Polonia no Festival de Eurovisión
Polonia | |
---|---|
Estación membro | TVP |
Final nacional | Krajowe Eliminacje |
Aparicións | 16 |
Primeira aparición | 1994 |
Mellor resultado | |
Final | 2º 1994 |
Semifinal | 8º 2014 |
Peor resultado | |
Final | 24º 2008 |
Semifinal | 19º 2011 |
Ligazóns externas | |
Páxina en TVP | |
Páxina de Polonia en Eurovision.tv |
Polonia competiu por vez primeira no Festival de Eurovisión na edición de 1994 logo de se ingresar a Telewizja Polska na Unión Europea de Radiodifusión o ano anterior. Así e todo o concurso xa se emitía no país desde había anos, aínda que por veces en diferido. Polonia estivo ausente nas edicións de 2012 e 2013 mais volveu de novo a participar na de 2014 en Copenhague.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1975 Polonia intentou participar no Festival coa canción "Mój, tylko mój” de Anna Jantar pero a UER non o autorizou[1]. Así a primeira participante foi Edyta Górniak, e a súa canción foi tamén a de máis éxito para Polonia ata a data, ao conseguir 166 puntos e o segundo lugar. As intervencións polacas nos anos seguintes foron menos exitosas, quedando o país entre os postos 11º e 20º. Polonia non acudiu á edición de 2002. Para a edición de 2003 Polonia organizou pola primeira volta unha selección pública para elixir á súa representante, gañando o voto do público o grupo Ich Troje por diante de Blue Café, rematando 7º na final de Eurovisión. Blue Café pola súa banda o ano seguinte gañou a competición de selección para acceder á edición de 2004 quedando en 17º lugar. Nos anos seguintes Polonia só se clasificou para a final nas edicións de 2008, con Isis Gee) que quedou no posto 24º, e en 2014.
No ano 2005 a TVP realizou unha selección interna para escoller o seu representante, resultando elixida a canción "czarna dziewczyna", interpretada en polaco e ruso, pero non chegou á final quedando 11ª na semifinal. Para a edición de 2006 volveuse de novo ao voto do público, resultando elixido de novo o grupo Ich Troje que tampouco foi quen de chegar á final. Na edición de 2007 The Jet Set quedou 14º na semifinal.
Polonia non cometiu na edición de 2012 argumentando a radiotelevisión pública que xa tiña que organizar, con Ucraína, a Eurocopa de Fútbol[2] como tampouco o fixo na de 2013[3].
Participacións
[editar | editar a fonte]Ano | Artista | Lingua | Título | Final | Puntos | Semifinal | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1994 | Edyta Górniak | Polaco | "To nie ja!" | 2 | 166 | ||
1995 | Justyna Steczkowska | Polaco | "Sama" | 18 | 15 | ||
1996 | Kasia Kowalska | Polaco | "Chcę znać swój grzech..." | 15 | 31 | 15 | 42 |
1997 | Anna Maria Jopek | Polaco | "Ale jestem" | 11 | 54 | ||
1998 | Sixteen | Polaco | "To takie proste" | 17 | 19 | ||
1999 | Mietek Szcześniak | Polaco | "Przytul mnie mocno" | 18 | 17 | ||
2001 | Andrzej Piaseczny | Inglés | "2 Long" | 20 | 11 | ||
2003 | Ich Troje | Alemán, polaco, ruso | "Keine Grenzen-Żadnych granic" | 7 | 90 | ||
2004 | Blue Café | Inglés, español | "Love Song" | 17 | 27 | ||
2005 | Ivan & Delfin | English, Russian | "Czarna dziewczyna" | 11 | 81 | ||
2006 | Ich Troje feat. Real McCoy | Inglés, polaco, alemán, ruso, español | "Follow My Heart" | 11 | 70 | ||
2007 | The Jet Set | Inglés | "Time To Party" | 14 | 75 | ||
