Saltar ao contido

Andorra no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andorra

Estación membro RTVA
Final nacional -
Aparicións 6
Primeira aparición 2004
Mellor resultado
Final
Semifinal 12° 2007
Peor resultado
Final
Semifinal 23º 2005
23° 2006
Ligazóns externas
EurovisionAndorra.ad
Páxina de Andorra en

Andorra participou en Eurovisión seis veces, debutando no XLIX Festival da Canción de Eurovisión. O festival xa era popular no Principado xa que, aínda que a televisión de Andorra era de recente creación, os seus cidadáns podían velo a través das televisións española (TVE1) e francesa (TF1, France 2 e France 3, desde 1975 ata a actualidade).

En 2004, ano en que debutou, para elixir o seu cantante, a televisión andorrana pediu a colaboración da televisión pública catalá TV3 na organización dunha preselección chamada 12 punts, da que saíu vencedora Marta Roure coa canción Jugarem a estimar-nos do autor barcelonés Jofre Bardagí. En dita preselección participaron Marta Roure e o dúo Bis a bis, e de forma indirecta como compositores algúns grupos cataláns como Gossos ou Astrud.

A pesar do interese de Andorra no festival, Andorra nunca se clasificou a final, quedándose ás portas en 2007 ao situarse en 12° lugar. En 2008 Andorra elixiu, a cantante catalá Gisela, famosa polo seu paso na primeira edición de Operación Triunfo, concurso creado, precisamente, para elixir o representante de España en Eurovisión. Con todo na semifinal celebrada en Belgrado quedou na 16ª posición con tan só 22 puntos, polo que non puido pasar á final. En 2009, e por sexta vez consecutiva, Andorra non participou na final do Festival da música europea. Neste 2009, do mesmo xeito que en 2004, 2005 e 2006, quedou moi mal na semifinal.

Por mor da crise económica que leva sufrindo a canle de Andorra ao longo dos últimos anos, en 2010 a RTVA decidiu deixar de formar parte Unión Europea de Radiodifusión (UER), polo que non poderá participar de momento no Festival da Canción de Eurovisión ata que non volva ser membro activo da UER. En xuño de 2012, comunicouse que a cadea pública de Andorra RTVA, non deixou de formar parte da Unión Europea de Radiodifusión (UER). Iso significa, que Andorra aínda pode participar en Eurovisión. Pero a UER comunicou que aínda non se saberá cando Andorra poderá regresar a Eurovisión. De momento, Andorra non puxo interese en volver ao festival.

Participación

[editar | editar a fonte]
Marta Roure en Istambul (2004)
Anonymous en Helsinqui (2007)
Gisela en Belgrado (2008)
Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
2004 Istambul Marta Roure "Jugarem a estimar-nos" 18 12
2005 Ucraína Kíiv Marian van de Wal "La mirada interior" 23 27
2006 Grecia Atenas Jenny "Sense tu" 23 8
2007 Finlandia Helsinqui Anonymous "Salvem el món" 12 80
2008 Belgrado Gisela "Casanova" 16 22
2009 Moscova Susanne Georgi "La teva decisió (Get a life)" 15 8
2010 Oslo Non participou
2011 Alemaña Düsseldorf Non participou
2012 Acerbaixán Bakú Non participou
2013 Malmö Non participou
2014 Dinamarca Copenhague Non participou

Votación de Andorra 2004-2009

[editar | editar a fonte]

Andorra outorgou máis puntos a:

Posición País Puntos
1 España España 60
2 Ucraína Ucraína 33
3 Francia 26
4 Romanía Romanía 22
5 Grecia Grecia 21
Finlandia Finlandia 21

12 puntos

[editar | editar a fonte]
Ano País
2004 España España
2005 España España
2006 España España
2007 Ucraína Ucraína
2008 España España
2009 España España

Procedemento de selección

[editar | editar a fonte]

Andorra sempre seleccionou o seu representante mediante unha elección interna, exceptuando os anos 2004 e 2009 que fixo unha selección pública.

Causas da retirada desde 2010

[editar | editar a fonte]

RTVA non podía facer fronte aos custos que supoñía participar no Festival. Aínda así, enviou a carta formal de inscrición á UER, establecéndose un prazo para que algún patrocinador voluntario ofrecésese para financiar o proxecto. O patrocinador nunca chegou, e como consecuencia Andorra non tivo outra elección que retirarse do concurso. Con todo, o director de Ràdio i Televisió d'Andorra, deixa a porta aberta de cara a outros anos. El mesmo recoñeceu que o investimento necesario para representar ben a un país en Eurovisión sería de 300.000€ mínimos, cando Andorra só achegaba 188.000€.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]