Wikipedia:Wikiproxecto mantemento
Wikipedia:Wikiproxecto mantemento | Wikipedia:Malla |
Benvido ó Wikiproxecto mantemento. Tódolos usuarios están invitados a participar.
Obxectivo e xustificación
[editar a fonte]Mellora dos contidos xa existentes na Wikipedia en galego. Queda, por tanto, fora do ámbito deste wikiproxecto a creación de artigos novos.
A xustificación da existencia desde proxecto ven dada pola necesidade de coordinar esforzos.
Inscrición e participación
[editar a fonte]A inscrición non é necesaria.
Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario Wikiproxecto mantemento}} ou o {{atallo|WP MANTO}}, indistintamente.
Tamén pode ser de utilidade a inclusión, na páxina propia, da táboa de Mantemento da marxe dereita desta páxina. Para iso empregase: {{Táboa mantemento}}.
Coordinación
[editar a fonte]Na conversa desta mesma páxina.
Áreas de traballo
[editar a fonte]A continuación amósanse algunhas áreas de traballo. Tódalas tarefas son moi sinxelas de facer e os resultados positivos son inmediatos.
Artigos orfos
[editar a fonte]- Dificultade: Doado.
Na categoría orfos hai 406 artigos marcados polos usuarios. En realidade hai máis de catro mil.
O formato actual do modelo {{Illado}} inclúe unha ligazón que procura (mediante Google Search) directamente a cadea de texto correspondente ó título do artigo entre tódolos da wiki. Unha vez localizadas as páxinas edítanse e inclúense as correspondentes ligazóns internas cara o artigo que queremos desillar. A continuación xa se pode retirar o "{{Illado}}" do artigo orixinal.
- Caso especial das biografías
No caso das biografía é moi recomendable ligalas dende os artigos correspondentes a data de nacemento e mais dende os artigos da data de falecemento. Mellorando así, de paso, os artigos de efemérides. Exemplo: Tanto os artigos "30 de xaneiro" e "1886", coma os artigos "7 de xaneiro" e "1950", apuntan cara ó artigo Castelao.
Completar datos dos ficheiros
[editar a fonte]- Dificultade: Doado.
A raíz da recente mellora do modelo {{Information}} púxose de manifesto que varios ficheiros teñen incompletas as súas fichas de información, principalmente nos campos descrición (11 casos) e autor (13 casos). Cómpre completalas, preferiblemente polos mesmos usuarios que subiron as fotos.
Ligazóns rotas cara a ficheiros
[editar a fonte]- Dificultade: Doado.
Unha das melloras da recente actualización do software MediaWiki (v. 1.18) consiste na clasificación automática dos artigos que conservan ligazóns internas a imaxes (ou calquera tipo de ficheiros) que xa non se atopan nin en Wikimedia Commons nin na Galipedia. Eliminadas, na maioría dos casos, debido a problemas de coyright.
Véxase o exemplo á dereita. Yangon incluía a ligazón [[Ficheiro:Yangon-1897.jpg|thumb|Rangún, 1897]]
, como o ficheiro Yangon-1897.jpg
non existe, o software MediaWiki clasificou automaticamente o artigo na categoría Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros (ou similar en cada unha das linguas dos diferentes proxectos).
Esa categoría contén 0 casos agora mesmo na Galipedia. Para amañalo cómpre editar e retirar a ligazón cara á imaxe, ou substituíla por outra que estea dispoñible.
No futuro a proliferación destes problemas será menor, dado que, dun tempo a esta parte, cando se borra un ficheiro en Wikimedia Commons un meta-bot (CommonsDelinker) retira en tódolos proxectos as ligazóns cara a el.
Comparativa de proxectos por número de páxinas con ligazóns internas rotas cara a ficheiros ( 0 actualmente na Galipedia ) | ||||||||||||||||||
data | af: | an: | ast: | ca: | commons: | de: | en: | es: | fi: | gl: | hu: | it: | la: | ms: | simple: | sv: | tr: | yo: |
09/11/2011 | 62 | 25 | 53 | 4.405 | 2.280 | 1.984 | 14 | 6.939 | 7 | 9 | 1.169 | 122 | 19 | 2.159 | 889 | 826 | 29.883 | 326 |
Imaxes sen uso
[editar a fonte]- Dificultade: Doado.
