Saltar ao contido

Enciclopedia Galega Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «EGU»)

Enciclopedia Galega Universal
Detalle do lombo dun dos volumes da enciclopedia
Título orixinalEnciclopedia Galega Universal
Autor/aVéxase redacción e asesores
Ilustrador/aJ. María Arana
Xaime Asensi
Kiko Da Silva
María Lires.
OrixeGalicia.
LinguaGalego
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
EditorialIr Indo Edicións
Data de pub.1999-2002.
Formato16 tomos
Páxinasmáis de 8.000
ISBN84-7680-288-9
editar datos en Wikidata ]

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións[1]. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e conta con versión dixital que se activou primeiro en 2008[2] e nunha segunda versión en 2022.

A EGU demostra que se pode pensar e vivir como galegos e que cada vez é máis rendíbel.
Bieito Ledo, director de Ir Indo.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu editor foi Bieito Ledo Cabido e os directores Xosé Antonio Perozo Ruiz e o propio Bieito Ledo.[3]

Parte dos contidos universais proceden da Enciclopèdia Catalana, que foron actualizados e versionados ao galego. Conta con entradas dos santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais. Cartografía polo miúdo as 53 comarcas galegas e os (daquela) 315 concellos, con máis de 4.000 parroquias.

Conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.[1]

Logotipo da versión en liña.

Redacción

[editar | editar a fonte]

Entre outros: Isabel Acea Méndez, Irene Álvarez López, María Luisa Álvarez Martín, María Romina Álvarez Troncoso, María Celia Ameneiro Bravo, Diego Araúxo Souto, Luis Baltar Gardón, María Cruz Buján Vareal, María Asunción Canal Covelo, Elena Carballo Ferrer, Lucía Docampo Martínez, Xesús Domínguez Dono, Juan Luis Domínguez Rodríguez, Carmen Fernández García, Miguel A. Fernández Martínez, Eva María Fernández Nieto, Silvia Figueira Blanco, Alejandro Garrido Alonso, Inés González de Castro, Antía González Fernández, Clara González Fernández, Alfredo Iglesias Diéguez, Ana Isabel López Pérez, Sara Lorenzo Nogueira, Manuel Antonio Lourenzo Sobral, Antia Marcote Cal, María Isabel Mejuto Seijido, Teresa Monteagudo Cabaleiro, Laura Montes García, María del Mar Ordóñez Reboiras, Carmen Otero Parada, Sonia Outes Fernández, Mercedes Pacheco Vázquez, Emilio Pallarés Álvarez, Susana Pereira Fiuza, María del Carmen Pereiro González, María del Mar Porto Folgar, Anxo Xoán Rajó Pazó, Pedro Israel Ramos Rivas, Mónica Rei Santiago, Alexandre Rodríguez Gómez, Gerardo Rodríguez Meiriño, Iria Treig Comesaña, Beatriz Varandas González e Francisco Varela Losada.[4]

Xosé González Martínez (administración), Clodio González Pérez, Manuel Mandianes Castro, Xosé Ramón Mariño Ferro (antropoloxía), Xesús Ferro Ruibal (antroponimia), Xosé Luis Mateo Álvarez, Iago Seara (arquitectura), X. M. García Iglesias, Antón Pulido Novoa (arte), Uxío Labarta Fernández, Carlos Cabido (Bioloxía), Miguel Anxo Fernández Fernández, Xosé María Folgar, Ángel Luís Hueso Montón, Manuel Villanueva de Castro (cine), Antón Gómez Segade, Álvaro X. López Mira (dereito), Antonio Erias, Enrique Vázquez Pita, Manuel V. Sola (economía), Antón Costa Rico (educación), Manuel José Fernández Iglesias, Martín Llamas Nistal (enxeñaría, informática), Francisco Castro Veloso (filosofía), Fernando Ramos Fernández (forzas armadas), Guillermo Campos Piñón (gastronomía), Xosé Ramón Barreiro, Ermelindo Portela Silva, Ramón Villares (historia), Xaquín Marín, Siro (humor), Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Paulino Novo Folgueira, María Dolores Sánchez Palomino (lingua), Basilio Losada Castro, Modesto Hermida García, Anxos Vázquez Rodríguez (literatura), Mercedes Brea, Ramón Lorenzo Vázquez (literatura medieval), Blanca Roig Rechou (literatura infantil), Agustín Sixto Seco (medicina), María Xosé Porteiro (medios de comunicación), Dionisio Pereira (movemento obreiro), Ramón Castromil, Blanca Lorenzo Royo (música clásica), Vicente Araguas (música pop), Enrique Alvarellos Iglesias, Xosé Luis Blanco Campaña (música popular), Xabier Akerman Alonso-Rebollo (naturopatía), Ángel Sicart Giménez (patrimonio), Enrique López Veiga (pesca e política comunitaria), Francisco Ínsua Meirás (psicoloxía), Xosé Luís Barreiro Rivas (política), Alberto Pena Rodríguez (publicidade), Xosé María Díaz Fernández, Waldo García Romero (relixión), Eduardo Pardo de Guevara (simboloxía e heráldica), Gabriel Vázquez Fernández (socioloxía), Manuel F. Vieites (teatro), Andrés Torres Queiruga (teoloxía), Gonzalo Navaza Blanco (toponimia) e Román Rodríguez González (xeografía).[4]

Amais, a lista de colaboradores ten 514 nomes.

Opinión dos expertos

[editar | editar a fonte]

A enciclopedia vén avaliada pola opinión de expertos en diferentes campos do saber tal que Vicente Araguas, Agustín Sixto Seco, Xosé Luís Barreiro Rivas, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, Clodio González Pérez, Paulino Novo e Anxo Tarrío Varela.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi Premio da Crítica Galicia 2001 e Trofeo Galeguidade 2003 da Enxebre Orde da Vieira.

  1. 1,0 1,1 "Características xerais EGU". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  2. Versión 'web' da Enciclopedia Galega Universal, nova en El País o 11 de xullo de 2008.
  3. Ficha da Enciclopedia Galega Universal na versión en liña da EGU
  4. 4,0 4,1 Enciclopedia Galega Universal.
  5. "«A Enciclopedia Galega Universal vista polos expertos»". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]