Unión Europea de Radiodifusión
Unión Europea de Radiodifusión Union européenne de radio-télévision | |
Logo da UER | |
Organización | Unión de organizacións de radiodifusión |
Siglas | EBU/UER |
Presidente | Jean-Paul Philippot[1] |
Estado | Activa |
Fundada | 12 de febreiro de 1950 (74 anos) |
Sede | Xenebra |
Linguas oficiais | Inglés e francés |
Páxina web | www.ebu.ch |
A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.
Historia
[editar | editar a fonte]A Unión Europea de Radiodifusión, foi creada o 12 de febreiro de 1950 por 23 organizacións de radio-televisión de Europa e o Mediterráneo nunha conferencia que tivo lugar en Torquay (Devon, Inglaterra). No ano 1993, a Organización Internacional de Radio e Televisión (OIRT), unha organización equivalente dos países do centro e este de Europa, fusionouse coa UER.
Producións
[editar | editar a fonte]A UER é a encargada de organizar mediante a Eurovision Network o Festival da Canción de Eurovisión. Así mesmo o Eurovision Network organiza o Eurovision Dance Contest e o Junior Eurovision Song Contest. Os membros da UER tamén traballan xuntos para crear documentais e series animadas para nenos.
Eventos retrasmitidos
[editar | editar a fonte]A maior parte dos membros da UER teñen un acordo para retransmitir os Xogos Olímpicos[2] e a FIFA World Cup (en particular, os partidos dos seus países e a final). Outro evento importante que é retrasmitido por toda Europa e o Concerto de Aninovo de Viena.
Te Deum
[editar | editar a fonte]Antes da retransmisión dun evento por parte da UER, é retransmitido o Preludio do Te Deum de Marc-Antoine Charpentier. Esta peza é especialmente coñecida nos países nos que se retransmite o Festival de Eurovisión. (clic [1] para escoitar).
Requisitos para acceder
[editar | editar a fonte]Os membros activos da UER son principalmente rádioas televisións públicas de Europa e da conca mediterránea, son moi poucas as televisións de titularidade privada as que son membros activos, entrando todas antes dos anos 90, que é cando a UER endureceu as normas de entrada para evitar que as novas televisións privadas que xurdían por toda Europa formasen parte de tan selecto club.[3]
Hoxe en día, se un organismo quere entrar a formar parte da UER ten que cumprir as seguintes normas:[3]
1º- Que o país onde emita sexa membro da ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións) e estea situado no Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa.
2º- Que a súa cobertura sexa nacional, que supere o 98% do territorio nacional e cunha calidade técnica excelente.
3º- A súa programación debe ser variada, incluíndo desde noticias, infantís, música, programas minoritarios, ata programas culturais, que non deben restrinxirse a horarios minoritarios. En canto á programación deportiva, debe superar as 200 horas anuais e deben incluír polo menos retransmisións de 12 deportes, das cales, polo menos 8 deportes a súa transmisión dure máis de 3 horas ao ano, e sempre en horario entre as 7 da mañá e a 1 da madrugada.
4º- Producen realmente e baixo o seu propio custo e control editorial unha proporción substancial da súa programación.
5º- Que non estean relacionadas ou teñan acordos con ningún outro organismo que compita coa UER polos dereitos de retransmisión de acontecementos deportivos.