Na Galipedia temos algunhas ducias de ficheiros sen uso. Accesibles premendo en Esp.imaxes: ... • I.senuso (última liña do cadro da dereita). Algunhas mesmo subidas por usuarios que continúan activos na actualidade. Varias delas poderían ser útiles nos artigos. Cómpre darlles uso.
Ligazóns a páxinas de homónimos
[editar a fonte]- Dificultade: Doado.
As páxinas de homónimos teñen como finalidade ofrecer alternativas, ós usuarios que empregan a caixa de procura, sobre a súa busca. Porén, as veces, moitas das ligazón internas dos artigos acaban ligando cara os homónimos no canto de apuntar directamente ó concepto axeitado segundo o contexto. Conseguir evitar ese tipo de enlaces é un indicativo de calidade que se ten en conta nas comparativas entre as wikis nas diferentes linguas.
Que estes pequenos erros sucedan antóllase inevitable. O obxectivo deste wikiproxecto é reducir, na medida do posible, os casos.
O detector de homónimos é unha ferramenta da Wikipedia que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos. Actívase na lapela Trebellos das preferencias de usuario.
Procedemento: Escollido o artigo, neste exemplo Alemaña, observamos 16 ítem (algún pode aparecer en máis dunha ocasión).
Editamos a paxina e facemos tódalas substitucións que poidamos, do xeito seguinte:
# | Ligazón a homónimos | Ligazón correcta | |
---|---|---|---|
1 . | [[Antiga Roma|pre-romana]] | → | [[Roma Antiga|pre-romana]] |
2 . | [[bretón]] | → | [[Lingua bretoa|bretón]] |
3 . | [[Bundespräsident]] | → | [[Presidente de Alemaña|Bundespräsident]] |
4 . | [[dinamarqués]] | → | [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]] |
5 . | [[ducado]]s | → | [[duque|ducados]] |
6 . | [[Elba]] | → | [[Río Elba|Elba]] |
7 . | [[fungo]]s | → | [[Fungo (bioloxía)|fungos]] |
8 . | [[galego]] | → | [[lingua galega|galego]] |
9 . | [[Igrexa Católica|Igrexa de Roma]] | → | [[Igrexa Católica Romana]] |
10 . | [[inglés]] | → | [[lingua inglesa|inglés]] |
11 . | [[instituto]]s | → | [[instituto (investigación)|institutos de investigacións]] |
12 . | [[metal|materiais sintéticos]] | → | [[material sintético|materiais sintéticos]] |
13 . | [[ministro]] | → | [[ministro (goberno)|ministro]] |
14 . | [[ruso]] | → | [[lingua rusa|ruso]] |
15 . | [[Tácito]] | → | [[Publio Cornelio Tácito]] |
16 . | [[Xermania]] | → | ??? |
Nótese que é recorrente o tema da ambigüidade ente xentilicios e linguas (p.ex. [ruso], natural de [Rusia]/[lingua rusa]).
Para finalizar o exemplo véxase o rexistro da edición. O artigo "Alemaña" quedaría con unha ligazón cara a homónimos (Xermania).
Erros nos modelos: Reparados
[editar a fonte]- Dificultade: Media.
A raíz das últimas melloras que unifican modelos e engaden novas funcións a "{{coordenadas}}", e despois de empregar algúns bots en facer reparacións, cómpre continuar arranxando, se cadra a man, os artigos da categoría:Páxinas con erros de formato nos modelos.
Na maioría dos casos trátase de:
- na primeira parte do modelo, substituír os guións baixos ("_") por barras verticais ("|")
- substituír signos que indiquen decimais (,) (') ... por un punto (.)
- a letra "O" (de oeste) por "W" (de west)
- substituír a segunda parte do modelo polo texto "display=title" ou "display=inline", segundo vaia no encabezado do artigo ou no corpo.
Exemplo: Para amañar {{Coordenadas|43_28,05_N_07_05_O| 43° 28,05' N / 7° 05' O}}
habería que transformalo en {{Coordenadas|43|28,05|N|07|05|W|display=title}} ou {{Coordenadas|43|28,05|N|07|05|W|display=inline}} .