Saltar ao contido

Wikipedia:Wikiproxecto mantemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «WP MANTO»)
  Wikipedia:Wikiproxecto mantemento   Wikipedia:Malla  


Mantemento
Mantemento de artigos
Total artigos: 216270
Limpar 0
Violacións dereitos autor 0
Investigacións orixinais 345
Consultas de borrado 0
Traducir 31
Traducións non revisadas 626
Artigos duplicados 166
Sen formato wiki 1016
Tarefas pendentes 166
Requiren revisión 102
Revisión ortográfica 168
Atención 1817
Requiren referencias 10980
Páxinas sen categorías 0
Infobox sen datos 484
En edición 17
Sen ligazóns internas 62
Sen interwikis 555
Ligazóns externas rotas 4371
Mover a wiki-irmáns 19
Títulos dubidosos 56
Inclúen curiosidades 0
Que requiren expansión 503
Artigos orfos 406
En progreso 12477
Artigos desactualizados 1104
Commonscat incorrecto 0
Categorías para mover 0
Erros de referencia 45
Referencias sen título 55
Sen coordenadas 16
Sencat Orfas Catsencat RD
E.modelos: MsencatMsenuso
14 novembro 2024 21:23 UTC actualizar
Mantemento de imaxes:
Total ficheiros: 36
Imaxes para borrar 0
Imaxes sen orixe 13
Lig. a ficheiros rotas e 2 5 e 0
Tarefas pendentes 11
E.: I.novasI.sencatI.senuso
Atallo:
WP MANTO

Benvido ó Wikiproxecto mantemento. Tódolos usuarios están invitados a participar.

Obxectivo e xustificación

[editar a fonte]

Mellora dos contidos xa existentes na Wikipedia en galego. Queda, por tanto, fora do ámbito deste wikiproxecto a creación de artigos novos.

A xustificación da existencia desde proxecto ven dada pola necesidade de coordinar esforzos.

Wikiproxecto mantemento Este usuario participa no Wikiproxecto mantemento.

Inscrición e participación

[editar a fonte]

A inscrición non é necesaria.

Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo {{Usuario Wikiproxecto mantemento}} ou o {{atallo|WP MANTO}}, indistintamente.

Tamén pode ser de utilidade a inclusión, na páxina propia, da táboa de Mantemento da marxe dereita desta páxina. Para iso empregase: {{Táboa mantemento}}.

Coordinación

[editar a fonte]

Na conversa desta mesma páxina.

Áreas de traballo

[editar a fonte]

A continuación amósanse algunhas áreas de traballo. Tódalas tarefas son moi sinxelas de facer e os resultados positivos son inmediatos.

Artigos orfos

[editar a fonte]
Dificultade: Doado.

Na categoría orfos hai 406 artigos marcados polos usuarios. En realidade hai máis de catro mil.

O formato actual do modelo {{Illado}} inclúe unha ligazón que procura (mediante Google Search) directamente a cadea de texto correspondente ó título do artigo entre tódolos da wiki. Unha vez localizadas as páxinas edítanse e inclúense as correspondentes ligazóns internas cara o artigo que queremos desillar. A continuación xa se pode retirar o "{{Illado}}" do artigo orixinal.

Caso especial das biografías

No caso das biografía é moi recomendable ligalas dende os artigos correspondentes a data de nacemento e mais dende os artigos da data de falecemento. Mellorando así, de paso, os artigos de efemérides. Exemplo: Tanto os artigos "30 de xaneiro" e "1886", coma os artigos "7 de xaneiro" e "1950", apuntan cara ó artigo Castelao.

Completar datos dos ficheiros

[editar a fonte]
Dificultade: Doado.

A raíz da recente mellora do modelo {{Information}} púxose de manifesto que varios ficheiros teñen incompletas as súas fichas de información, principalmente nos campos descrición (11 casos) e autor (13 casos). Cómpre completalas, preferiblemente polos mesmos usuarios que subiron as fotos.

Ligazóns rotas cara a ficheiros

[editar a fonte]
Dificultade: Doado.

Unha das melloras da recente actualización do software MediaWiki (v. 1.18) consiste na clasificación automática dos artigos que conservan ligazóns internas a imaxes (ou calquera tipo de ficheiros) que xa non se atopan nin en Wikimedia Commons nin na Galipedia. Eliminadas, na maioría dos casos, debido a problemas de coyright.

Exemplo de ligazón rota a ficheiro.
Exemplo de ligazón rota a ficheiro.

Véxase o exemplo á dereita. Yangon incluía a ligazón [[Ficheiro:Yangon-1897.jpg|thumb|Rangún, 1897]], como o ficheiro Yangon-1897.jpg non existe, o software MediaWiki clasificou automaticamente o artigo na categoría Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros (ou similar en cada unha das linguas dos diferentes proxectos).