2008 | Isis Gee | Inglés | "For Life" | 24 | 14 | 10 | 42 |
2009 | Lidia Kopania | English | "I Don't Wanna Leave" | 12 | 43 | ||
2010 | Marcin Mroziński | Inglés, polaco | "Legenda" | 13 | 44 | ||
2011 | Magdalena Tul | Polaco | "Jestem" | 19 | 18 | ||
2014 | Donatan e Cleo | Polaco, inglés | "My Słowianie - We Are Slavic" | 14 | 62 | 8 | 70 |
Historial das votacións
[editar | editar a fonte]Deica 2014 o historial de votacións polaco é o seguinte:
Puntos dados por Polonia (só nas finais) | ||
---|---|---|
Posto | País | Puntos |
1 | Ucraína | 82 |
2 | Noruega | 61 |
3 | Suecia | 54 |
4 | Alemaña | 53 |
5 | Estonia | 45 |
Puntos recibidos por Polonia (só finais) | ||
---|---|---|
Rank | Country | Points |
1 | Alemaña | 56 |
2 | Austria | 34 |
3 | Francia | 27 |
4 | Lituania | 26 |
5 | Bosnia e Hercegovina | 25 |
Puntos dados nas semifinais e finais | ||
---|---|---|
Rank | Country | Points |
1 | Ucraína | 90 |
2 | Noruega | 81 |
3 | Rusia | 60 |
4 | Acerbaixán | 59 |
5 | Estonia | 58 |
Puntos recibidos nas semifinais e finais | ||
---|---|---|
Rank | Country | Points |
1 | Alemaña | 77 |
2 | Irlanda | 56 |
3 | Austria | 43 |
Lituania | 43 | |
5 | Ucraína | 42 |
12 puntos
[editar | editar a fonte]Anos | Dados a | Recibidos de | ||
Final | Semifinal | Final | Semifinal | |
1994 | Hungría | Non houbo semifinal | Austria Estonia Francia Lituania Reino Unido |
Non houbo semifinal |
1995 | Noruega | |||
1996 | Irlanda | Descoñecido1 | Descoñecido1 | |
1997 | Francia | Non houbo semifinais | Non houbo semifinais | |
1998 | Bélxica | |||
1999 | Alemaña | |||
2000 | Non participou | Non participou | ||
2001 | Estonia | |||
2002 | Non participou | Non participou | ||
2003 | Bélxica | Alemaña | ||
2004 | Ucraína | Non se transmitiu | Non participou | |
2005 | Ucraína | Hungría | Non se cualificou | |
2006 | Finlandia | Finlandia | Non se cualificou | |
2007 | Ucraína | Letonia | Non se cualificou | |
2008 | Armenia | Armenia | Irlanda | |
2009 | Noruega | Acerbaixán | Non se cualificou | |
2010 | Dinamarca | Bélxica | Non se cualificou | |
2011 | Lituania | Lituania | Non se cualificou | |
2012 | Non participou | |||
2013 | ||||
2014 | Países Baixos | Suíza | Alemaña |
1 Non se coñece o voto para a rolda de precualificación de 1996.
Presentadores e voceiros
[editar | editar a fonte]Ano (s) | Presentadores | Voceiros |
---|---|---|
1994 | Artur Orzech | Jan Chojnacki |
1995 | ||
1996 | Dorota Osman | |
1997 | Artur Orzech | |
1998 | ||
1999 | ||
2000 | Non participou | |
2001 | Maciej Orłoś | |
2002 | Non participou | |
2003 | Maciej Orłoś | |
2004 | ||
2005 | ||
2006 | ||
2007 | Radosław Brzózka | |
2008 | ||
2009 | ||
2010 | Aleksandra Rosiak | |
2011 | Odeta Moro-Figurska | |
2012 | Non se transmitiu | Non participou |
2013 | ||
2014 | Artur Orzech | Paulina Chylewska |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sebastian Adamkiewicz "Eurowizja, czyli marzenie o Europie" , Histmag.org, 10 de maio de 2014
- ↑ ESCToday, ed. (19 de decembro de 2011). "Poland: Confirmed - no participation in Baku".
- ↑ esctoday.com (ed.). "No return: Poland will not be in Malmö". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de novembro de 2012.
- ↑ "El sexo y el machismo llegan con polémica a Eurovisión con la actuación de Polonia", ABC, 12 de maio de 2014