste caso a completar información dunha persoa da que se teñen moi poucos datos, deberiamos abrirlles os brazos máis ;) ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de xullo de 2013 ás 05:02 (UTC)[responder]

Ola, Sernostri; respecto á mensaxe que deixaches na conversa de Garda civil, podes poñerte en contacto coa RAG desde a súa propia web; á dereita tes un formulario para enviar preguntas ou suxesións. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de agosto de 2013 ás 10:45 (UTC)[responder]

Nueva España

[editar a fonte]

-> Conversa:Vicerreinado de Nueva España. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2013 ás 11:12 (UTC)[responder]

Guarnición/Gornición

[editar a fonte]

Púxeno porque no novo dicionario online da RAG "gornición" ven definido e "guarnición" simplemente redirixe a gornición, por iso supuxen que a RAG prefería o primeiro termo. Pero vamos, resultame igual cal das dúas figure no artigo. Saúdos! Adorian (conversa) 20 de setembro de 2013 ás 20:07 (UTC)[responder]

Cuestionario onomástica

[editar a fonte]

Ola, Sernostri! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:29 (UTC)[responder]

Nomes da realeza

[editar a fonte]

Se queres mira a Conversa:Juan de Borbón y Battenberg na que explica por que o nome está en castelán. No caso da súa dona e fillos (salvo Xoán Carlos) sucede o mesmo. --AMPERIO (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 16:45 (UTC)[responder]

Eu quedei igual de sorprendido ca ti... de feito creei o artigo co nome de Xoán de Borbón, e xa ves o que sucedeu. --AMPERIO (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 16:58 (UTC)[responder]

Sei o da s duplicada, foi un despiste. ¿tes algunha idea para arranxalo?, non sei si copiar de novo todo o artigo a unha nova referencia.--Suarez ruibal (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 21:07 (UTC)[responder]

Obrigado, é que ando un pouco oxidado--Suarez ruibal (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 21:44 (UTC)[responder]

Proposta de categorización

[editar a fonte]

Boas Sernostri! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:55 (UTC)[responder]

Cando poda lle boto un ollo. --Norrin_strange (Fala-me) 17 de febreiro de 2014 ás 07:37 (UTC)[responder]

Deixei unhas reflexións na páxina de conversa de Lumbricus terrestris e outras na páxina Ascaris lumbricoides.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 12:27 (UTC)[responder]

Si, creo que así como unha nota queda mellor. Ademais, eu pola miña parte engadín á páxina unha breve sección titulada "Nome común", onde indico os nomes que ten e a sinonimia, o que aclara e evita confusións e engado as referencias do DRAG. Igual en Ascaris lumbricoides.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 17:46 (UTC)[responder]

Nova Zelandia

[editar a fonte]

Xa quitei o de Nova Celandia do artigo, grazas por dar o aviso. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2014 ás 22:10 (UTC)[responder]

Percent-encoding

[editar a fonte]

Ola Sermostri.

Cando o software non te deixe ligar direccións que inclúen certos caracteres: (! # $ & ' ( ) * + , / : ; = ? @ [ ]) , podes amañalo substituílos polo percent-encoding.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2014 ás 10:09 (UTC)[responder]

Do Canada

[editar a fonte]

Si, si, tes toda a razón. Xa me decatara.

Desfixen todo o que mudara, porén queda moito traballo pendente. Olla Categoría:Canadá. --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]

Non, non, tiñas razón en reclamar. Primeiro fixen movementos para unificar (mal feitos) e despois decateime e desfixen. --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2014 ás 11:18 (UTC)[responder]

Homónimos

[editar a fonte]

Grazas, espero non estropear nada. Se lle podes botar unha ollada ao que acabei de facer e retocalo. Saúdos!--Loisteixeiro (conversa) 2 de marzo de 2014 ás 13:44 (UTC)[responder]

Grazas--Loisteixeiro (conversa) 2 de marzo de 2014 ás 14:10 (UTC)[responder]

Opinión

[editar a fonte]

Boas Sernostri! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:38 (UTC)[responder]

Sernostri, sería interesante que deses a túa opinión no debate aberto para cambiar a política de elección de administradores. Un saúdo, Pontevedra78·conversa 4 de marzo de 2014 ás 21:05 (UTC)[responder]

