Saltar ao contido

Wikipedia:Wikiproxecto Matemáticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikiproxecto Matemáticas
Inicio: 9 de outubro de 2015
Obxectivo: Crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos ás matemáticas.
Participantes:

--Petillés
--RubenWGA
--Julrivas
--Andresv.63

Para estar ao día das actualizacións deste Wikiproxecto, clica aquí para vixiar a páxina. Tamén podes considerar facer o propio coas subpáxinas do Proxecto.

O Wikiproxecto Matemáticas ten como obxectivos a creación, mantemento e mellora dos artigos sobre matemáticas da Galipedia. Apréciase a axuda de calquera usuario, con independencia do seu grao de coñecementos sobre a materia e nivel de estudos (apoiamos que se edite con afouteza e non trabamos a ninguén).

Atallos:
WP MAT
WP MATE
WP MATEMÁTICAS
Podes axudar! (Si, ti)

Historia

[editar a fonte]

Este Wikiproxecto nace de maneira simbólica en 2015, ante a escaseza de contidos de calidade neste eido, e comeza a tomar forma en 2016. En 2017 prodúcense novos progresos.

A súa liña temática deste proxecto é complementaria á dos de física e química e mais bioloxía, xeoloxía e medicina, creados a finais de 2017.

Entre 2018 e 2024, o WP MAT decaeu notablemente en actividade... Pero ti podes axudar a que rexurda. Cada contribución conta!

Inscrición e participación

[editar a fonte]

A inscrición non é necesaria, mais é moi de agradecer, xa que axuda a que sexamos conscientes da existencia de quen máis está activo no eido. Ademais, que a listaxe de usuarios teña un pouco de peso motiva a que outras persoas se vaian unindo.

Para aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto creouse unha userbox: Modelo:Usuario Wikiproxecto Matemáticas, que poden incluír na súa páxina de usuario. Está contida na listaxe de caixas de usuario.

Aínda que non te inscribas podes ver se dentro dos usuarios inscritos hai algún activo e con certeza que che axudará a crear artigos con facilidade.

Artigos por crear

[editar a fonte]

Artigos por revisar

[editar a fonte]

Categorización

[editar a fonte]
Matemáticas (29 C, 143 P)

Tarefas interwiki

[editar a fonte]