Xogos Europeos de 2015
Tipo | Xogos Europeos |
---|---|
Organizador | Comités Olímpicos Europeos |
Número de participantes | 6.076 |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Nacional de Bacú (Bakú) 40°25′47″N 49°55′11″L / 40.429766, 49.91979 |
País | Azerbaidján |
Intervalo de tempo | 12 de xuño de 2015 – 28 de xuño de 2015 |
Número de edición | 1 (2015) |
Outro | |
Páxina web oficial | baku2015.com |
Os Xogos Europeos de 2015 tamén denominados Bacú 2015 foron a edición inaugural dos Xogos Europeos, un evento multideportivo disputado entre atletas dos Comités Olímpicos Nacionais de Europa. Os xogos dispútanse na cidade de Bacú, Azerbaidján entre os días 12 e 28 de xuño de 2015. Este evento citou a máis de 6.000 atletas dos diferentes Comités Olímpicos Nacionais do continente europeo para competir en 253 eventos de 20 deportes diferentes.
Proceso de selección
[editar | editar a fonte]A selección da cidade anfitrioa tomouse na 41º Asemblea do EOC en Roma, o 8 de decembro do 2012. A decisión foi resultado dunha votación na que a única candidatura que había era a da cidade acerbaixana. Houberon 48 votos, dos cales 38 foron a favor, 8 en contra e 2 en abstención. Os representantes de Armenia negáronse a tomar parte na votación.
Sedes
[editar | editar a fonte]Os xogos terán lugar en tres zonas principais: a da Vila Olímpica, a da Cidade e da Praza da Bandeira.
Zona da Vila Olímpica
[editar | editar a fonte]- Estadio Nacional de Bacú. Ten unha capacidade de 68.000 espectadores. Acolleu as cerimonias de inauguración e de clausura e o atletismo.
- National Gymnastics Arena. Ten unha capacidade de 6.862 espectadores. Acolleu todas as competicións de ximnasia.
Zona da cidade
[editar | editar a fonte]- Baku Sports Hall. Ten unha capacidade de 1.700 espectadores. Acolleu o bádminton e o tenis de mesa.
- Estadio Tofiq Bahramov. Ten unha capacidade de 31.200 espectadores. Acolleu o tiro con arco.
- Heydar Aliyev Arena. Ten unha capacidade de 7.700 espectadores. Acolleu o judo, a loita e o sambo.
Zona da Praza da Bandeira
[editar | editar a fonte]- Centro Acuático de Bacú. Ten unha capacidade de 6.000 espectadores. Acolleu a natación, os saltos e a natación sincronizada.
- Water Polo Arena. Ten unha capacidade de 2.400 espectadores. Acolleu o wáter-polo.
- Beach Arena. Ten unha capacidade de 3.900 espectadores. Acolleu o fútbol praia e o volei praia.
- Basketball Arena. Ten unha capacidade de 2.500 espectadores. Acolleu o baloncesto 3x3.
- Baku Crystal Hall. Está dividido en varios pavillóns. Ten unha capacidade de 6.000 espectadores para o voleibol, de 3.400 espectadores para o boxeo e de 2.000 espectadores para a esgrima, o karate e o taekwondo.
Outros lugares
[editar | editar a fonte]- Baku Shooting Centre. Ten unha capacidade de 500 espectadores. Acolleu o tiro.
- Mountain Bike Velopark. Ten unha capacidade de 1.670 espectadores. Acolleu o ciclismo de montaña.
- BMX Velopark. Ten unha capacidade de 1.600 espectadores. Acolleu o BMX.
- Praia Bilgah. Acolle o tríatlon.
- Mingachevir. Ten unha capacidade de 1.300 espectadores. Acolleu o piragüismo.
Participantes
[editar | editar a fonte]Arredor duns 6.000 atletas de 50 Comités Olímpicos Nacionais competiron no evento. Esta foi a primeira ocasión na que Kosovo competiu nun evento olímpico. Os deportistas de Xibraltar e das Illas Feroe competiron baixo a bandeira da EAA e da LEN.