Membros
[editar | editar a fonte]Membros Activos
[editar | editar a fonte]A UER conta con 73 membros activos dentro de Europa, o norte de África e Oriente Próximo.[4]
Membros Asociados
[editar | editar a fonte]Os membros asociados a UER son aqueles organismos audiovisuais de carácter nacional que teñen a súa actividade en países fóra da influencia europea. Os membros asociados non teñen acceso a rede de eurocisión nin as súas actividades e deben renovar o seu posto cada cinco anos.[6]
Membros Activos do Pasado
[editar | editar a fonte]Os organismos audiovisuais que no pasado foron membros activos, pero deixaron de selo son:
País | Organismo | Código | Período |
---|---|---|---|
Iugoslavia | Jugoslovenska Radiotelevizija | JRT | 1950 - 1992 |
España | Antena 3 de Radio | A3R | 1986 - 1993 |
Libia | Libyan Jamahiriya Broadcasting Corporation | LJBC | 1974 - 2011 |
Grecia | Ellinikí Radiofonía Tileórasi | ERT | 1950 - 2013 |
Participantes autorizados
[editar | editar a fonte]Participantes autorizados son aqueles organismos audiovisuales que por algún motivo non cumpren as normas para ser membro activo ou asociado, pero cuxa actividade pode resultar útil para a UER. Non teñen acceso ás redes de eurovisión e euroradio, como tampouco ás asembleas xerais.[7]
Posibles membros futuros
[editar | editar a fonte]País | Organismo |
---|---|
Belarús | Obshchenatsionálnoye Televídeniye (ONT) Logo do mal manexo percibido na realización de preseleccións nacionais do Festival da Canción de Eurovisión por parte da BRTC, o Xefe de Estado bielorruso Aliaksandr Lukašenka, instou á ONT a presentar unha solicitude de ingreso á UER como membro pleno, a cal, foi denegada.[8] |
Grecia | DT Fontes gregas sinalan que a UER está negociando coa televisora pública DT para acelerar a súa membresía e incorporación á Unión Europea de Radiofusión.[9][10] |
Liechtenstein | 1 FLTV É a única televisora de Liechtenstein, comezou a transmitir o 15 de agosto de 2008. Antes do 31 de xullo de 2009, os directivos da cadea presentaron unha solicitude de ingreso á UER.[11] Porén, debido a problemas derivados da crise económica mundial, a estación non puido formalizar o seu ingreso ao ente europeo.[12] |
Marrocos | 2M TV É a segunda televisora privada máis importante do país, en 2007 pediu integrarse á UER.[13] |
Kosovo | RTK A cadea kosovar enviou unha solicitude de ingreso á UER.[14] Porén, o país, que non está unanimemente recoñecido pola Comunidade Internacional, non pertence á Organización de Nacións Unidas, polo tanto non pode pertencer á Unión Internacional de Telecomunicacións, requisito básico para ingresar na UER. transmitiu durante 2 anos o Festival da Canción de Eurovisión. |
Casaquistán | Yel Arna A canle do Holding privado Khabar quere ser membro da UER e participar no Festival da Canción de Eurovisión. De feito, transmitiu durante 6 anos o Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto resultaría complicado, xa que unha parte do país atópase fóra da Área de Radiodifusión Europea. Aínda que actualmente Casaquistán intenta unirse ao Consello de Europa, isto quere dicir que cando sexa membro do Consello de Europa poderá unirse á UER e participar no Festival da Canción de Eurovisión. |
Qatar | Qatar Radio Enviou unha solicitude para entrar como membro pleno da UER, coa esperanza de participar no Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto parece improbable debido a que o país atópase fóra da Área de Radiodifusión Europea.[15] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oiko Times". 7 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2008.
- ↑ "Live Broadcasts Finally Okayed". Variety Asia Online. 10 July 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2008. Consultado o 2008-07-10.
- ↑ 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ "EBU/UER". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2017. Consultado o 25 de abril de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ Listado oficial de miembros asociados de la UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php Arquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Listado oficial de participantes autorizados da UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php Arquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ "Belarus 2nd broadcaster applies for EBU membership". ESCKaz.com.
- ↑ "Ελληνικό team για τη Eurovision Junior 2013!".
- ↑ "Greece: DT Invited To Broadcast JESC".
- ↑ Palacios, Jesús (21 de xullo de 2009). "Liechtenstein podría participar en Eurovisión 2010". eurovision-spain.com. Consultado o 21 de xullo de 2009.
- ↑ Hondal, Victor (4 de novembro de 2009). "Liechtenstein rules out Eurovision participation". ESCtoday.com. Consultado o 4 de novembro de 2009.
- ↑ Kuipers, Michael (12 de xullo de 2007). "New Moroccan broadcaster aims for EBU membership: Morocco to return in the next few years?" (en inglés). ESCToday. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ "Kosovo applies to the EBU for active membership" (en inglés). Oikotimes.com. 9 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ Repo, Juha (12 de maio de 2009). "Nación del golfo quiere participar en Eurovisión". ESCToday. Consultado o 12 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en inglés)