Esa categoría contén 0 casos agora mesmo na Galipedia. Para amañalo cómpre editar e retirar a ligazón cara á imaxe, ou substituíla por outra que estea dispoñible.

No futuro a proliferación destes problemas será menor, dado que, dun tempo a esta parte, cando se borra un ficheiro en Wikimedia Commons un meta-bot (CommonsDelinker) retira en tódolos proxectos as ligazóns cara a el.

Comparativa de proxectos por número de páxinas con ligazóns internas rotas cara a ficheiros
( 0 actualmente na Galipedia ) actualizar
data af: an: ast: ca: commons: de: en: es: fi: gl: hu: it: la: ms: simple: sv: tr: yo:
09/11/2011 62 25 53 4.405 2.280 1.984 14 6.939 7 9 1.169 122 19 2.159 889 826 29.883 326

Imaxes sen uso

[editar a fonte]
Dificultade: Doado.

Na Galipedia temos algunhas ducias de ficheiros sen uso. Accesibles premendo en  Esp.imaxes: ... • I.senuso   (última liña do cadro da dereita). Algunhas mesmo subidas por usuarios que continúan activos na actualidade. Varias delas poderían ser útiles nos artigos. Cómpre darlles uso.

Ligazóns a páxinas de homónimos

[editar a fonte]
Dificultade: Doado.

As páxinas de homónimos teñen como finalidade ofrecer alternativas, ós usuarios que empregan a caixa de procura, sobre a súa busca. Porén, as veces, moitas das ligazón internas dos artigos acaban ligando cara os homónimos no canto de apuntar directamente ó concepto axeitado segundo o contexto. Conseguir evitar ese tipo de enlaces é un indicativo de calidade que se ten en conta nas comparativas entre as wikis nas diferentes linguas.

Que estes pequenos erros sucedan antóllase inevitable. O obxectivo deste wikiproxecto é reducir, na medida do posible, os casos.

O detector de homónimos é unha ferramenta da Wikipedia que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos. Actívase na lapela Trebellos das preferencias de usuario.

Procedemento: Escollido o artigo, neste exemplo Alemaña, observamos 16 ítem (algún pode aparecer en máis dunha ocasión).

Editamos a paxina e facemos tódalas substitucións que poidamos, do xeito seguinte:

# Ligazón a homónimos Ligazón correcta
1 . [[Antiga Roma|pre-romana]] [[Roma Antiga|pre-romana]]
2 . [[bretón]] [[Lingua bretoa|bretón]]
3 . [[Bundespräsident]] [[Presidente de Alemaña|Bundespräsident]]
4 . [[dinamarqués]] [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]]
5 . [[ducado]]s [[duque|ducados]]
6 . [[Elba]] [[Río Elba|Elba]]
7 . [[fungo]]s [[Fungo (bioloxía)|fungos]]
8 . [[galego]] [[lingua galega|galego]]
9 . [[Igrexa Católica|Igrexa de Roma]] [[Igrexa Católica Romana]]
10 . [[inglés]] [[lingua inglesa|inglés]]
11 . [[instituto]]s [[instituto (investigación)|institutos de investigacións]]
12 . [[metal|materiais sintéticos]] [[material sintético|materiais sintéticos]]
13 . [[ministro]] [[ministro (goberno)|ministro]]
14 . [[ruso]] [[lingua rusa|ruso]]
15 . [[Tácito]] [[Publio Cornelio Tácito]]
16 . [[Xermania]] ???


Nótese que é recorrente o tema da ambigüidade ente xentilicios e linguas (p.ex. [ruso], natural de [Rusia]/[lingua rusa]).

Para finalizar o exemplo véxase o rexistro da edición. O artigo "Alemaña" quedaría con unha ligazón cara a homónimos (Xermania).

Erros nos modelos: Feito! Reparados

[editar a fonte]
Dificultade: Media.

A raíz das últimas melloras que unifican modelos e engaden novas funcións a "{{coordenadas}}", e despois de empregar algúns bots en facer reparacións, cómpre continuar arranxando, se cadra a man, os artigos da categoría:Páxinas con erros de formato nos modelos.

Na maioría dos casos trátase de:

  • na primeira parte do modelo, substituír os guións baixos ("_") por barras verticais ("|")
  • substituír signos que indiquen decimais (,) (') ... por un punto (.)
  • a letra "O" (de oeste) por "W" (de west)
  • substituír a segunda parte do modelo polo texto "display=title" ou "display=inline", segundo vaia no encabezado do artigo ou no corpo.

Exemplo: Para amañar {{Coordenadas|43_28,05_N_07_05_O| 43° 28,05' N / 7° 05' O}}
habería que transformalo en {{Coordenadas|43|28,05|N|07|05|W|display=title}} ou {{Coordenadas|43|28,05|N|07|05|W|display=inline}} .

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outras páxinas

[editar a fonte]