- Albania (28)
- Alemaña (270)
- Andorra (31)
- Armenia (25)
- Austria (143)
- Azerbaidján (290)
- Belarús (152)
- Bélxica (118)
- Bosnia e Hercegovina (56)
- Bulgaria (127)
- Croacia (106)
- Chipre (23)
- Dinamarca (65)
- Eslovaquia (178)
- Eslovenia (83)
- España (215)
- Estonia (58)
- Finlandia (106)
- Francia (250)
- Gran Bretaña (160)
- Grecia (138)
- Hungría (201)
- Islandia (19)
- Irlanda (62)
- Israel (141)
- Italia (287)
- Kosovo (18)
- Letonia (67)
- Liechtenstein (10)
- Lituania (74)
- Luxemburgo (61)
- Macedonia (45)
- Malta (61)
- Moldova (87)
- Mónaco (6)
- Montenegro (55)
- Noruega (57)
- Países Baixos (120)
- Polonia (212)
- Portugal (100)
- República Checa (130)
- Romanía (147)
- Rusia (359)
- San Marino (18)
- Serbia (134)
- Suecia (75)
- Suíza (130)
- Turquía (191)
- Ucraína (246)
- Xeorxia (105)
Calendario
[editar | editar a fonte]Nestes xogos europeos disputáronse 253 competicións correspondentes a 20 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.
Evento | Ven 12 |
Sáb 13 |
Dom 14 |
Lun 15 |
Mar 16 |
Mér 17 |
Xov 18 |
Ven 19 |
Sáb 20 |
Dom 21 |
Lun 22 |
Mar 23 |
Mér 24 |
Xov 25 |
Ven 26 |
Sáb 27 |
Dom 28 |
TOT |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inauguración | ||||||||||||||||||
Atletismo | 2 | 2 | ||||||||||||||||
Bádminton | 2 | 3 | 5 | |||||||||||||||
Baloncesto 3x3 | 2 | 2 | ||||||||||||||||
Boxeo | 5 | 5 | 5 | 15 | ||||||||||||||
Ciclismo | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 8 | ||||||||||||
Esgrima | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 12 | ||||||||||||
Fútbol praia | 1 | 1 | ||||||||||||||||
Judo | 5 | 6 | 5 | 2 | 18 | |||||||||||||
Karate | 6 | 6 | 12 | |||||||||||||||
Loita | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 24 | |||||||||||
Natación | 7 | 8 | 9 | 7 | 11 | 42 | ||||||||||||
Natación sincronizada | 2 | 2 | 4 | |||||||||||||||
Piragüismo | 5 | 10 | 15 | |||||||||||||||
Saltos de trampolín | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||
Sambo | 8 | 8 | ||||||||||||||||
Taekwondo | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||
Tenis de mesa | 2 | 2 | 4 | |||||||||||||||
Tiro | 3 | 3 | 2 | 2 | 3 | 3 | 3 | 19 | ||||||||||
Tiro con arco | 1 | 2 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Tríatlon | 1 | 1 | 5 | |||||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||
Wáter-polo | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||
Ximnasia | 2 | 1 | 2 | 3 | 10 | 16 | 34 | |||||||||||
Clausura | ||||||||||||||||||
Evento | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | TOT |
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Europeos de 2015.
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
1 | Rusia | 79 | 40 | 45 | 164 |
2 | Azerbaidján | 21 | 15 | 20 | 56 |
3 | Reino Unido | 18 | 10 | 19 | 47 |
4 | Alemaña | 16 | 17 | 33 | 66 |
5 | Francia | 12 | 13 | 18 | 43 |
6 | Italia | 10 | 26 | 11 | 47 |
7 | Belarús | 10 | 11 | 22 | 43 |
8 | Ucraína | 8 | 14 | 24 | 46 |
9 | Países Baixos | 8 | 12 | 9 | 29 |
10 | España | 8 | 11 | 11 | 30 |