Pregunta

[editar a fonte]

Boas Sernostri. Como controlas do tema, quería facerche unha pregunta. Ás veces, como no caso dos nomes dos partidos, aludes á tradición de manter o nome orixinal en textos en galego. A miña pregunta é: cómo pódese buscar iso? No TILGa ou noutra base de datos? Pregúntoche porque penso que, de facelo como dis, deberíamos afastarnos do uso xornalístico, e buscar un uso académico. O problema é que o uso académico non é doado de pesquisar en Internet... Algunha suxerencia? (Aínda que non hai urxencia, imos antes cos nomes de persoas ;) ) --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:03 (UTC)[responder]

Transliteracións

[editar a fonte]

Boas Sernostri, tomei a libertade de pospor o que comentábamos das transliteracións (aínda que en Usuario:Norrin strange/WPS creei un esbozo) para centrarnos en Wikipedia:Nomes propios de persoas, que penso eu que xa está bastante aquelado, aínda que queda definir o das personaxes históricas. Apertas! --Norrin_strange (Fala-me) 10 de marzo de 2014 ás 14:20 (UTC)[responder]

En Wikipedia:Transliteracións comecei coa proposta. Estou comezando co cirílico. Anímaste co árabe? --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 11:46 (UTC)[responder]

RE:Uniforme

[editar a fonte]

Estiven buscando pero nada. A verdade é que eu teño moi claro que non son o mesmo, xa que o hábito non emprégase cando o relixioso está "nas súas funcións", senón que (en teoría) deberían levalo sempre. Esta é a primeira diferenza. Logo está o argumento histórico: os hábitos teñen a súa orixe en vestimentas comúns dos traballadores, é dicir, non significaban un "uniforme", senón unha renuncia ás modas, e por iso non evolucionaron. Porén, non teño fontes que digan iso, a verdade nunca o pensei... --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 08:05 (UTC)[responder]

A vestimenta que empregan os sacerdotes é o Clériman, os Hábitos son para os monxes. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 17:08 (UTC)[responder]

Uniformes

[editar a fonte]

Boas Sernostri! Na páxina da Armada Española, podes atopar un apartado sobre os uniformes dos oficiais, suboficiais e mariñeiros por se te serve de algo para o artigo que estas facendo. Uniformidad Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 17:06 (UTC)[responder]

RE: San Xosé

[editar a fonte]

É certo o que dis. O da referencia o engadín para clarificar ese punto, que é como ti comentas. Era un artesán. En canto á tradución galega da Biblia, eu non a teño, mais se ti a tes poderías engadir unha nota ou algo semellante. En calquera caso teño previsto crear un modelo "Cita biblia" en canto poda. --Norrin (Fálame) 20 de marzo de 2014 ás 07:43 (UTC)[responder]

A verdade é que esa foi sempre a miña impresión, pero non lembro ler nada que o confirmara. O refraneiro e o cantigueiro falan moitas vces do outono e só contadas veces de outubro, pero claro, non hai forma de saber se, por exemplo, A horta no outono mata ó seu dono ou As berzas no outono comen ó seu dono se refiren ó mes ou á estación do ano. Por iso, refráns deste tipo non están en Outubro na cultura popular galega.

Cómpre ter en conta que entre os vintetantos autores do Diccionario de Diccionarios, só dán a outono o significado de outubro Carré e Constantino González, mentres que para tódolos demais outono significa a terceira estación do ano. E aínda así, Constantino recolle para outono o significado de otoño en 22 localizacións fronte a 13 localizacións para outubro. É ben posible que todo isto sexa consecuencia da influencia do castelán, por suposto, pero non sei quen nin como podería referenciar estas ideas.

