Saltar ao contido

Dolores Sánchez Palomino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Dolores Sánchez Palomino»)
Modelo:BiografíaDolores Sánchez Palomino
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
San Vicente de la Barquera, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX914370 Bitraga: 1420 Dialnet: 748196

María Dolores Sánchez Palomino, nada en San Vicente de la Barquera o 11 de setembro de 1961,[1] é unha profesora e filóloga galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no IES Agra do Orzán da Coruña e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde presentou a súa tese de doutoramento dirixida por Constantino García en 1989: O artigo en francés nos séculos XIV e XV. Aproximación a unha historia do concepto: comportamento cos nomes propios e empregos non xenéricos do definido.[2]

Profesora Catedrática da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Románica. Dende 2011 imparte clases no European Master of Lexicography e dende 2012 dirixe a Rede de Lexicografía RELE. Codirixe o Dictionnaire Étymologique Roman e o proxecto de deseño e posta en marcha do Dicionario histórico e etimolóxico da lingua galega, no que participan as tres universidades galegas, e as de Zürich (Suíza) e Leipzig (Alemaña).[3]

Comezou a colaborar co Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega en 1990. Participou na elaboración do Vocabulario ortográfico da lingua galega, e foi redactora do Diccionario da lingua galega da RAG e o ILG (1990), do Diccionario da Real Academia Galega (1997) e da revisión e actualización do DRAG, dispoñible en liña dende 2012.[4]

As súas liñas de investigación son a Lexicoloxía, terminoloxía e lexicografía, lingüística románica, historiografía lingüística, lingua galega, lingua francesa, edición e estudo de textos medievais.[5][6]

Foi elixida académica correspondente en 2004 e académica de número da Real Academia Galega no pleno do 17 de novembro de 2020.[7] Ingresou o 17 de decembro de 2022 co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias, respondido por Manuel González González.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]