Saltar ao contido

Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  Wikiproxecto Concellos galegos   Wikiproxecto fotos de parroquias  


Atallo:
WP FDP

Dámosche a benvida ó Wikiproxecto fotos de parroquias, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.

Obxectivo e xustificación

[editar a fonte]

O obxectivo é acadar que tódolos 3.771[1][2] artigos de parroquias de Galicia da Galipedia estean ilustrados con imaxes libres, convertendo a Wikipedia en galego en referente nese eido, superando en cantidade e calidade a outras obras de referencia (como por exemplo a GEG) tendo en conta, amais, que os nosos contidos, a diferenza doutros, son reutilizables por todos.

A 8 de setembro de 2024 hai fotos de 3347 parroquias galegas, restando por facer 424. Por provincias, as de Pontevedra e da Coruña están completas, todos os artigos das súas parroquias teñen a súa foto. Na provincia de Lugo só quedan por facer o 16% (198). Na provincia de Ourense xa se fixeron case as tres cuartas partes das parroquias, restando por facer 226. Por concellos, hai fotos de tódalas parroquias de 250 concellos dun total de 313, quedando por facer 63 concellos (un 20%).

Parroquias (a 8/9/2024)
Provincia Feitas (%) Faltan (%) Totais
A Coruña 926 (100%) 0 (0%) 926
Lugo 1.066 (84%) 198 (16%) 1.264
Ourense 689 (75%) 226 (25%) 915
Pontevedra 666 (100%) 0 (0%) 666
Galicia 3347 (89%) 424 (11%) 3771
     
Concellos completos (a 8/9/2024)
Provincia Feitos (%) Faltan (%) Totais
A Coruña 93 (100%) 0 (0%) 93
Lugo 46 (69%) 21 (31%) 67
Ourense 50 (54%) 42 (46%) 92
Pontevedra 61 (100%) 0 (0%) 61
Galicia 250 (80%) 63 (20%) 313
Fotos subidas
  • O proxecto foi creado o 27 de outubro de 2011.
  • O 7 de outubro de 2015 conseguíronse tódalas fotos de parroquias da provincia de Pontevedra.
  • O 21 de outubro de 2016 conseguíronse tódalas fotos de parroquias da provincia da Coruña.
  • O 27 de decembro de 2017 superáronse as 3000 parroquias con imaxes, había 3.002 fotos.
  • O 1 de decembro de 2018 baixouse de 700 parroquias sen imaxes.
  • No ano 2018, dende o 27 de decembro de 2017 ata o 31 de decembro de 2018, subíronse 75 novas fotos de parroquias.
  • A comezos de 2019 atopouse un erro nas fotos das parroquias de Vilasantar, houbo que quitar a foto da parroquia de Vilariño, Vilasantar. A causa disto a provincia da Coruña quedou de novo sen completar.
  • En abril de 2019 achegouse a foto que faltaba na parroquia de Vilariño en Vilasantar, co cal volveu completarse a provincia da Coruña.
  • En agosto de 2019 atopouse un erro nas fotos das parroquias de Gomesende, faltaba a foto de Penosiños, Gomesende.
  • No ano 2019 lévanse subidas 73 fotos.

Inscrición e participación

[editar a fonte]

A inscrición non é necesaria.

Wikiproxecto fotos de parroquias Este usuario participa no proxecto fotos de parroquias.

Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario Wikiproxecto fotos de parroquias}} ou o {{atallo|WP FDP}}, indistintamente.

Coordinación

[editar a fonte]

Na conversa desta mesma páxina.

Artigos de parroquias da provincia da Coruña sen imaxes

[editar a fonte]

Feito! Feito! Completadas as 926 parroquias dos 93 concellos.

Artigos de parroquias da provincia de Lugo sen imaxes

[editar a fonte]

Artigos de parroquias da provincia de Lugo sen imaxes ou que teñen escasas imaxes ou pouco significativas (véxase no mapa):

  • Completadas as 87 parroquias dos tres concellos.
  • Completadas as 241 parroquias dos oito concellos.
  • Completadas as 41 parroquias dos cinco concellos.
  • Meira
  • Pol
  • Ribeira de Piquín
  • Riotorto (5)
  • Completadas as 168 parroquias dos nove concellos.
  • Completadas as 99 parroquias dos tres concellos.

Artigos de parroquias da provincia de Ourense sen imaxes

[editar a fonte]

Artigos de parroquias da provincia de Ourense sen imaxes ou que teñen escasas imaxes ou pouco significativas (véxase no mapa) :

  • Amoeiro
  • Barbadás
  • Coles
  • Esgos (5)
  • Nogueira de Ramuín (4)
  • Ourense
  • O Pereiro de Aguiar
  • A Peroxa
  • San Cibrao das Viñas
  • Taboadela
  • Toén
  • Vilamarín
  • Completadas as 88 parroquias dos nove concellos.
  • Completadas as 63 parroquias dos dez concellos.

Parroquias da provincia de Pontevedra

[editar a fonte]

Feito! Feito! Completadas as 670 parroquias dos 61 concellos.

Ferramentas recomendadas

[editar a fonte]
  1. IGE (ed.). "Entidades de poboación. Ano 2017". Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. Consulta do Nomenclátor. Ano 2018♦ Busca por entidades Ver ent. colectivas (parroquias) →  Buscar .

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]