Respecto á túa frase no artigo outono, dúas observacións:

  1. ... mentres a estación denomínabase nos primeiros primavera de outono... ¿Que primeiros? Nesa frase boto en falta algo, non a entendo.
  2. Segundo Constantino González: primaveira/primavera de outono significa otoño en Pereiramá, Montederramo e Monterroso; e a primavera de outubre significa veranillo de San Martín en Curtis.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 23:22 (UTC)[responder]

Teixeiro

[editar a fonte]

Cometín un erro poñendo o nome de Estevoaei, por iso ocultei, pero xa está restaurado. Volvín a última versión feita antes dos cambios, como ti dis o artigo era difícil de coller. --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 19:21 (UTC)[responder]

Tape 407

[editar a fonte]

Grazas, eu vexo que me esquecín o repartimento jeje. Grazas por corrixirme a gramatica tambem. --Ravave (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:53 (UTC)[responder]

páxina sobre Curtis

[editar a fonte]

Ante todo educación:
Ola,
quero protestar pola "edición" que ti ves de facer na páxina de Curtis. Obviamente está errada de pe a pa:

De onde sacaches ti que os veciños recorreron os camiños (sic) para poñer nos carteis de Lurdes (sic) Curtis? Podes ofrecer algunha ligazon diso? Mentras a buscas e atopas podes ver esto -> http://www.flickr.com/photos/40251495@N04/8567711962/

Aí pon LOURDES. Nos carteis poñía LOURDES.

Agora xa podemos dar resposta a moitas das túas modificacións. Pois non, non existe Lurdes e non se chama así. En ningún lugar do pobo pon Lurdes. Curtis é un pobo non un Lugar e non se chama Lurdes. Hai dúas denominacións para a parroquia. A eclesiástica é Lourdes e a administrativa Lurdes. Ningunha das dúas ten uso sobre o terreo. En todo o pobo só podes ver o nome da igrexa: Lourdes. Así se chama. Non imos suprimir o que ti non entendes da wikipedia porque ti non o entendas. San Vicenzo de Curtis en Vilasantar Chámase así -> http://gl.wikipedia.org/wiki/San_Vicenzo_de_Curtis,_Vilasantar. E que existe outro curtis en Sobrado pono na páxina do concello de Curtis. Non pon onde negas ti esa ligazón.

Pouco máis podo engadir. Penso que a galipedia está suficientemente desprestixa por xente que non aporta e só ven quitar contidos e limitar os existentes. saúdos Nemigo 29 de marzo de 2014 ás 13:08 (UTC)[responder]

Boas Sernostri, ven ben engadir o que comentas. Só fixen un cambio, engadindo o modelo:outroshomónimos. Queda así: República Serbia. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 14:18 (UTC)[responder]

Eu, polo de agora, o deixaría. Non hai política sobre iso, mais podemos desenvolver unha (cando rematemos coas que temos) para partidos, sindicatos e demais. Qué che parece? --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Para serte moi, pero moi sincero, eu optaría por traducir sempre e a rañala. En xeral, penso eu que no ámbito académico téndese a traducir, non así no xornalístico. Excepcións hainas, e eu non me considero experto algún... non sei, a verdade e que o de "Bharatiya Janata" non di nada a un galego, mais tampouco o di "Eusko Alkartasuna"... Se non hai claridade, como che pete ;) Como curiosidade (que non fonte), aquí o empregan traducido. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 15:12 (UTC)[responder]
Podes botarlle unha ollada a isto? --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 06:14 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos

[editar a fonte]

Ola Sernostri.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2014 ás 11:54 (UTC)[responder]

Opinión

[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Xesús de Nararet

[editar a fonte]

Perdoa! Seica saltei demasiado pronto. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 16 de abril de 2014 ás 16:49 (UTC)[responder]

Boas Sernostri, como sabes estiven facendo o artigo de Xesús de Nazaret estes días, e imaxino que é un tema da túa interese polo que vexo. Como sei que ti sempre apareces nos temas da ortografía pídote axuda coa revisión da ortografía do artigo. So se tes tempo e ganas, non te sintas obrigado. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 16:34 (UTC)[responder]

Grazas! Polo marcador non te preocupes, o teño posto por que de cando en cando vexo algo que corrixir e o cambio, pero se queres cambiar algo faino aínda que estea o marcador. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 17:32 (UTC)[responder]

Ficha de Luís Martínez-Risco Daviña

[editar a fonte]

Olá, Sernostri, Quería consultarche a posibilidade de eliminar os vandalismos colocados na ficha de Luís Martínez-Risco Daviña o 9 de abril de 2014 do seu Historial, tal e como se tiña feito o 14 e o 22 de marzo de 2014: [1], tendo en conta a imaxe negativa para a Wikipedia que supón ter esas aportacións visibles se se entra no Historial.

