Baku Crystal Hall
Baku Crystal Hall | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Estilo | arquitectura Art Nouveau ![]() | |||
Custo | 350 millóns de $ | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Azerbaidján | |||
Şəhər (en) ![]() | Bakú ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2012 ![]() | |||
Inauguración | 2012 | |||
Acontecementos | ||||
Festival de Eurovisión 2012 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 25.000 espectadores | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Concello de Bacú | |||
Arquitecto/a | GMP International GmbH | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | crystalhall.az ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Baku Crystal Hall (en azerí: Bakı Kristal Zalı) é un pavillón multifuncional que está situado na cidade de Bacú, Azerbaidján.
Historia
[editar | editar a fonte]O Baku Crystal Hall foi construído entre agosto do ano 2011 e abril do 2012 co fin de albergar o Festival de Eurovisión 2012. O 2 de agosto de 2011 comezou a construción. O 5 de setembro do mesmo ano anunciouse que o futuro estadio contaría cunha capacidade para 25.000 persoas. O final da obra anunciouse para o 31 de marzo de 2012, pero por problemas meteorolóxicos atrasouse ao 16 de abril.
Usos
[editar | editar a fonte]Concertos
[editar | editar a fonte]O evento máis importante da historia do pavillón deuse en maio de 2012 ao se celebrar aquí o Festival de Eurovisión 2012. Nese mesmo ano, Jennifer Lopez, Shakira e Rihanna tamén celebraron concertos. En marzo de 2013, Beyoncé celebrou tamén un concerto.
Cultura
[editar | editar a fonte]O Baku Crystal Hall acolleu o 6º Campionato do Mundo de e-Sports en novembro de 2014.
Deporte
[editar | editar a fonte]O Baku Crystal Hall albergará os Xogos Europeos de 2015. Neste evento será anfitrión das competicións de boxeo, karate, taekwondo, esgrima e voleibol.