Apertas grandes!

Ramiro Torres (conversa) 2 de maio de 2014 ás 07:30 (UTC)[responder]

RE:Mover páxinas

[editar a fonte]

Tes toda a razón; non me din conta. Grazas polo aviso. Krisko (conversa) 9 de maio de 2014 ás 16:16 (UTC)[responder]

Polonia no Festival de Eurovisión

[editar a fonte]
Polonia

[[Ficheiro:|150px]]

Estación membro TVP
Final nacional Krajowe Eliminacje
Aparicións 16
Primeira aparición 1994
Mellor resultado
Final 1994
Semifinal 2014
Peor resultado
Final 24º 2008
Semifinal 19º 2011
Ligazóns externas
Páxina en TVP
Páxina de Polonia en Eurovision.tv

Boas! Vin que fixeches o artigo de Polonia no Festival de Eurovisión, se queres podes engadir ao final do artigo o Modelo:Festival de Eurovisión no que aparece unha lista despregable cara o resto de países participantes no festival, así como edicións... Un saúdo!

Tamén está dispoñible o [[:Ficheiro:EuroPolonia.svg|ficheiro]] [[Ficheiro:EuroPolonia.svg|25px]], que engade o corazón coa bandeira do país. --AMPERIO (conversa) 12 de maio de 2014 ás 10:48 (UTC)[responder]
Ola de novo! Creei o Modelo:PaisesEurovision para engadir como caixa de información. O modelo é o mesmo que aparece na wikipedia en castelán, polo que podes copialo e modificar a cabeceira (que alí creo que é EurovisionCountries por PaisesEurovisión e traducir catro cousas máis ao galego). No uso do modelo aparecen explicados. --AMPERIO (conversa) 12 de maio de 2014 ás 15:35 (UTC)[responder]

Pois non che sei! Unha opción pode ser poñelos como en galería, tipo como aparece en España no Festival de Eurovisión, pero aparecen enriba da táboa das votacións. Sinto non poder axudarte.--AMPERIO (conversa) 12 de maio de 2014 ás 16:25 (UTC)[responder]

Boas Sernostri! Aceptarías, aínda que sei que non gustas moito dela, unha solución con parénteses? (País Vasco (3) e País Vasco (rexión histórica)). Dígoo polo último comentario de Xabier, no que falaba da neutralidade e demáis. Saúdos! --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 07:54 (UTC)[responder]

Home si, iso é verdade, mais estamos a falar sobre como nomear a un artigo, non creo que faga falta descender a eses detalles no título... En calquera caso, o mesmo artigo de Euskal Herria habería que reformalo co que ti comentas, con máis mapas lingüísticos e demográficos, etc. É como un (posíbel) artigo d'A Rioxa (rexión), que incluiría ás partes arabesa e navarra, amais da propia Rioxa. --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 14:09 (UTC)[responder]

Boas Sernostri. Andiven a tentar rematar con Wikipedia:Transliteracións, e só quédame o armenio... e o árabe! Podes engadilo xa que o tes feito? (Non vou traballar na páxina até mañá, non fagas caso do "En uso"). Moitas grazas! --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 15:30 (UTC)[responder]

RE: formas asentadas

[editar a fonte]

Certo, o engadirei. --Norrin (Fálame) 26 de maio de 2014 ás 15:38 (UTC)[responder]

A verdade é que non pensaba engadir o coreano, porque non tiven tempo de facelo... Poderías facelo ti? Xa o mirara, mais non saquei tempo. Se ti engades o que comentas (podemos prescindir da táboa e engadila máis adiante), cunha ligazón ao pé ao sistema que dis, chegaría. Grazas! Eu tardarei un pouco co armenio, é bastante difícil. --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 07:51 (UTC)[responder]
Engadçin un parágrafo sobre as formas asentadas, bótalle un ollo a ver qué te parece. Está ao final da sección inicial. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 12:33 (UTC)[responder]
Para os topónimos do norte empregaría o mesmo, de feito ninguén emprega a revisión da propia república. Eles empregan una revisión da antiga, non a empregan na súa totalidade. Optaría polo revisado e xa. --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:26 (UTC)[responder]
Votación da política

Boas! Comecei tamén un esquema para presentar a política a votación: Usuario:Norrin strange/WPS. Podes botarlle un ollo e comentamos, saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 14:16 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Xa se pode votar! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:05 (UTC)[responder]

Boston Bruins

[editar a fonte]

Boas Sernostri!! Vin que estás a traballar no artigi do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo deste ano, así que pregúntocho a ti. Estou a traballar no artigo dos Boston Bruins traducindo basicamente da wiki en francés (onde é artigo de calidade) e engadindo algo da wiki en inglés e algunha referencia máis. No artigo da wiki en francés o apartado de historia é moi extenso e pensei en facer un artigo para a franquía e outro para a súa historia, porén o meu francés é paupérrimo e creo que sería case imposible que dera traducido toda a sección de historia para o novo artigo nun tempo razonable e cunha calidade digna (unha cousa é o que teño feito xa e outra unha sección con tanto texto). A pregunta é, animaríaste a traducir toda a sección de historia da wiki en francés no artigo Historia dos Boston Bruins? A idea era presentar os dous artigos para calidade, pero antes tamén habería que pasar o corrector ao que fixen. Como vas de francés? Anímaste? Unha aperta!!! --Piquito (conversa) 28 de maio de 2014 ás 15:50 (UTC)[responder]

Boas Sernostri! Moitas grazas por poñerte co artigo, lin un pouco por riba e é un moi bo traballo!! Grazas por poñerte tan rápido e polo traballo tan serio que estás a facer nel, moitísimas grazas, non teño duda de que será un gran artigo cando acabes. Unha aperta! Piquito (conversa) 29 de maio de 2014 ás 13:03 (UTC)[responder]

Boas Sernostri! Grazas de novo polo traballo no artigo Historia dos Boston Bruins. Estou resumindo o contido do artigo para poñelo no da franquía e vin que te comiches o apartado da quinta Stanley Cup, non sei se te deches conta, era só para que o souberas. Se queres podo continuar eu coas últimas tempadas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 09:32 (UTC)[responder]

Vale, cando acabe co artigo da franquía xa me poño, se preciso axuda xa te aviso. Entendo que esteas un pouco saturado, eu tamén o estou, a ver se acabo o artigo dunha vez e alo menos cambio de equipo ou retomo coa música clásica para variar un pouco. Unha aperta e moitas grazas polo teu traballo! Piquito (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 15:46 (UTC)[responder]

De acordo. ─ GallaecioE logo? 31 de maio de 2014 ás 13:52 (UTC)[responder]

linguas de signos

[editar a fonte]

ciao io non parlo il galiziano, ma l'italiano :) comunque, grazie per aver corretto la Categoria:Linguas de Signos ;) --SurdusVII (conversa) 1 de xuño de 2014 ás 12:16 (UTC)[responder]

Tradución das citas

[editar a fonte]

Boas Sernostri! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:04 (UTC)[responder]

Fai un tempo comentouse na taberna que non funcionaban os botóns que están debaixo da caixa de edición. Xa están funcionando grazas a uns cambios que fixo Toliño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 12:49 (UTC)[responder]

Opinión

[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Galicitas

[editar a fonte]

Boas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:00 (UTC)[responder]

Galencontro 2014

[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

Bandeira Polonia Eurovisión

[editar a fonte]

Boas, co teu permiso quito a bandeira de Polonia en Eurovisión xa que esa imaxe borrouse en Commons por copyvio. Quito a imaxe da túa conversa para que non apareza na categoría de páxinas con ligazóns rotas a ficheiro. Perdoa pola intromisión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]

Opinión

[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]

Christian Dietrich Grabbe

[editar a fonte]

Boas Sernostri, o artigo Christian Dietrich Grabbe, que creaches ti, ten o marcador de non neutral, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 13:10 (UTC)[responder]

E o artigo Alfons Paquet ten o marcador de investigacións orixinais. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:38 (UTC)[responder]

Sistema biolóxico

[editar a fonte]

Boas, o artigo Sistema biolóxico, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 26 de abril de 2021 ás 20:01 (UTC)[responder]